//
arquivo

Rif-Rock

This tag is associated with 34 posts

Venres 30 no Rif-Rock: Reunión de bigotudos


O mes de Novembro é coñecido xa no mundo como “Movember” pola iniciativa solidaria de deixarse medrar un mostacho co obxecto de que algunhas enfermidades que afectan aos homes, como o cancro de próstata, sexa visibilizadas. Os participantes máis puristas desta iniciativa comezan o mes totalmente afeitados e van perfilando o seu bigote até o último día.

En Cambados, o pub Rif-Rock adheriuse ao proxecto e este venres 30 celebra unha reunión de bigotudos. Para este local este tipo de festas non son novas, xa que desde hai catro anos convoca unha Festa do Bigote no verán, que fai coincidir co remate das Festas do Albariño, cun concurso de mellores bigotes “naturais” e postizos incluído.

Advertisements

Trío Phil Jazz, con compoñente cambadesa, premio Xuventude Crea 2012


Durante o pasado sábado celebrouse a final da categoría de música do certame Novos Creadores Xuventude Crea 2012, que impulsa a Xunta de Galicia. Nesa final que tivo lugar no Dado-Dadá de Compostela, o Trío Phil Jazz fíxose co primeiro premio do certame, que compartirá con A máquina de meter medo. O Trío Phil Jazz leva xa arredor de un ano tocando e nel participa o cambadés Rubén Iglesias tocando o baixo eléctrico. Tamén son parte da banda Manuel Méndez (guitarra), Miguel Rodríguez (saxo) e Noli Torres (batería). Os temas cos que se proclamaron vencedores foron “It’s not a dream” e “The same direction”, que podedes escoitar no vídeo da actuación de Santiago. Toda esta información sacámola do blog do Rif-Rock.

LA4PARED no Rif-Rock este sábado


Este sábado de ponte teremos no Rif-Rock (Infantas 13) unha actuación en directo. Arredor da medianoite este grupo pontevedrés presentará en formato acústico o seu traballo, L4P2012Cuatro. Podes escoitar unha mostra do que fan neste vídeo. Os integrantes de La4Pared son  Adri (batería), Karallada (guitarra), Coco (baixo), e Gus (guitarra e voz). Aínda que o grupo se define como acústico-alternativo tampouco deixan atrás o sonido máis intenso das bandas de rock. E atención! Hoxe xoves 11 o Rif ten “Monkey Session”, é dicir, abre por ser víspera de festivo con improvisacións desde a cabina.

David R Valeiras no Rif este venres 24


O ourensán David R. Valeiras vai actuar no pub Rif-Rock (Infantas 13) este venres 24 de Agosto a partires das 23.30 horas. Traído da man de Comomepos Producións, vén disposto a amosar as súas “múltiples caras a través do seu repertorio”. Desde o Rif defíneno como “fillo bastardo de Krahe” e a súa visita a Cambados (en misión artística desta volta) non vai deixar indiferente a ninguén dos que se acheguen a escoitalo. Para mostra o vídeo cun dos seus temas máis populares, “Al montón”.

Eulogio Romero faise co Mostacho Absoluto na 4ª edición da Festa do Bigote


O cambadés Eulogio Romero proclamouse “bigotudo do ano” no certame que o Rif-Rock e Cambados(tk) veñen organizando desde hai catro anos na noite do Domingo do Albariño. Os foguetes que marcan o remate das Festas grandes de Cambados son tamén o punto de partida para esta particular homanaxe ao mostacho, unha festa que xa vai pola súa cuarta edición en continuo aumento de afluencia. Seguir lendo

13 Aniversario do Rif-Rock: sesións e concertos


Durante esta fin de semana comezan as celebracións en forma de música no pub Rif-Rock (Infantas 13). Este venres 13 habéra sesión titulada “Jason vai de camping” e o sábado 14 teremos concerto en directo de The Walnut e a seguir unha sesión de Kurco Soundsystem. Na seguinte fin de semana habéra sesións tanto venres (Jomitallas vs Marinocha) coma sábado (Michi Cacatone). A música en directo volve o venres 27 con The Voorhees e Comomepos dj pon o feche dos actos de aniversario o sábado 28 de Xullo cunha sesión. Por suposto darlle os parabéns á xente do Rif por estes xa 13 anos de impagable labor pola música en Cambados, oxalá veñan moitos máis! (Preme o cartel en Seguir Lendo para ver todo o programa ampliado) Seguir lendo

Breakin’ Bones no Rif-Rock este sábado


O pub Rif-Rock (Infantas 13) advírtenos de que este sábado teremos ocasión de presenzar algo que poucas veces veremos en Cambados. Trátase dun concerto dos vigueses Breakin’ Bones, un trío que segundo o o propio Rif practican o Rockabilly máis torpe, enfermo e extraño que teñas escoitado. Despois de 30 anos vivindo nun sótano escoitando un solo cassette de Ronnie Dawson (só por unha cara).

Así que este sábado 19 non o dubides a partires das 23.50 horas pásate polo local máis activo de Cambados a darlle unha oída a esta banda.

Escoita o concerto de David Falcón no Rif-Rock


No blog do pub Rif-Rock (Infantas 13) podedes atopar todo o material que se gravou durante o concerto de David Falcón do pasado 5 de Maio. Son once temas, dez propios e unha versión, que poden verse comodamente nunha lista de reprodución.

David Falcón de volta no Rif-Rock


O músico cambadés David Falcón actúa na nosa vila este vindeiro sábado día 5 de Maio. Faino no Rif-Rock (Infantas 13), onde xa comparecera polo Nadal con moito éxito. Nesta nova ocasión terá a oportunidade de dar a coñecer temas de recente creación que de seguro voltarán a triunfar no Rif. E se estás por Compostela o vindeiro mércores 9 podes velo no Soul&Sombra. Se queres saber máis sobre David podes visitar a súa web. Seguir lendo

¨The Cra$h Converters” no Rif-Rock este xoves


O pub Rif-Rock (Infantas 13) preséntanos un novo directo no seu ciclo Jazzerz Live Series. The Cra$h Converters é un trío formado por “tres clásicos” dos directos deste local: Isidro, Sito e Piti, ao que se lle suma nesta ocasión o tamén clásico (pero da clientela) e excelente pianista Miguel Costas.

Eles van facer un repaso polos must dos temas blues e tamén dalgunha peza máis recente.

O concerto será este xoves 5 de Abril a partires das 23.30.

Nas redes sociais

Decembro 2018
L M M X V S D
« Dec    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.

RSS Praza Pública – Opinión

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Advertisements