O Colectivo Ecoloxista do Salnés e a Federación Ecoloxista Galega convocan a unha charla para o mércores 25 de Abril na parroquia do Oubiña, sobre o polémico tema “Campos electromagnéticos, subestacións eléctricas e saúde”. O encontro terá lugar no Centro Cultural Manuel Mariño da AAVV de Oubiña, entidade colaboradora xunto coa Plataforma en Defensa da Ría. Precisamente será un membro desta plataforma, Xulio Carmona, o poñente nesta sesión informativa. Seguir lendo
O sábado 2 de Abril celebrarase en Oubiña un Serán con grupos de música e baile tradicional aberto a todo aquel que queira participar. Os que queiran facelo actuando poden chamar ao 686 38 86 58 para inscribirse, e todos os demais poden acudir á celebración onde haberá mexillóns de balde.
Comezará sobre as 22.00 horas no Centro Cultural Manuel Mariño Castro. Está organizado pola AAVV San Vicente.
Unha boa cantidade de actos culturais trae este comezo de ano 2011 a Cambados. Algúns son os que siguen:
Sábado 8 de Xaneiro. 200 aniversario do nacemento de Chopin, recoñecemento á traxectoria de Ángel e Pitusa Losada, acompañados da virtuosa do piano Estefanía Sánchez. No Auditorio a partires das 19 horas.
Domingo 9 de Xaneiro. Memorias dun neno labrego, a cargo de Cándido Pazó, a partires das 19 horas no Auditorio. (maiores de 10 anos)
Até o 9 de Xaneiro. Exposición In memorian do fotógrafo Eduardo Apariz no Pazo de Torrado. Trátase dunha homenaxe en forma de fotos aos ancianos do asilo de Cambados. Pódese ver de martes a domingo de 16.30 a 19.30.
Domingo 23 de Xaneiro. Monólogo de Pepo Suevo no Centro Cultural Manuel Mariño de Oubiña. As entradas poden ser adquiridas xa en Cambados na libraría Cabanillas ou en Oubiña na propia asociación. Custará 3 euros e será a partires das 19 horas.
Cartel extraído de Unha Grande Chea.
O humorista galego Carlos Blanco estará o vindeiro 12 de Nadal no Centro Cultural de Oubiña onde dará a coñecer ao público que alí se atope o seu novo monólogo. A actuación terá lugar a partires das dez da noite e xa podes conseguir a túa entrada por un prezo de 3€ na libraría Ramón Cabanillas.
Aínda que é amplamente coñecido por case todo o mundo, podes ler a súa ficha da AVG de seguido:
Sentímolo, o teu navegador non soporta marcos.
—-
Lembra que aínda estás a tempo de votar na enquisa sobre o Ano Cabanillas 09
O portavoz cambadés do Bloque Nacionalista Galego, acompañado por membros da formación e veciños da parroquia de Oubiña, compareceu ante os medios comarcais para denunciar a situación medioambiental que se dá no Río Pequeno. A Asociación de Veciños de Oubiña leva anos protestando polas continuas verteduras ao río desde que en 2007 comezou a funcionar o “mal planificado polígono industrial”. A asociación recorreu á Policía, Seprona, Garda Civil, Concello ou Xunta pero non obteñen respostas, o BNG ten presentadas máis preguntas sobre este tema no Concello e mesmo no Parlamento Galego.
Víctor Caamaño cre que a resposabilidade é do Concello de Cambados porque todas as empresas operan no polígono cos pertinentes permisos, e insta ás autoridades locais a solucionar o problema dunha vez por todas.
CAMBADOS, Á CABEZA DOS VERQUIDOS AOS MAR SEGUNDO UN ESTUDO DA CONSELLARÍA
Cambados é o segundo concello do Sur da Ría de Arousa, despois de Ogrobe, no que máis puntos de verteduras hai no mar. Segundo un informe da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no litoral cambadés hai 88 desaugues ao mar e a razón é a alta densidade demográfica e a actividade da industria acuícola. Pero destes 88 hai 22 puntos que son considerados puntos negros pola súa carga contaminante, e os expertos coinciden en sinalar ao goberno local como máximo responsábel da situación, xunto coas empresas privadas.
Informarción recollida de Diario de Arousa, La Voz de Arousa. Foto extraída do Diario.
MAÑÁ DEPORTIVA EN OUBIÑA
O memorial Manuel Mariño Castro arrancará ás once e media da mañá desde o centro cultural da parroquia de Oubiña. Este ano a carreira cumpre o seu 20 aniversario, e a Asociación de Veciños de Oubiña quere que a participación sexa masiva. O percorrido para o nenos será de 2 quilómetros de longo, de 5 para as restantes catergorías e de 10 quilómetros para a categoría absoluta.
NOITE ACÚSTICA BLUSERA NO CONTINENTAL
Por outra banda, a partires das dez e media da noite deste mesmo domingo haberá concerto no café Continental de Alejandra Burgos; unha cantante, guitarrista e compositora que se move entre o Blues, o Country Blues e o Rockabilly. Máis información no blog do Rif-Rock (vídeos incluídos).