O Albariño 2012 musical case que ten todas as incógnitas despexadas. Se a semana pasada sabíamos que actuarían Macaco e Manolo Escobar, hoxe o Diario de Arousa desvela que farán o propio o coruñés Xoel López e tamén a banda roqueira denominada Los Corizonas, que xurdiu da unión de Los Coronas e Arizona Baby. O de Xoel será o “concerto estrela”, xa que a súa páxina o anuncia para o Sábado do Albariño (4 de Xullo). Tamén La Voz de Arousa anuncia que a participante de Eurovisión Soraya actuará na Gala do Albariño. Seguir lendo
A través de La Voz de Galicia Arousa coñeceuse que Manolo Escobar e Macaco van ser dous dos grupos que participen na parte musical da Festa do Albariño 2012. Aínda non se sabe que día tocará cada quen e o grupo La Guardia será outro dos convidados aos concertos.
Nada se sabe polo de agora da opinión do Goberno Local sobre a proposta que circula estes días na rede sobre recuperar o concurso público de carteis para a Festa do Albariño. Sería de agradecer que os xornalistas interpelaran a Aragunde sobre este asunto.
Emmanuel Joven e Andrea Rey preséntanse por primeira vez cun concerto en solitario tras varias intervencions noutros festivais ou actos. Farano no Café Continental este venres 8 arredor das once da noite. Eles mesmos aseguran que durante o concerto desta semana tocarán cancións de estilos variados e sobre todo van coa intención de pasalo (e facer) pasalo ben. Seguir lendo
O pub Rif-Rock (Infantas 13) advírtenos de que este sábado teremos ocasión de presenzar algo que poucas veces veremos en Cambados. Trátase dun concerto dos vigueses Breakin’ Bones, un trío que segundo o o propio Rif practican o Rockabilly máis torpe, enfermo e extraño que teñas escoitado. Despois de 30 anos vivindo nun sótano escoitando un solo cassette de Ronnie Dawson (só por unha cara).
Así que este sábado 19 non o dubides a partires das 23.50 horas pásate polo local máis activo de Cambados a darlle unha oída a esta banda.
Este xoves 17 de Maio é o Día das Letras Galegas e como de costume a Banda de Castrelo celebra un concerto. Grazas ao mestre da gaita, Xaquín Xesteira, enterámonos de que a Banda dirixida por José Bugallo Senra poñerá especial énfase na “música que emana do pobo”, a música galega. Un dos momentos especiais do concerto será a presentación da nova sección da Banda de música de Castrelo, a sección de gaitas. O acto comezará ás 12.30 no Auditorio da Xuventude. Seguir lendo
No blog do pub Rif-Rock (Infantas 13) podedes atopar todo o material que se gravou durante o concerto de David Falcón do pasado 5 de Maio. Son once temas, dez propios e unha versión, que poden verse comodamente nunha lista de reprodución.
Cun concerto, así é como conmemorarán as Letras Galegas as Xuventudes Socialistas. O acto terá lugar na discoteca Zao a partires das once e media da noite do día 16 e nel participarán diferentes grupos da zona, tanto do Concello como da comarca. Queren concienciar á mocidade de que o idioma está vivo e é útil. A entrada será de balde. Seguir lendo
O músico cambadés David Falcón actúa na nosa vila este vindeiro sábado día 5 de Maio. Faino no Rif-Rock (Infantas 13), onde xa comparecera polo Nadal con moito éxito. Nesta nova ocasión terá a oportunidade de dar a coñecer temas de recente creación que de seguro voltarán a triunfar no Rif. E se estás por Compostela o vindeiro mércores 9 podes velo no Soul&Sombra. Se queres saber máis sobre David podes visitar a súa web. Seguir lendo
O músico cambadés David Falcón (ex The Henry Warnimont, agora en solitario) vén de inaugurar un novo espazo nada rede, DavidFalcon.tk, co que pretende mellorar o lanzamento das súas creacións e informar de concertos, entre outras cousas. Xunto coa páxina abriu tamén unha páxina na rede social Facebook para aqueles interesados en seguilo. Seguir lendo
O pub Rif-Rock (Infantas 13) preséntanos un novo directo no seu ciclo Jazzerz Live Series. The Cra$h Converters é un trío formado por “tres clásicos” dos directos deste local: Isidro, Sito e Piti, ao que se lle suma nesta ocasión o tamén clásico (pero da clientela) e excelente pianista Miguel Costas.
Eles van facer un repaso polos must dos temas blues e tamén dalgunha peza máis recente.
O concerto será este xoves 5 de Abril a partires das 23.30.