//
arquivo

Novo Proxecto Común

This tag is associated with 6 posts

Una nova forza galega nace este sábado


O denominado Novo Proxecto Común nacerá formalmente este sábado en Compostela. Esta xuntanza parte dunha autoconvocatoria das diferentes asembleas cidadáns que foron xuntándose en moitas comarcas do país (entre elas n’O Salnés) para converxer nun movemento galego único. O sábado, asembleariamente, todos os participantes terán voz e voto para definir os principios organizativos e políticos da nova forza, así como o nome definitivo da mesma e as persoas que o representen. Seguir lendo

O Novo Proxecto Común convoca asemblea no Salnés para preparar a Asemblea Nacional Constituínte da nova forza política


A Asemblea Nacionalista do Salnés, un órgano aberto a toda a cidadanía interesada en formar unha nova organización de tipo político para Galiza, convocou para este martes 3 de Xullo ás 21 horas unha xuntanza na que se debaterán os textos fundacionais da nova forza. As asembleas de todo o país realizan este proceso de debate e incorporación de ideas aos documentos, que logo serán aprobados nunha Asemblea Nacional o vindeiro 14 de Xullo en Compostela. Nesa cita, ademais de concretar todos os pormenores da nova forza política, elixiranse os órganos de representación e o nome definitivo (do que agora se dá en chamar o Novo Proxecto Común). Seguir lendo

Constitúese a Asemblea Nacionalista do Salnés


Onte á tarde tivo lugar unha nova reunión do denominado Novo Proxecto Común, unha nova organización política que se pretende crear co centro de gravidade na esquerda e de carácter nacionalista-galeguista. O acto deu lugar a un debate que se extendeu por máis de dúas horas con un bo número de intervencións. Seguir lendo

Reunión polo Novo Proxecto Común a vindeira fin de semana en Cambados


Se hai días se desconvocaba unha reunión da denominada Asemblea Nacionalista de Arousa por coincidir co 15M, agora xa hai nova data para o encontro. Será o vindeiro sábado 26 de Maio ás 19 horas no Salón de Peña de Cambados. Na xuntanza (aberta a todos os interesados nun novo proxecto nacional e progresista) darase información sobre os pasos que se están a dar para a creación do novo referente político, e debatiranse diversos puntos sobre a estruturación comarcal e local e sobre o traballo a realizar. Tamén se prevé que se elixa unha xestora comarcal. Seguir lendo

A Asemblea do Novo Proxecto Común cambia a data


A denominada Asemblea Nacionalista d’O Salnés, que reune a ex militantes e simpatizantes do Bloque e persoas que se incorporan á política agora, vai celebrar a súa segunda xuntanza. Aínda que a data inicialmente prevista ( e aquí anunciada) era o vindeiro sábado, finalmente non se desenvolverá até o 25 ou 26 por coincidir coa conmemoración do primeiro ano do 15M. Seguir lendo

Xosé Manuel Beiras n’O Salnés


O portavoz do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, estará este venres 27 no Grove. Participará nunha presentación pública e aberta das propostas para un Novo Proxecto Común, un novo movemento político que recolle ás excisións do Bloque e a novos axentes para desenvolver un proxecto político que defenda a Galiza e á maioría social.

Ademais de Beiras, participarán tamén voceiros do NPC do Grove e ao remate haberá un coloquio no que poderán tomar a palabra aqueles que o desexen. Será na Casa de Cultura Manuel Lueiro ás 20.30 horas. Seguir lendo

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.