Segundo informa La Voz de Arousa hoxe nun escueto artigo na edición dixital, a Policía Local de Cambados foi obxecto dunha gamberrada esta madrugada. Ao chegar esta mañá cedo ás dependencias, os axentes atoparon unha bolsa que fumeaba e a porta estaba calcinada.
Recibimos na caixa de entrada de cambadostk@gmail.com dúas fotos desta mesma mañá nas que se poden observar rapaces limpando o chan dunha rúa cambadesa que estaba suxa tralos típicos combates de Entroido con ovos como munición. Seguir lendo
Entreparadas é unha iniciativa que ten lugar nos autobuses urbanos de Ourense, nos que 16 persoas (con diferentes discapacidades físicas, intelectuais, vítimas de accidentes de tráfico…) representan pequenas pezas de teatro nas que se rinde homenaxe á xeración Nós, mentres os usuarios dos buses suben e baixan dos mesmos. O obxectivo é fomentar o uso do transporte público e a integración das persoas que pertencen a grupos con risco de exclusión social. Seguir lendo
O sarxento xefe da Policía Local Maximino Cid Ferro (actualmente fóra de Cambados de forma temporal) estivo onte no programa de debate Foro Aberto da Televisión de Galicia, onde se falaba dunha das medidas do Goberno do Estado de reducir o límite en autovías e autoestradas desde os tradicionais 120 km/h aos 110 actuais até o verán con posibilidade de prórroga. A razón que esgrime o goberno é a de reducir o consumo enerxético do Estado nun tempo onde o prezo do combustíbel está a ter un incremento relacionado en parte coas revoltas no Norte de África (especialmente no caso de Libia, que é un importante produtor, e de relevancia para Europa).
Maximino Cid estivo no plató en representación da Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico-Galicia e aínda que salientou que desde o seu colectivo non se posicionan sobre o suposto aforro enerxético da medida, si incidiu en que nestes meses poderase estudar se a redución vai diminuir a mortalidade na estrada, que é o que a eles lles preocupa. Tamén insistiu en que a velocidade é xunto co consumo de alcohol e o non-uso do cinturón as maiores causas de morte ao volante.
No debate a posición preponderante é coincidinte co que se escoita estes días na rúa: contraria ao cambio da norma. Incluso o presentador do programa, como de costume, deixou entrever a súa postura (só hai que recordar o programa en que este “xornalista” entrevistou a Carlos Callón). Entre os argumentos, algúns bastante chocantes: que un descenso na velocidade diminúe a atención (?) ou que se consume máis combustíbel a 110 que a 120 porque os condutores se pasan e teñen que ir freando e acelerando (digo eu que que diferenza haberá nese sentido en que o límite estea a 110 ou a 120). Ademais escoitáronse algunhas afirmacións cando menos alarmantes e máis propias dunha discusión de bar, como a de que os radares póñense exclusivamente para recaudar en lugares que non son perigosos e engadiuse: “como en túneles”, un lugar que como tod@s sabemos non é de risco! En fin…
O que tería que facer a Televisión de Galicia é levar a persoas máis válidas e que saiban manexar argumentos, opinen o que opinen, como no caso de Cid. E non pretendo facer desta publicación unha defensa da medida, que tamén coido que é bastante improvisada, pero hai que comprobar se dá resultados, tanto de redución de consumo como de mellora da seguridade.
O tema enerxético é grave, e é consecuencia da inoperancia dos gobernos de PP e PSOE, de ambos, que nunca tiveron plans a longo alcance como este tema require; que deberían ter impulsado de xeito real hai anos o transporte público, o alumeado racional (Ribadumia é un exemplo de como sobreiluminar un núcleo), unha planificación urbanística que retire vehículos dos centros das cidades e vilas, unha aposta decidida polas enexías renovábeis e da independencia enerxética, etc etc. Un tema que sen dúbida dá para moito.
Por certo, podes ver o vídeo de Foro Aberto premendo neste enlace.
Artigos relacionados sobre o tema
E sobre o tema dos 110 km/h, un artigo en contra da medida en La Voz de Galicia, na que se sostén que non se aforra notablemente, e outra dun blogueiro que relata a súa experiencia e que destaca que si se aforra pero non tanto como o goberno mantivo. E engado outro a favor da medida, por Ignacio Escolar, na que por fin alguén referencia datos reais de medicións, sobre se se aforra combustíbel ou non.
Informaron neste sentido os xornais comarcais nos últimos días. Maximino Cid Ferro, sarxento xefe da Policía Local de Cambados tras oito anos de xulgados reclamando o posto que o Partido Popular lle negaba, deixa o noso Concello para voltar a Ourense.
Aduce motivos persoais para pedir unha comisión de servizos que lle permita unha especie de intercambio de funcionarios e pasar así a traballar en Ourense (onde estaba a traballar con anterioridade á resolución do conflito xudicial) até aproximadamente o verán.
Maximino Cid no pouco tempo que leva como sarxento xa deixou pegada en Cambados, e iso púidose ver co suavizamento do tráfico en Fefiñáns, o emprego de bicicletas por parte dos axentes, a iniciativa da obra de teatro cos nenos de Esperanza…
É de esperar que sexa certo que se vai por motivos persoais (e non por ningún conflito máis co Concello) e que nese caso os motivos persoais que agora o levan a Ourense non o afasten permanentemente de Cambados: xente así canto máis preto mellor.
Ocorreu onte na Praza de Fefiñáns. Alí tiña lugar un grande concerto organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, enmarcado nunha campaña de prevención de consumo de alcol na condución. O evento comezou arredor das oito ta darte, nel partiparon 3 orquestras, entre elas a coñecida Panorama, e continuou até ben entrada a madrugada.
Galiza Nova (organización das mocidades do BNG) leva xa días inmersa nunha campaña de denuncia da retirada do servizo de Noitebús, posto en marcha polo anterior goberno da Xunta de Galicia, e que permitía a moz@s de todo o país prescindir do coche á hora de ir de marcha. Membros de GN aproveitaron o concerto de onte para recoller sinaturas que apoien as súas teses.
Segundo confirman responsábeis de Galiza Nova do Salnés a través do seu perfil en Facebook, a Policía Local do Concello de Cambados non lles permitiu recoller sinaturas contra a retirada do Noitebús na Praza de Fefiñáns por ser “unha zona de seguridade” e instounos a ir recoller apoios a outro lado. Malia iso, segundo a organización, en tan só media hora acadaron 100 sinaturas contra a política de Núñez Feijoo en materia de xuventude.
Resulta curioso que mentres onte en Cambados se gastaran miles de euros en traer a tres orquestras, unha da talla de Panorama, para loitar contra o consumo de alcol nas estradas (que nos expliquen como un concerto pode reducir os índices de siniestralidade) se diga que “non hai cartos” para manter un servizo como o Noitebús, en relación ao cal xa se confirmara a súa eficacia na redución de mort@s por accidentes de tráfico nas fins de semana.
Relacionada
Goberno, movida e botellón. A fin do Noitebús – Artigo de opinión publicado o 6 de Outubro en CTK
O luns pasado tiña lugar en Cambados un incidente desagradable ainda que non inesperado. Unha señora que tranquilamente paseaba preto das inmediacións da Torre de San Sadurniño en Santo Tome-Cambados, foi brutalmente atacada por dous cans da raza bóxer que andaban soltos pola rúa. A actuación das maricasdoras que se atopan traballando no Sarrido salvoulle a vida así como a actuación dun vixiante da confraría.
Esto é resumido o feito en si, pero é convinte analizar o porque e as consecuencias do mesmo. Primeiramente parece ser e así está datada pola Protectora de Animais de Cambados, que non é a primeira vez que estes cans atacan a xente, concretamente noutro ocasión tamén atacarón a uns nenos sen que resultaran lesionados, primeira imprudencia por parte dos seus donos deixar a dous animais considerados perigosos soltos e sen boceira, imprudencia de carácter grave que nesta ocasión tivo consecuencias gravísimas sobre todo a pobre señora que tivo que ser internada no Hospital do Salnés.Despois a seguinte imprudencia grave por parte dos seus donos é ter uns cans considerados de raza perigosa e o parecer sen asegurar, e a terceira imprudencia é ter os cans soltos e nos estar nas inmediacións ou xunto os mesmos.
Preguntámonos, Quen son os encargados neste caso de se cumpla a legalidade vixente?, coidamos que a Policia Local de Cambados neste caso debe ser a encargada de que se cumpra a normativa legal que existe neste Concello con respecto os cans perigosos. Foron multados os donos na primeira agresión? Serán multados os donos nesta segunda agresión? Son dúas preguntas que deixamos no aire, sen prexuizo das accións xudicias que poida tomar a señora contra dos donos dos cans.
O que si está claro e que hai unha persoa desgraciadamente prexudicada cunhas lesións que poideron ocasionarlle a morte además do trauma psicolóxico que se lle pode ocasionar a esta muller. Se non estiveran alí as mariscadores que houbera pasado?. O que tamén está claro é que a Policía Local de Cambados ten que tomar cartas urxentemente no asunto, porque neste pobo os donos dos cans campan ás súas anchas.
A modo de exemplo o outro día viña un señor cun dogo argentino, raza sumamamente perigosa, atado pero sen boceira, eu chameille a atención e díxome que era unha cousa que non lle incumbía, díxenlle que como seguira con el así pola rúa iba a chamar a Policía Local. Outro exemplo é que un amigo meu non é a primeira , nin a segunda, nin a terceira vez que é agredido por uns cans propiedade dunha señora na zona dos Caeiros cando ía a traballar, e así podiamos contar centos de exemplos.
Estamos fartos destas actitudes e que os donos sempre nos digan “Os cans non morden”, os cans son animais e claro que morden se non se teñen nas debidas condicións que sinala a lei e senón son coidados debidamente. A todo esto sen entrar nas innumerables defecacións caninas que atopamos se damos unha simple andaina polo paseo marítimo de Cambados. Os donos son ou deben ser responsables dos seus cans, senón que non os merquen, e a Policía Local debe poñerse máis “ao loro” a hora de facer cumprir a normativa vixente, e que non tomen os axentes como unha crítica senón mais ben como un recordo.
Xaquín Charlín “Chon” é presidente da Asociación Unha Grande Chea. O artigo foi tomado prestado da súa web.
Publica hoxe a prensa comarcal que o goberno local quere favorecer aos peóns na zona da Praza de Fefiñáns colocando carteis indicadores dun límite de velocidade de 30 km/h para os vehículos. Segundo o Concello trátase de “pacificar o tráfico para que os peóns recuperen espazos en detrimento dous vehículos de motor, favorecendo ós usuarios máis vulnerables”.
O Partido Popular de Cambados leva anos negando unha demanda histórica do pobo, que é a peonalización da Praza de Fefiñáns. Esta medida, que sen dúbida vai na boa dirección, é aínda moi insuficiente. Resulta difícil explicarlle á xente de fóra de Cambados que tendo unha das prazas históricas máis grandes e belas de Galiza seguimos permitindo que os coches pasen por alí e aínda non fomos quen de peonalizala.
A cuestión é…por que tanto empeño en negar unhas das medidas máis lóxicas que pode tomarse hoxe por hoxe en Cambados?
Imaxe e información de La Voz de Arousa
En Agosto de 2008, na anterior versión de Cambados.tk aparecía publicada a primeira fotografía das quese amosan nesta anotación. Criticábase daquela que a Policía Local aparcara enriba dunha praza para minusválidos na Rúa do Pombal. Pero o máis grave non era isto, senón o feito de que esa praza de minusválidos non fora posta polo Concello de Cambados; alguén que lle molesta que alí se aparque decidiou empregar esta estratexia para lograr o seu obxectivo. Por certo, é doado adivinar quen o fixo tendo en conta a situación na que se atopa, non fai falta dar demasiados detalles.
Non sei se é porque non lle funcionou o porque a pintura se gastou, pero persoas do barrio remítennos a última imaxe na que se pode observar como agora na praza de aparcamento da discordia hai colocados uns pivotes, diferentes dos que o Concello instalou por todo o casco urbano.
Estes pivotes, segundo se sabe, foron colocados polo propio Concello de Cambados a petición da mesma persoa que pintou a praza de minusválidos e cando algúns afectados pediron a representantes do goberno local explicacións sobre os pivotes, remitíselles a Portos por se a institución encargada da zona.
Porén, tras Portos, tras recibir as queixas afirmou ter ordeado ao Concello a retirada dos postes, xa que os consideran ilegais. Polo tanto, é agora o Concello de Cambados quen debe mover ficha e retirar uns pivotes que nunca deberían terse colocados.
Resulta lóxica a actitude de Maximino Cid Ferro, xa nomeado novo sarxento xefe da Policía Local de Cambados, de querer deixar de lado o escuro pasado de demandas e recursos cun goberno local rencoroso que quería privalo dalgo que lle correspondía por xustiza.
Pero outra cousa é que todos os demais, os partidos politicos, os criticóns de turno (aquí me inlúo) e en xeral todos os cidadáns deste Concello deixemos pasar oito anos de xuizos perdidos un tras outro e sen máis sentido que engrandecer as decisions erradas do nefasto alcalde Cores Tourís.
Oito anos de litixios nos xulgados que aínda seguimos todos sen coñecer o desembolso económico o que supuxo. Para todos nós, non para Tourís, non para Luís Aragunde, non para o Partido Popular: para ti, para min e para cada un dos cidadáns de Cambados. Nós temos que pagar os caprichos sen sentido deste grupo de xente que goberna pensando que o de todos lles pertence.
Até cando imos ter que agardar para coñecer a cifra? E algo máis importate: é que non hai responsabilidades políticas que asumir?