Alguén dixo nunha ocasión que “O nivel de avance dunha sociedade pode medirse na forma na que esta trata ós seus animais”.
Se me deixades quería falarvos dun amigo, un amigo que ven acompañando ao ser humano dende fai miles de anos, sendo uns dos primeiros animais que ó home domesticou e que non é outro que o can.
Falar do home e do can e falar dunha relación coma hai poucas na natureza entre dous animais de distinta especie; é falar dunha relación de amizade, de fidelidade, de amor, dun cariño que todos os que tedes cans entenderedes a que me estou referindo.
Os cans prestan servizos esenciais como son ó de guías de persoas cegas, en caso de desastres naturais son a mellor ferramenta para atopar superviventes entre os escombros, tamén son esenciais na loita contra o narcotráfico ao localizar alixos; foi un can (a cadela Laika), na carreira espacial, o primeiro ser vivo terrestre en orbitar arredor da terra (o cal custoulle a vida); tamén utilízanse, os cans, en terapias de estimulación en persoas con autismo e incluso, hai estudios psicolóxicos que demostran que, en persoas depresivas, o feito de ter mascotas como cans, reduce significativamente o intento de suicidio, debido a mutua relación de dependencia afectiva existente entre ambos.
Cóntovos todo isto en relación á canceira de Meis que está a xestionar á Deputación de Pontevedra do señor Louzán e que, como din as protectoras de animais, se está pensada para uns 500 cans aproximadamente e si se calcula que en toda á provincia son mais de 2000 os animais destinados a ela, temen, loxicamente, por un exterminio indiscriminado dos mesmos.
Segun diversos medios nunha reunión celebrada entre Louzán e ás asociacións protectoras, o presidente da Deputación espetoulles : “A mi los perros me la sudan”, é lóxico, coñecendo o personaxe en cuestión, o amor e o cariño á raza canina non representan ningún dos valores polos que se move , o que é seguro e que si mañá os cans cagasen pepitas de ouro (perdón pola expresión), Louzán converteríase no seu mais acérrimo defensor, non vos estrañe que adaptaría esas pousadas tan fashion que está facendo (e que tanto custan a tódolos pontevedreses) para adaptalas a tan nobles animais.
Aínda que sendo xuntos a Louzán gústanlle moito os animais; en concreto dous tipos, por un lado, os touros, sobre todo, para ir a velos na praza de Pontevedra durante as festas da Peregrina, e poder sentarse ao carón de Rajoy (outro gran amante dos animais) e ver como o van facendo sufrir,matándoo pouco a pouco…… puro arte e cultura (perdón polo sarcasmo); o outro tipo de animais que lle gusta a Louzán son ós de mar (pero non pensedes en delfíns, Louzán non é tan sensiblero) mais concretamente ós que se poden comer acompañados cunha botella de albariño : nécoras, centolas, lumbrigantes etc. …distes animais o noso querido presidente de seguro que, tamén, é un gran defensor.
Quero destacar a formidable labor que o refuxio de animais de Cambados con Olga Costa á cabeza leva a cabo, fago extensible esta felicitación a tódolos refuxios que como o do noso pobo están en contra do exterminio irracional de cans e, convidarvos, a manifestación que o venres dia 21 de setembro terá lugar en Pontevedra, eu por razóns obvias non poderei asistir pero todo meu animo e apoio a tan nobre causa.
Para finalizar, quero contarvos unha anécdota particular (algo que xa empeza a facerse habitual), o pouco tempo de adquirir a miña casa actual, e sobre todo, a raíz dunha oleada de roubos e asaltos a chalets que houbo por esa época en moitas urbanizacións de Barcelona e Catalunya (incluída a miña) por bandas, decidín adoptar un can, para elo acudín a un refuxio de animais ( como o de Cambados), é incrible á intelixencia destes animais, en canto me viron, todos empezaron a ladrar para chamar a miña atención, pois saben que cando entra un descoñecido era para levarse a un deles, finalmente optei por unha preciosa cadela, pastora alemán e pódovos garantir que non hai animais mais agradecidos sempre que chego a casa están esperando no xardín, a veces simplemente para recibir unha caricia, unha palmada no lombo, digo están, porque, posteriormente, tamén recollín un can, (outro pastor alemán), e dende logo para os meus fillos , como para á miña muller e mais eu son dous membros mais da familia e, dende logo é o mellor sistema de alarma (pode dar fe de elo o pobre do meu carteiro).
Feitos como este da canceira retratan un pouco mais que tipo de persoa e o Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, e só podo dicir que canto mais coñezo a Rafael Louzán mais amo ós meus cans. UN SALUDO A TODOS
Ricardo Domínguez Rey.
“Plataforma contra a masacre de cans en Pontevedra”. Con este contundente nome a maioría de asociacións protectoras de animais se unen para tentar botar abaixo os plans da Deputación de Pontevedra en relación ao centro provincial de recollida de cans. Esta loita comezou precisamente en Cambados, da man da responsable do Refuxio Olga Costa, que leva meses protestando contra o que considera ilegal e inmoral. O vindeiro 21 de Setembro ás 21 horas a Plataforma convoca aos cidadáns interesados a manifestarse fronte a Deputación (Montero Ríos s/n). Seguir lendo
Olga Costa é a presidenta do Refuxio de Animais de Cambados. Leva durante anos volcada con este labor que trascende o concepto de “canceira” polas tarefas que a asociación desenvolve en termos de concienciación contra o abandono, posta en valor dos animais ao servizo da comunidade, traballo voluntario… Olga é ante todo, e isto ninguén pode discutilo, unha amante dos animais. O refuxio loita agora por conseguir facerse coa xestión dunhas instalacións comarcais que sairon a concurso primeiro coa Mancomunidade (o único proxecto presentado foi o de Cambados) pero agora foi reiniciado pola Deputación e esta permitiu que unha empresa privada (Tragsa) compita cos de Olga Costa ante a incredulidade destes. A campaña social e mediática do Refuxio está a ser intensa (podes apoiala aquí) e prevese que o final do conflito estea próximo. Seguir lendo
O Refuxio de Animais de Cambados entra na fase final de recollida de sinaturas para defender a concesión das instalacións comarcais que finalmente serán outorgadas pola Deputación de Pontevedra. Seguir lendo
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
// <![CDATA[
<!–
<!
<!
<!
<!
<!
var jsval = '
‘;
writethis(jsval);
// >
// >
// >
// >
// >
// –>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>
// ]]>Falábase aquí na publicación anterior de como os medios teñen uns ou outros intereses. Pero na discusión sobre a importancia dos medios tamén cabe falar de como os estes inflúen nos políticos, moi especialmente nas distancias curtas: no eido municipal a influencia é patente.
Valla como exemplo o tema do Refuxio de Animais que vén aparecendo na prensa comarcal repetidamente nos últimos días. Até agora de nada valía as chamadas de axuda da responsábel do Refuxio, Olga Costa, para mellorar as condicións das instalacións das que dispoñen. Dá igual que nos últimos meses tanto en Facebook como na propia prensa se puxera o grito no ceo pola falta de cartos para actividades do día a día do centro.
Porque non foi até que uns socios enviaron unha carta aos medios acusando directa e claramente ao Goberno Local de non responder como debería. A prensa publicouno e en 24 horas o Concello pasou da total inoperatividade que o caracteriza a enviar persoal que agora se atopa no Refuxio “até que estean rematadas todas estas obras que nos demandan”, en palabras do propio Aragunde (que non deixou pasar a ocasión para ir de visita oficial).
Porque como lin por aí, quizais o Concello non lle daba importancia ao tema “porque os cans non votan”. Os cans non, pero os socios do Refuxio si, e os lectores da prensa tamén. Por iso os medios de comunicación xogan tan importante papel nese sentido. Porque fan chegar ao cidadán as súas mensaxes. E por iso os políticos lle gardan tanto respecto.
Vídeo extraído de CanalRíasBaixas.com
O luns pasado tiña lugar en Cambados un incidente desagradable ainda que non inesperado. Unha señora que tranquilamente paseaba preto das inmediacións da Torre de San Sadurniño en Santo Tome-Cambados, foi brutalmente atacada por dous cans da raza bóxer que andaban soltos pola rúa. A actuación das maricasdoras que se atopan traballando no Sarrido salvoulle a vida así como a actuación dun vixiante da confraría.
Esto é resumido o feito en si, pero é convinte analizar o porque e as consecuencias do mesmo. Primeiramente parece ser e así está datada pola Protectora de Animais de Cambados, que non é a primeira vez que estes cans atacan a xente, concretamente noutro ocasión tamén atacarón a uns nenos sen que resultaran lesionados, primeira imprudencia por parte dos seus donos deixar a dous animais considerados perigosos soltos e sen boceira, imprudencia de carácter grave que nesta ocasión tivo consecuencias gravísimas sobre todo a pobre señora que tivo que ser internada no Hospital do Salnés.Despois a seguinte imprudencia grave por parte dos seus donos é ter uns cans considerados de raza perigosa e o parecer sen asegurar, e a terceira imprudencia é ter os cans soltos e nos estar nas inmediacións ou xunto os mesmos.
Preguntámonos, Quen son os encargados neste caso de se cumpla a legalidade vixente?, coidamos que a Policia Local de Cambados neste caso debe ser a encargada de que se cumpra a normativa legal que existe neste Concello con respecto os cans perigosos. Foron multados os donos na primeira agresión? Serán multados os donos nesta segunda agresión? Son dúas preguntas que deixamos no aire, sen prexuizo das accións xudicias que poida tomar a señora contra dos donos dos cans.
O que si está claro e que hai unha persoa desgraciadamente prexudicada cunhas lesións que poideron ocasionarlle a morte además do trauma psicolóxico que se lle pode ocasionar a esta muller. Se non estiveran alí as mariscadores que houbera pasado?. O que tamén está claro é que a Policía Local de Cambados ten que tomar cartas urxentemente no asunto, porque neste pobo os donos dos cans campan ás súas anchas.
A modo de exemplo o outro día viña un señor cun dogo argentino, raza sumamamente perigosa, atado pero sen boceira, eu chameille a atención e díxome que era unha cousa que non lle incumbía, díxenlle que como seguira con el así pola rúa iba a chamar a Policía Local. Outro exemplo é que un amigo meu non é a primeira , nin a segunda, nin a terceira vez que é agredido por uns cans propiedade dunha señora na zona dos Caeiros cando ía a traballar, e así podiamos contar centos de exemplos.
Estamos fartos destas actitudes e que os donos sempre nos digan “Os cans non morden”, os cans son animais e claro que morden se non se teñen nas debidas condicións que sinala a lei e senón son coidados debidamente. A todo esto sen entrar nas innumerables defecacións caninas que atopamos se damos unha simple andaina polo paseo marítimo de Cambados. Os donos son ou deben ser responsables dos seus cans, senón que non os merquen, e a Policía Local debe poñerse máis “ao loro” a hora de facer cumprir a normativa vixente, e que non tomen os axentes como unha crítica senón mais ben como un recordo.
Xaquín Charlín “Chon” é presidente da Asociación Unha Grande Chea. O artigo foi tomado prestado da súa web.
Internet vale para moito máis que ler xornais ou falar c@s amig@s. Ás veces da rede xorden iniciativas interesantes e solidarias.
Esta mañá, desde o Facebook da Protectora de Animais de Cambados se lamentaban dun roubo no cal perderan unha cara máquina de cortarlle o pelo aos animais que alí coidan, cun custo duns 400 euros. Minutos despois unha usuaria da rede social propoñía que cada un d@s amig@s do Refuxio de Animais ingresaran na conta bancaria da entidade un euro.
Se queres ser partícipe desta bonita iniciativa, fai a túa achega na conta:
2100-5036-49-0200074762 de La Caixa
A imaxe foi extraída do Facebook de Refuxio de Animais Cambados