//
arquivo

Rafael Louzán

This tag is associated with 8 posts

As miñas condolencias a Pontevedra


Hoxe é un dia triste pra a democracia, triste pra os que, como eu, creemos na democracia, na verdadeira democracia e nos verdadeiros políticos, políticos honestos e honrados que contribuían e loiten realmente polo  mellor para o seu pais, e non  polo seus intereses persoais.

Hoxe levanteime lendo na prensa que Tourís repetirá como delegado provincial da Xunta na provincia de Pontevedra despois de que,  apenas fai dous meses,  sairán a luz unhas gravacións que o relacionaban co cobramento dunhas comisións ilegais en relación cunhas obras realizadas en Cambados.

Evidentemente como todo cidadán, Cores Tourís ten o dereito á  presunción de inocencia que recolle noso ordenamento  xurídico e , seguramente, ao final non se lle imputará  delito algún  en relación con este asunto pero dende o punto de vista moral e social, sempre quedará a dúbida entre unha  poboación que,  cada vez mais  (e sobre todo en tempos de crise), non se ve representada polos seus políticos. Ademais a actitude do “suposto” alcalde de Cambados, Luís Aragunde, negándose a que se constituíse unha comisión de investigación, como reclamaba a oposición, tampouco deixa en bo lugar nin a un nin a outro.

Aínda que isto non nos debía de sorprender a estas alturas da película, Luís Aragunde é, dende que tomou posesión do cargo,  un “alcalde de palla”, un “pelele” que fai o que lle manda o seu amo e señor,  que non é outro que o propio Tourís, e, loxicamente nunca morderá a man de quen o puxo aínda que fose so  pra figurar.

Cores Tourís sempre defendeu a súa inocencia, negando totalmente todo o que recollía as gravacións; non serei eu (Deus me libre), o que lle diga a Tourís o que ten facer, pero se a min, me houbesen acusado do que o acusaron a el, ao dia seguinte comparecería ante a prensa (e non mais dunha sema despois) pra defender dita inocencia  e anunciar a inmediata interposición dunha querela por calumnias; outra cousa é deixar correr e pasar o asunto, como se non houbese ocorrido nada, en fin,  os seus motivos terá.

Cores Tourís é un malo, malísimo político, non porque non teña aptitudes pra desenrolar este ou calquera  outro cargo político, senón polas súas actitudes, actitudes que xa amosou  cando era o  rexedor “oficial” de Cambados, o tratar ó concello coma a súa finca ou (o que é peor)  como a finca particular do PP, iso , dende logo foi o que mellor lle ensinou ao seu pupilo Aragunde.

Se o propio delegado provincial da Xunta en Pontevedra, en vez de dar exemplo, é o primeiro que se salta a Lei, como o fixo no tema do Pinal da Maza, ¿con que autoridade pode pedirlle a administración  a un cidadán  de Cambados, de Poio ou de Porriño que cumpran cos todos os permisos a hora, por exemplo, de realizar unha obra.

Sinceramente que Xosé Manuel Cores Tourís  e, tamén  ( porque non dicilo), Rafael Louzán sexan os dous máximos representantes da provincia, non deixa en bo lugar a Pontevedra e, simplemente, desexo que algunha vez os pontevedreses teñan políticos que de verdade os representen.

Saúdos a todos.

Ricardo Domínguez Rey. 

Noraboa, Aragunde!!!


(8: 30 da maña, diante da porta dun colexio de Catalunya)

–          “¡Gallego! : acabo de leer lo que pasó ayer en tu pueblo.”

–          “¿ en mi pueblo? ¿que paso?”

(Pregunto intrigado, debo confesar que o domingo pasei boa parte da maña no hospital co meu fillo Pau,  debido a unha febre moi alta que me tiña preocupado, e, o único momento  que puxen as noticias, foi para seguir o desenrolo das eleccións cataláns.)

–          “¡Si, hombre! La estatua de Fraga ¿de verdad que no sabes lo que le ha pasado?”

–          “Dame una alegría, dime que alguien la ha robado o que mi querido alcalde ha recapacitado y ha decidido retirarla….”

–          “¡ha aparecido pintada de Superman!”

–          “¡¿Comor!?”

Despídome do meu interlocutor e tras deixar os meus fillos no colexio, achégome a un kiosko e compro un xornal e ahí  esta a nova “Aparece pintada de Superman, la estatua de Manuel Fraga en Cambados (Pontevedra)”……….

Téñome que render aos teus pes,Luís, se dende aquí, sempre se criticou (con razón na inmensa maioría dos casos) a funesta xestión municipal, tamén é xusto,  cando o noso alcalde realiza unha brillante  actuación,  destacala e felicitalo. ¡menuda campaña de marketing!

¡Eres un crack, Aragunde! ¿como se che ocorreu a idea? Non sei,  imaxínote, vendo un dia pola televisión  a película “Titanic”  e no momento  que se funde o barco, de repente tes unha visión, quizais, pensas: “Este barco non pasou a historia por ser o mais avanzado da su época, nin polo seu tamaño, non,  este barco pasou á historia polo   pouco que durou dende a  súa inauguración e como  deixou de existir para pasar a ser lenda”.

Algo así debiches de pensar entorno a estatua de Fraga ¿non?, quizais, pensaches en como rexenerala, en como facer que pasase do seu aspecto actual de vilán  a heroe, de unha figura de dubidoso gusto como era Fraga a alguén querido por grandes e menores   como é o personaxe de  Superman.

Veña, va, confésamo agora que non nos escoita  ninguén  ¿onde estiveches  o sábado dende ás dez da noite ao domingo ás  seis da maña? ¿aínda tes as mans manchadas de pintura? Imaxínote enfundado nunha mono negro, cun pasamontañas, escalando a valla, cun bote de pintura vermella na man e levando a cabo tan magnifica obra.

¡Eres un monstruo! (ollo! no bo sentido da palabra!), levanto a miña copa e brindo pola túa saúde, estou repasando os medios de comunicación por internet e o nome de Cambados empeza a asomar en moitos de eles.

¿Parácheste a pensar nas múltiples posibilidades desta acción? Ocorréseme que poderías ampliar ó numero de estatuas con personaxes coñecidos do noso pobo e caracterizalos como superheroes  do comic ou, simplemente, como calquera outro tipo de heroes.

Xa o estou vendo, amigo Aragunde, por exemplo, unha estatua túa pintada de verde, ¡¡non me digas que non eres cravado ao Incrible Hulk!! ….. vamos que si te ven ¡chámante de Hollywood!, cando pos esa mirada túa penetrante, como querendo mirar mais ala do infinito, pareces “La Masa” a punto de pegar unha labazada.

E, seguindo coa lista de persoas ilustres da nosa comarca, ocorréseme, por exemplo, que a nosa querida Rosa Oubiña con ese tipazo que ten, unha estatua dela, pintada de  negro, semellaría  perfectamente o personaxe de Catwoman,  a muller- gato,  a heroína que sempre vai enfundada nun traxe de coiro negro,e, dende logo,  non envexaría,  en absoluto, a interpretación que para o cine fixo no seu dia Michelle Pfeiffer ou, mais recente,  Anne Hathaway.

¿ E que me dis de Louzán, unha estatua coa  forma esférica (que de si xa ten)  da sua cabeza e o seu ritus case imperturbable, coma de robot, pintada de amarelo e vermello e clavado a Iron Man, o home de ferro …  ¡¡se ata ten os seus andares!!.

Evidentemente non podía faltar o teu mentor, Xosé Manuel Cores Tourís, con esa barbiña e bigotiño, co seu andar altivo e señorial,  parécese totalmente ao nobre hispano D. Diego de la Vega, a personalidade debaixo da cal se esconde “El Zorro”, non  me negaras que si lle pos un anteface, un sombreiro de ala ancha, unha capa (serve a que ten de cabaleiro do albariño)   e o montas a cabalo polas terras de Oubiña,  parece totalmente “El Zorro” atravesando o territorio da Baixa California.

Poderiamos seguir con cantidade de exemplos,unha estatua do patrón maior da cofradía, con esa planta e esa barba, con unha túnica  e un tridente, parecería totalmente Neptuno, o deus do mar, aínda que dáme a sensación de que este señor, fai moito tempo que  xa non se acerca ao mar nin para mollar os pes.

Pénsao,  querido alcalde, ata poderiamos intentar facer uns decorados para darlle a Cambados un aire como de Nova York, total, o barrio chino xa o temos.

Na espera de haberte sido de axuda despídome.

Ricardo Domínguez Rey. 

“Co PP na Xunta, teremos praia en Cambados” di Aragunde no mitin


Con esta frase, o alcalde de Cambados pediu o apoio para Alberto Núñez Feijoo. Como se a praia fora a auténtica prioridade para o noso Concello (onde aínda que poucas, tamén as temos naturais) nun momento en que se empeoran servizos fundamentais como a sanidade e o ensino pola suposta falta de cartos. Ademais desta proposta de dubidosa necesidade, o PP volveu prometer nunha campaña electoral máis que a nova praza de abastos será levada a cabo. Ao mitin celebrado na Cultural asistiu o nº2 de Feijoo, Alfonso Rueda, e tamén interviron ademais do alcalde, o ex alcalde Cores Tourís, o presidente da Deputación Rafael Louzán e a deputada Rosa Oubiña. O Diario de Arousa non aclara se finalmente o presidente da Xunta estaba no acto ou non. Todos os que falaron tentaron sementar o medo a un suposto tri ou cuatripartito, chegando a escenificar este voto do medo coa frase “Ou o PP ou o caos”. A única presenza non agardada polos populares foi a dos tres afectados polas preferentes que se pasearon polo salón de actos coas súas camisolas reivindicativas. Dous días antes estiveran no acto de Alternativa, no cal se lles deu a palabra para que explicaran a súa posición.

Cores Tourís é cesado como delegado para ocupar un posto na lista do PP


Foi alcalde de Cambados, senador en Madrid (por certo, un dos galegos menos traballadores na Cámara Alta) e agora era Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra. Hoxe Feijóo anuncia o seu cesamento, pero non, non se trata de apartalo da vida política senón de premialo e elixilo para as listaxes do PP por Pontevedra. Isto é así porque os altos cargos son inelixíbeis e polo tanto, deben cesar antes de integrar unha candidatura. Seguir lendo

Crisis, what Crisis? Ou poña unha volta ciclista na súa vida


Hai un par de semanas en “A ti, meu Cambados” e baixo este mesmo titulo Xaquín “Chon”, nos presentaba un interesante artigo onde, despois de enumerar toda unha serie de despilfarros por parte do concello,   se preguntaba onde estaba a crise para Aragunde e os seus adláteres, porque dende logo algún dos gastos (por non dicir todos) son prescindibles e, sobre todo, algúns son realmente vergonzosos. Dende logo o título dío todo. Polo visto para o Sr. alcalde non existe crise porque senón no se explica a forma estúpida de tirar os cartos. Eu quería engadir a toda esa serie de despropósitos un novo, que humildemente parece vergonzoso, como é a etapa de contrarreloxo da “Vuelta Ciclista a España” que tera lugar no noso amado pobo.

Ante todo deixar ben claro que quen suscribe isto é un gran afeccionado aos deportes en xeral, e ao ciclismo en particular, polo que non vexades na miña crítica aversión algunha contra este grandísimo deporte senón que considero que unha gota máis na política de despilfarro sen fin que caracteriza ao goberno do Sr. Aragunde.

Segundo os datos oficiais estas tres etapas na provincia custarán sobre uns 150.000 euros, aínda que a estes gastos hai que sumar outros propios de cada Concello. En Cambados, por non ir máis lonxe, vaise a instalar un  cartel de 30 metros de longo por 6 de ancho a carón da Torre de San Sadurniño e , ademais, unha bicicleta xigante con boias, sobre todo para as tomas aéreas da televisión. Tamén hai que sumar gastos de loxística, seguridade e un longo etc. derivados da propia volta.

Loxicamente para todo este desembolso Aragunde e Louzán, ampáranse na suposta gran promoción que supón  a Volta, sobre todo en televisión e que dará moita publicidade ao noso pobo e comarca. Vamos, que despois da etapa do mércores, Cambados vai ser coñecido no mundo e parte do estranxeiro  e non imos ter que botar fóra tanto turista coma vai vir (perdoade o meu sarcasmo), ademais falan dun suposto estudo de Unipublic (empresa organizadora da Volta) segundo por cada euro invertido recuperaranse 10 (que van a dicir senón , teñen que venderse).

Por empezar por unha  orde, os que somos aficionados ao ciclismo e temos un mínimo de idea de retrasmisions deportivas, sabemos que nas probas de contrarreloxo (coma a deste mércores en Cambados), priman as cámaras no punto de saída e meta, máis cámaras en puntos intermedios (para ir sacando as diferenzas entre os distintos corredores) e finalmente as cámaras en motos, sobre todo para seguir a evolución    dos favoritos no traxecto. Digo todo isto porque as imaxes dende o helicóptero quedan nun segundo plano, sendo mais importantes nas etapas en liña, nas cales si son relevantes pois marcan a diferenza visual entre os escapados e o pelotón, entre os distintos grupos etc. É dicir, as mentes brillantes do Concello fixeron unha inversión  brutal nun cartel e figura de boias xigante, Para que?, Para unha toma xeral nada máis comezar e rematar a etapa? Ademais son tan rematadamente inútiles que gastan unha animalada no cartel xigante e, enriba, en vez de colocalo nun punto polo que pase a proba para entrar no plano televisivo cada vez que que pase un ciclista por dito punto van, os moi burros, e colócano na zona máis lonxe do pobo con respecto a carreira… dende logo os asesores de Aragunde que lle aconsellaron colocar o cartel na Torre non viron na súa vida unha proba ciclista (polo menos por televisión).

En canto a suposta promoción do noso pobo por saír na televisión, deixádeme que vos dea uns datos correspondentes as tres últimas etapas desta actual Volta e a continuación explícovolos:

 

Fecha                                Etapa                                       Audiencia                                Share

 

24 agosto                   Jaca  = Alcañiz                 1.230.000  espectadores                     10 %

25 agosto                  Lleida = Andorra              1.378.000  espectadores                      13 %

26 agosto                 Andorra = Barcelona        1.156.000  espectadores                      10, 7 %

 

Á vista de estes datos, dicirvos que calquera audiencia inferior de  17 %  ou 18% de share considerase moi pobre. Incluso programas de televisión con audiencias superiores a 20 % de share foron retirados da grella televisiva ás dúas ou tres semanas, a título anecdótico  dicir que incluso algún capítulo de “ Amar en tiempos revueltos” (que é a serie que ocupa esta franxa horaria o resto do ano) superou con creces estas audiencias.

Non hai que ser moi listo par ver que unha retransmisión deportiva un 29 de agosto (en plena operación retorno para moita xente), cun verán saturado de deporte televisado (primeiro coa Eurocopa de Nacións e despois cos Xogos Olímpicos), tería unha audiencia moi pobre.

Todo isto desmonta a farsa de Aragunde e Louzán  en canto a gran promoción  televisiva  da nosa comarca coa volta ciclista (Aragunde os teus asesores non te han sabido aconsellar), pero que máis dá, pagan os pontevedreses, o Alcalde e o Presidente da Deputación terán, iso si, os seus cinco minutos de gloria.

Por certo dicirvos que o domingo baixei até Barcelona a ver o final de etapa e , dende logo, non vin ningún cartel xigante de 30 metros nin figura de boias no porto olímpico e non creo que sexa porque Barcelona non ten máis recursos que Cambados, ou,  quizás,  é porque nin o alcalde nin o Presidente da Deputación de Barcelona teñen o afán de protagonismo ou,  porque non dicilo, a chulería, que caracteriza a Aragunde e Louzán.

Sinceramente cando vexo a Rajoy e os seus ministros pedíndonos a todos os cidadáns austeridade, pregúntome que pensará un xubilado de Cambados que lle fan pagar as mediciñas, un parado de  Arousa que lle van a retirar o subsidio de desemprego ou un funcionario de calquera Concello do Salnés que lle acaban de quitar a paga extra do Nadal. Cando ven coma derrochan os cartos os seus gobernantes e dende logo unha cousa está clara para ser alcalde, ou presidente da Deputación,  vale calquer zoquete, até o mais torpe do lugar,  Cambados  e Pontevedra é unha boa proba disto, outra cosa moi distinta é ser un bo gobernante, un bo dirixente entre os teus cidadáns, sobre  todo a hora de ter claro cales son as prioridades.

Un saúdo a todos.

Ricardo Domínguez Rey. 

A loita do Refuxio polas instalacións comarcais entra na recta final


O Refuxio de Animais de Cambados entra na fase final de recollida de sinaturas para defender a concesión das instalacións comarcais que finalmente serán outorgadas pola Deputación de Pontevedra. Seguir lendo

A imposición real: Ca Deputación de Pontevedra se queres obras pídeo en castelán


Publícao hoxe o blog crítico coa Xunta de Galicia, feijoomente.blogaliza.org. O Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra enviou un fax aos Concellos da provincia cos requisitos que deben reunir as peticións de prórroga das obras enmarcadas no Plan de Cooperación vixente.

A primeira é: La solicitud tiene que venir redactada en castellano.

Indican no blog mencionado, e con razón, que este requisito non só é dicutíbel, senón que carece de legalidade. Logo da campaña brutal que sufriu o bipartito e diversas asociacións e entidades a favor da normalización do galego…cal é a verdadeira imposición?

Relacionado

O documento enviado pola Deputación aos Concellos

Galicia Confidencial revela que a viaxe Tourís-Aragunde á Arxentina estaba capitaneada por Louzán


louzan

Todos á Arxentina, iso foi o que ocorreu o desde o pasado 6 de Nadal até o 10. Desde Cambados(tk) falábase da viaxe do alcalde Luís Aragunde acompañado polo Delegado da Xunta Cores Tourís en termos críticos pedindo a concelleiros e deputados da oposición que comecen a formular preguntas sobre o desembolso que supuxo a “pequena excursión”. Agora, o xornal dixital Galicia Confidencial (co que este espazo colabora desde onte) confirma que a expedición estaba capitaneada por Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra.

Segundo ese medio, Louzán cruzou o Atlántico acompañado, ademais dos cambadeses, polos alcaldes da Cañiza e As Neves e o voceiro de Salceda de Caselas, onde o PP nin sequera goberna. Ademais dunha festa no Centro Galicia, a cal o propio Louzán describía como “una maravillosa actuación de chicos y chicas ‘amateurs’ en un escenario majestuoso”, a comitiva popular encargouse de repartir cheques a 20 familias de Pontevedra. E desgraciadamente dubido que foran cartos do Partido Popular, máis ben serían de todos os veciños de Pontevedra.

Quen xa o sabemos, do Como temos parte, Onde está claro, falta por saber Por que e Canto!

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.