//
arquivo

música

This tag is associated with 96 posts

504 volve con Bronquitis Crónica, “Amor Umbilical”, un “universo lírico e musical exclusivo”


amorumbilicalAmor Umbilical, é o nome do novo proxecto de Bronquitis Crónica, ese nome que xa evoca a unha forma de entender o hip hop moi cambadesa. O novo traballo, co colectivo 504 con base en Santiago de Compostela, ten unha compoñente de Cambados fundamental: a de Alberto F. Escariz, Bad. Amor Umbilical déixanos 11 tracks, cada un deles nos suxire un universo lírico e musical exclusivo.

Todas producións propias salvo IN uTeRO e Superhéroe, coa sinatura de Pablouve. Unha mención especial merece a aportación de Dj Webo, presenta na maioría dos tracks, os complementa perfectamente cuns scratches tan innovadores como técnicos. Nas rimas, Amor Umbilical conta exclusivamente coa colaboración de Kotto, outro integrante de 504, no track Buitres II, segunda parte do track xa publicado nunha das últimas referencias do grupo (Arte Descatalogado, 2012). A mestura e masterización corre, máis unha vez, a cargo de Kaos, La Sombra del Humo. O deseño é unha homenaxe ao falecido .mono. imposible de levar a cabo sen a aportación de Glock D. Existe un debuxo asociado a cada tema que á vez que o completa, dótao dunha dimensión gráfica e estética acorde coa música e temática do mesmo.

Nunha reseña de Andrés G Belmonte, que podes ler íntegra aquí (en GaliciaFlow.com), dise do principal resposable do album, Alberto F. Escariz: “Alberto es Bad y Bad vuelve a ser Alberto porque incluso en los temas más enfocados hacia la competición (“Amor Umbilcal” te parte el cuello…), la impronta del
autor trasciende al propio personaje. Nada más difícil. Wow.”. Parabéns a Alberto, e aos compañeiros de 504 por este novo traballo!

Podes escoitar íntegro o album e brandcamp ou en youtube. Tamén podes descargar o traballo en mp3 acompañado de toda a artwork no teu ordenador.

Trío Phil Jazz, con compoñente cambadesa, premio Xuventude Crea 2012


Durante o pasado sábado celebrouse a final da categoría de música do certame Novos Creadores Xuventude Crea 2012, que impulsa a Xunta de Galicia. Nesa final que tivo lugar no Dado-Dadá de Compostela, o Trío Phil Jazz fíxose co primeiro premio do certame, que compartirá con A máquina de meter medo. O Trío Phil Jazz leva xa arredor de un ano tocando e nel participa o cambadés Rubén Iglesias tocando o baixo eléctrico. Tamén son parte da banda Manuel Méndez (guitarra), Miguel Rodríguez (saxo) e Noli Torres (batería). Os temas cos que se proclamaron vencedores foron “It’s not a dream” e “The same direction”, que podedes escoitar no vídeo da actuación de Santiago. Toda esta información sacámola do blog do Rif-Rock.

LA4PARED no Rif-Rock este sábado


Este sábado de ponte teremos no Rif-Rock (Infantas 13) unha actuación en directo. Arredor da medianoite este grupo pontevedrés presentará en formato acústico o seu traballo, L4P2012Cuatro. Podes escoitar unha mostra do que fan neste vídeo. Os integrantes de La4Pared son  Adri (batería), Karallada (guitarra), Coco (baixo), e Gus (guitarra e voz). Aínda que o grupo se define como acústico-alternativo tampouco deixan atrás o sonido máis intenso das bandas de rock. E atención! Hoxe xoves 11 o Rif ten “Monkey Session”, é dicir, abre por ser víspera de festivo con improvisacións desde a cabina.

David R Valeiras no Rif este venres 24


O ourensán David R. Valeiras vai actuar no pub Rif-Rock (Infantas 13) este venres 24 de Agosto a partires das 23.30 horas. Traído da man de Comomepos Producións, vén disposto a amosar as súas “múltiples caras a través do seu repertorio”. Desde o Rif defíneno como “fillo bastardo de Krahe” e a súa visita a Cambados (en misión artística desta volta) non vai deixar indiferente a ninguén dos que se acheguen a escoitalo. Para mostra o vídeo cun dos seus temas máis populares, “Al montón”.

X Festival Xironsa con xantar popular


A asociación cultural Xironsa vai realizar o seu festival o vindeiro sábado 25 de Agosto por décima vez. A organización de Corvillón vai realizar un conxunto de actos na Praza da Seca que irán desde o mediodía até a medianoite. Pola mañá haberá un pasarrúas a cargo do grupo Xironsa, seguido do Xantar ás 14 horas. Para reservar sitio para esta comida tes até o 21 e podes premer aquí para informate de como facelo, os prezos son populares (dependen da idade pero non pasan dos dez euros). Ás cinco hai campionatos de escoba, rá e chave e media hora máis tarde xogos populares. Xa ás 21 horas ten lugar o Festival Xironsa a cargo de Bou de Bou, Canivela e Grupo Xironsa. Logo mexilloada de balde con entrega de premios e sorteo, e a partires de aí “até que o corpo aguante” charanga e sesión friki disco.

O Concello planeaba homenaxear ao finado Ernesto Abal sen consultar á familia e ao grupo no que tocou 30 anos


Polémica en Cambados por unha homenaxe que o Concello tiña prevista ao bombeiro do grupo “Os Faíscas de Solobeira”. Ao parecer, tal e como se desprende dunha dura carta emitida polos seus compañeiros de formación, o goberno local nin sequera tiña consultado este acto coa familia de Ernesto nin co seu grupo. Ademais, o propio goberno ignorou até o momento no pleno da Corporación unha proposta para que se lle adicara o nome do Centro Cultura de Vilariño a esta persoa, que ademais de formar parte deste grupo tradicional, era unha peza activa na dinamización cultural da parroquia.
A carta asinada por Xaquín Xesteira, Ramón Vázquez e Xosé Manuel Gómez, podes lela premendo aquí.

Homenaxes e respecto


Ramón Vázquez Acha, Xaquín Xesteira Losada, Xosé Manuel Gómez Oubiña e, ata xaneiro deste ano, Ernesto Abal González, somos Os Faíscas de Solobeira. Dicimos somos porque para nós Ernesto sempre formará parte deste cuarteto. Dos 30 anos que levamos tocando, os últimos 20, Ernesto acompañounos, como se soe dicir, nas verdes e nas maduras. Tamén fomos conscientes de cómo el gozaba con cada alborada ou calquera celebración á que nos chamaban.

Non fai falla ser moi listo para decatarse de que todo este tempo é máis que suficiente para coñecernos ben, saber como pensa cada un e, tal vez o máis importante, ter unha idea clara de cómo se debe facer, tratar e gozar coa música tradicional.

Din que ninguén é profeta na súa terra, dende logo, nós nunca fomos afortunados en Cambados, e sobre todo polos que gobernaron este concello. É triste e, ao mesmo tempo, vergonzoso que as persoas que non gozan da nosa simpatía, sexan as que agora queiran facerlle unha homenaxe a un de nós. E xa non falemos das formas que tiveron con este grupo á hora de organizar dito evento.

Señores do Concello de Cambados:
A mellor homenaxe xa lla tributamos os compañeiros e amigos que no seu momento estivemos onde tiñamos que estar, con el e coa súa familia; que sería como máis lle houbera gustado a Ernesto.

Tal vez o único problema é que alí non saíran vostedes na foto ou non se enchera un día de programación na Festa do Albariño.

Tampouco entendemos por qué se negaron a aprobar unha proposta presentada ao Concello en dúas ocasións para que o Centro Cultural de Vilariño, a súa parroquia, levara o seu nome. Tal vez porque a proposta a presentaron uns, e non outros?

Por outra banda, non se preocupen, que se algún día fai falla homenaxear a algún membro deste grupo, xa o faremos nós, pero ao noso xeito, coas persoas e grupos coas que lle houbera gustado ao noso compañeiro.

Por último, e dende o noso máis fondo sentimento de amargura e indignación, queremos pedirlle algo que non costa nada: RESPETO.

13 Aniversario do Rif-Rock: sesións e concertos


Durante esta fin de semana comezan as celebracións en forma de música no pub Rif-Rock (Infantas 13). Este venres 13 habéra sesión titulada “Jason vai de camping” e o sábado 14 teremos concerto en directo de The Walnut e a seguir unha sesión de Kurco Soundsystem. Na seguinte fin de semana habéra sesións tanto venres (Jomitallas vs Marinocha) coma sábado (Michi Cacatone). A música en directo volve o venres 27 con The Voorhees e Comomepos dj pon o feche dos actos de aniversario o sábado 28 de Xullo cunha sesión. Por suposto darlle os parabéns á xente do Rif por estes xa 13 anos de impagable labor pola música en Cambados, oxalá veñan moitos máis! (Preme o cartel en Seguir Lendo para ver todo o programa ampliado) Seguir lendo

Complétanse os concertos do Albariño con Julio Iglesias


Cartel da 60 edición

O alcalde de Cambados deu onte unha rolda de prensa para anunciar o que consideran “o concerto estelar” do Albariño 2012. Na edición número 60 da festa participará o coñecido Julio Iglesias dando o pistoletazo de saída o mesmo mércores 1 de Agosto. O concerto será de pago, non baixará dos 30 euros, e en Fefiñáns poñerán arredor das 700 cadeiras e o resto do público terá que velo de pé. Os concertos do Albariño quedarían deste xeito:

Martes 31 de Xullo – Corizonas

Mércores 1 de Agosto – Julio Iglesias

Xoves 2 de Agosto – Gala do Albariño: Soraya, La Guardia e Manolo Escobar

Venres 3 de Agosto – Macaco

Sábado 4 de Agosto – Xoel López

Música este Venres 29: A DOCE VITA pola tarde e taloCa á noite


Este venres hai boa oferta musical en Cambados. Pola tarde, a partires das 21 horas na Praza das Rodas de Fefiñáns terá lugar o concerto de A DOCE VITA Sons de Cine. Este conxunto interpreta temas tirados do cinema co denominador común do jazz (podes ver no vídeo boa mostra do seu estilo). O grupo está composto por Pablo Vidal Mendoza (contrabaixo) Rafa Otero (guitarra) xunto a cantante letona Vita Ivaskevica. O que buscan, por riba de todo, é que os asistentes pasen uns intres agradábeis. Algo que, de seguro ocorrerá este venres na Praza das Rodas. Seguir lendo

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.