//
arquivo

música

This tag is associated with 96 posts

504 no programa Xente Emerxente de V Televisión


504, un grupo de rap galego que xurdiu hai anos froito na alianza de Bronquitis Crónica (no que participan os cambadeses Bad (Alberto F. Escariz) e Peich (Pablo López)) e Mito Escrito, apareceu no programa Xente Emerxente de V Televisión. Podes ver o programa completo premendo aquí.

Triple K lanza a súa maqueta Ekilibrio


O grupo de hip hop Triple K lanzou xa a súa maqueta Ekilibrio que podes descargar neste enlace. Varios dos compoñentes son de Cambados, como Miguel Falcón Castro (Arka, de Corvillón), Miguel Palacios González (Palak, de Cambados) ou Pablo Rodríguez Pintos (DJ Pinturas, de Fefiñáns) e tamén participan neste traballo Alexandre Fontán Comojo (Léxiko, de Padrenda), Josu Manero Crespo (Crespo, de Baión) e o DJ Pedro Cuntín Paz (DJ Tips, de Santiago de Compostela). Info. de A Ti Meu Cambados

Andrea Rey e Emmanuel Joven, novo dúo musical


Dous mozos cambadeses veñen de facer pública a súa relación musical. Son Emmanuel Joven e Andrea Rey, estudantes do IES Asorey (2º Bach e 3º ESO, respectivamente). Nun dos recreos protagonizaron unha actuación na que interpretaron temas da coñecida artista británica Adele, e logo comezaron a facer versións e subilas á súa canle de youtube. Incluso non descartan no futuro organizar un concerto na nosa vila. Toda a información e os enlaces do blog Outro Bride, do que xurdiu esta nova.

Recurso contra o Concello polo proceso de selección laboral no Conservatorio


O Diario de Arousa publica hoxe unha información referente aos procesos de selección de persoal do Concello, neste caso dunha praza de docente no Conservatorio Municipal. A que fora directora do centro durante cinco anos, Lorena Varela, profesora de piano e linguaxe musical, vai presentar un recurso ante a súa exclusión do Conservatorio.

Ela asegura que foron “botándoa pouco a pouco” até que en 2011 perdeu a súa praza como profesora ante outra aspirante a pesar de que Lorena Varela a superaba con creces na baremación curricular. Fíxoo por culpa da entrevista, que valía 30 puntos (polo tanto decisiva) e na que a súa contrincante recibiu máis de 26  mentres ela se quedou con 15, os xustos para perder o posto. Seguir lendo

In Memorian Ernesto Abal


O bombeiro do grupo de música tradicional OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, Ernesto Abal González de 67 anos, faleceu onte na súa casa en San Adrián de Vilariño – Cambados por un accidente.

Ernesto Abal, home dun corazón inmenso e unha amistade infinita, amigo dos amigos e un apasionado da música tradicional, levaba 20 anos formando parte do Grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, tiña a peculiaridade de poder extraer do seu instrumento un son moi especial que destacaba pola súa nitidez e perfecta afinación ademais do seu estilo propio e característico. Sempre ligado á cultura do país, Ernesto era irmán de Secundino Abal o gaiteiro de Vilariño que fundara OS CARBALLEIRAS, homenaxeado recentemente no concello de Cambados. Ademáis de todo o que se puidera contar da súa persoa, todo positivo, foi un home que vivíu dunha forma moi especial e intensa as diferentes actividades culturais nas que participou. Seguir lendo

David Falcón achéganos un tema cada semana


Quizais é o seu propósito de Ano Novo, transladarnos 52 temas polas 52 semanas de 2012. Farao apoiado pola súa conta en Soundcloud pero presentaráas a través dun blog chamado “Pictures in stereo”. Seguir lendo

“Outro Bridge”, novo blog musical desde Cambados


Rubén Iglesias, ou Rubi_ly, como asina neste novo proxecto, vén de abrir ao público un novo espazo da blogosfera cambadesa. Trátase dun blog que tocará temas musicais, recollerá a música que el escoita e falará dos grupos da nosa zona. El mesmo foi baixista da banda cambadesa The Henry Warnimont e agora no seu perfil da plataforma Soundcloud publica as súas creacións musicais. Ademais é membro do grupo Trio Phil Jazz, que recentemente tocou no pub Rif-Rock. Non deixes de visitar o seu novo caderno na rede. A aparición deste novo blog irrumpe xusto cando se vén de convocar unha reunión cos diferentes promotores de espazos web de Cambados para estudar a creación dunha asociación para intercambiar ideas e proxectos. Benvido.

Debut en Cambados de David Falcon este venres


O cambadés David Falcón actuará este venres no pub  Rif-Rock (Infantas 13) como parte da serie de música en directo denominada Jazzerz polo local. Será a partires das 23.30 horas e no concerto fará un repaso dos temas que compuxo en solitario, e quizais dalgunha versión.

Algúns destes temas xa podes oílos na súa páxina da plataforma Soundcloud e foron presentados antes en até tres concertos en Santiago de Compostela.

David Falcón formara parte do desaparecido grupo The Henry Warnimont e un dos seus ex compañeiros, Rubén Iglesias, segue a tocar con Trio Phil Jazz (fixeron o propio no Rif hai semana e media).

Trío Phil Jazz Group no Rif-Rock


Será este sábado 17 de Nadal a partires das 23.30, trátase doutra entrega da serie de concertos Jazzerz que deron comezo hai recentemente no Rif (Infantas 13).

Trio Phil está composto por Manuel Méndez (guitarra), Noli Torres (batería) e Rubén Iglesias (baixo).

Podes ver e escoitar unha mostra desde grupo premendo aquí.

Maratón da Pulga o vindeiro fin de semana


Refuxio de Animais de Cambados convoca ao interesados a participar no I Maratón Musical da Pulga, que terá lugar o vindeiro sábado 3 e domingo 4 de Nadal no Salón de Congresos e Exposicións de Peña. O Sábado a partires das 19.00 horas actuarán Tony Lomba, Manuel Manquiña, Rober Bodegas, Miguel Costas, Julio Castejón, Batital, Diadermin, Manda Groove, La Casa de los ingleses e Isi Vaamonde. Seguir lendo

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.