//
arquivo

O Salnés

This tag is associated with 47 posts

Anova do Salnés celebrou unha cea de fraternidade


Un intre da cea | Facebook Anova Meaño

A organización Anova – Irmandade Nacionalista reuniu onte  a boa parte dos seus membros do Salnés nunha cea celebrada en Dena. O encontro tivo por obxecto pasar unha noite de fraternidade e compañeirismo entre as persoas achegadas a este novo proxecto que naceu formalmente en Xullo e que electoralmente se estreou nas últimas autonómicas baixo a coalición Alternativa Galega de Esquerda (xunto con Esquerda Unida, Equo e Ecosocialistas). Alternativa obtivo nove representantes no Parlamento, sendo Juan Fajardo o deputado do Salnés desta nova entente da esquerda que xa é terceira forza política en Galiza con 200 mil votos. Os nove deputados de AGE xa formaron un grupo parlamentar en Santiago e comezaron a traballar, transladando a voz da cidadanía e dos movementos sociais á institución. A cea comarcal en Meaño prolongouse até ben entrada a noite nun moi bo ambiente. Anova está a implantarse en todos os Concellos desta comarca e celebra periodicamente asembleas abertas á cidadanía, nunha nova forma de artellar a política.

Tapóns solidarios en Ribadumia


A iniciativa no Salnés | Martina Miser, Voz

Chega unha excelente nova desde a veciña Ribadumia. Alí un grupo de tres persoas dese Concello e de Cambados organizáronse para colaborar nunha campaña de recollida de tapóns de plástico para financiar unha boa causa. Participan coa iniciativa do Baixo Miño, que busca financiamento para tres nenos de Vigo, Redondela e Lugo que necesitan tratamentos especiais para mellorar a súa vida. 40 toneladas é o obxectivo a lograr para acadar os 9.000 euros necesarios.

En tan só uns días estes veciños de Ribadumia conseguiron, grazas á solidariedade dos cidadáns, achegar douscentos quilos. Para axudarlles, dipoñen de puntos de recollida: o centro de Saúde en Ribadumia, o colexio ou os seus propios domicilios. Non custa nada colaborar, tan só separar os tapóns de botellas de plástico e de cando en vez, pasarse por ese municipio a deixalos. Parabéns pola iniciativa a Marcos Mouriño, Anabel Mouriñoe Belén Rodríguez…e a todos os que colaboren!

O BNG solicita un pleno extraordinario por Alfageme


O voceiro do BNG puxo de manifesto hoxe que nos últimos días se sucederon diferentes informacións na prensa sobre a empresa Alfageme, arraigada en Cambados e que garda relacións con veciñas e veciños do Concello. Víctor Caamaño cre que as novas informacións non van polo camiño da  resolución aprobada por unanimidade dos tres grupos hai uns meses, e por iso pide que se celebre un pleno especial para debater o novo posicionamento ante este problema.

Vázquez (BNG) en Cambados, e Beiras (Alternativa) en Vilagarcía este domingo


O BNG realiza este domingo o seu mitin central de campaña en Cambados. Será ás 18 horas no Salón de Exposicións José Peña e contará coas intervencións do voceiro local, Víctor Caamaño, da candidata comarcal Montse Prado, e do portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez. Pechará o acto o cabeza de lista en Pontevedra, Carlos Aymerich. O BNG realizou esta semana o seu mitin comarcal. Seguir lendo

Tríptico Ruta do Albariño de ciclismo


Durante esta fin de semana, concretamente os días 23 e 24, terá lugar no Salnés a I Ruta do Albariño de Ciclismo, organizada polo Clube Ciclista de Cambados en colaboración coa Federación Galega deste deporte, os Concellos de Cambados e Meaño e o estabel Seguir lendo

Xosé Manuel Beiras n’O Salnés


O portavoz do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, estará este venres 27 no Grove. Participará nunha presentación pública e aberta das propostas para un Novo Proxecto Común, un novo movemento político que recolle ás excisións do Bloque e a novos axentes para desenvolver un proxecto político que defenda a Galiza e á maioría social.

Ademais de Beiras, participarán tamén voceiros do NPC do Grove e ao remate haberá un coloquio no que poderán tomar a palabra aqueles que o desexen. Será na Casa de Cultura Manuel Lueiro ás 20.30 horas. Seguir lendo

“Aventúrate no Salnés”, roteiros para a xuventude


A actividade está dirixida a maiores de 18 pero que non pasen dos 35 anos. Realizarase durante diferentes fins de semana de Abril, Maio e Xuño; en cada unha delas participarán un máximo de 22 persoas. O prezo é de 88 euros para posuídores do Carné Xove e as actividades desenvolveranse n’O Grove. Inclúense rutas de sendeirismo, observación de aves, paintball, astronomía, achegamento ao marisqueo e visitas a diferentes lugares da comarca. Podes consultar o interesante programa completo premendo neste enlace. Tamén podes informarte aí de como inscribirte no programa.

Xuntanza Aberta do Novo Proxecto Común n’O Salnés este sábado


O Encontro Irmandiño d’O Salnés convoca a todas as persoas interesadas, aos “cidadáns e cidadás do común, que sintan e amen o noso país, a participar democraticamente na creación deste novo referente político”. Trátase de construir este novo ente desde abaixo, co obxectivo de “sumar”, cos centros de gravidade na defensa das maiorías sociais e da nosa terra. Seguir lendo

Xoán Allegue seguirá sendo responsábel comarcal do BNG


Tivo onte lugar a asemblea comarcal da fronte nacionalista. Nesta ocasión foi só unha a candidatura presentada para o órgano, xa que o Encontro Irmandiño abandounou a formación recentemente e Máis Galiza (a outra corrente “crítica) renunciou a dar a batalla a falta dos compañeiros que deixaron o Bloque (na anterior asemblea presentaran candidatura conxunta). Seguir lendo

Australia, “making of” dunha das cancións para a obra de Caracol


A compañía Caracol presenta un dos temas que formará parte da súa obra de teatro deste 2012. Desta volta a obra chámase “Un día de espías” e a canción que podedes ver no vídeo ten por título Australia. A voz principal é a de María del Carmen Fariña, con coros de Néstor Blanco e Laura Alfonso. Caracol está dirixida por Olga González Vilas e leva xa décadas poñendo en escea unha obra de teatro anual para nenos e nenas de toda a comarca.

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.