//
arquivo

traballo

This tag is associated with 9 posts

O último pleno do ano case completo en vídeo


Como xa reflectimos aquí hai uns días, o alcalde non fixo nada por impedir que gravaramos a última sesión plenaria do ano, logo dunha polémica entorno a este tema. A propia prensa referiuse a este feito, no caso de La Voz de Arousa non dubidaron en calificalo como o máis relevante -máis ben era o máis incerto- do pleno (xa que os demais asuntos eran máis ou menos de trámite). Nos primeiros puntos tratáronse aprobacións de taxas ou novas regulacións. A taxa de realización de tarefas de control e verificación de actividades e tramitación dos expedientes de licenzas de apertura ou actividade, foi aprobada cos votos do Partido Popular. O BNG votou en contra, porque considera que os cidadáns están a ver subas de impostos a diarios nun momento moi difícil, e PSOE abstívose. Este esquema repetiuse nos puntos seguintes. Tamén se modificou a taxa de outorgamento de licenzas urbanísticas (subiuse) e o mesmo aconteceu co imposto sobre construcións, instalacións e obras. Aprobouse unha nova ordenanza do procedemento para a concesión de licenzas de obras e de actividade, e de comunicación previa e declaración responsable. Todos estes asuntos están no vídeo “Varios (taxas…”. Seguir lendo

O Bloque presenta unha moción sobre Alfageme


Unha das protestas das traballadoras | Ballesteros, La Voz

O conflito de Alfageme está na recta final e dá (lamentablemente) moitísimo do que falar. Nos últimos días o enfado das traballadoras foi monumental ao coñecer que o Igape declaraba deserto o concurso pola empresa, ao que concorreran tres empresas. Segundo a Xunta ningunha dela cumpría cos requisitos demandados, aínda que unha (El Consorcio) declaraba na prensa que iso non era certo. Descartado o concurso, o seguinte paso é a subasta xudicial por lotes, tanto das plantas industriais como das marcas. Esta saída non asegura nin moito menos a continuidade do proxecto e dos 150 postos de traballo. Os sindicatos cren que o conselleiro de Industria é culpábel da situación e mesmo ameazaron con presentarlle unha querela por prevaricación, xa que consideran que está a incurrir neste delito segundo eles pola total falta de decisión para resolver este conflito.

O BNG de Cambados levará ao pleno da Corporación deste Nadal unha moción na que pide aos Concellos da comarca que se impliquen para evitar a especulación cos terreos onde se atopa a empresa. Solicítanlles expresamente que non recalifiquen estes terreos. Por outra banda o BNG quere que o pleno de Cambados acorde esixir a demisión de todos os cargos políticos implicados neste proceso, moi especialmente do conselleiro de Industria.

Víctor Caamaño acude ao Valedor para que Aragunde entregue as actas en prazo


O portavoz do BNG deu unha rolda de prensa hoxe na que anunciou que o BNG solicita ao Valedor do Pobo que faga cumprir a lei ao Goberno de Cambados. Xa en semanas anteriores o BNG rexistrou en pleno até 5 mocións (desde Outubro até Marzo) para que o equipo de Goberno de Luís Aragunde lles remita aos concelleiros as copias das actas das Xuntas de Goberno no prazo que marca a lei. Este prazo é de 10 días como máximo e o Bloque asegura que leva 4 meses de retraso nesta recepción. Seguir lendo

Un ano de Aragunde. O paro medra máis en Cambados


Xa vai alá máis de un ano en que os cambadeses votamos por última vez. Luís Aragunde fíxose co bastón de mando do Concello cun elevado apoio que o levaron a gobernar con maioría absoluta. Nestes días nos que falamos moito de estatuas, é preciso tamén poñer a vista no que máis importa. O Partido Popular presentouse ás eleccións municipais coa promesa estrela de traballar para loitar contra o desemprego. Os datos un ano máis tarde amosan pouca efectividade, máis ben nula. Seguir lendo

Un estudo corrobora as críticas do BNG á xestión do Polígono Industrial


Un estudo do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral vén de darlle a razón á equipa de Víctor Caamaño no referente ás súas críticas sobre o Polígono Industrial. O estudo cualifica a situación de Sete Pías como de “mala” por carecer das infraestruturas e servizos mínimos. Destaca a falla de servizo de mantemento, cortes de luz que o Concello non dá solucionado, falta de plans de seguridade, falta de beirarrúas… Seguir lendo

O paro segue á alza n’O Salnés e Cambados ocupa o terceiro lugar da comarca


O Concello de Cambados acumula xa máis e 1.700 persoas desempregadas. O paro aumenta outra vez en Marzo logo de que Febreiro dera un (falso) respiro. O Salnés é xa a quinta comarca na lista de líderes do paro, a pesar de que por poboación absoluta non lle correspondería unha posición tan elevada. Supera xa a comarcas como Ourense ou Pontevedra, con máis habitantes, empata tecnicamente con Santiago e só é superada polas de Vigo, Coruña ou Ferrol. Seguir lendo

O conflito de Alfageme podería resolverse pronto


Os problemas que atravesa a conserveira Alfageme, que dá traballo a unhas 150 persoas no Salnés (unha das comarcas máis castigadas polo desemprego) poderían ver a luz moi pronto. Así o reflectía onte Diario de Arousa, xa que segundo este xornal a Xunta por medio da Consellaría e a empresa El Consorcio estarían en conversas sobre o futuro da conseveira. As condicións das que se falaron sería de que El Consorcio reciba unha liña de financiamento duns oito millóns para asegurar a posta en marcha das operacións, e a condonación dunha posíbel débeda de 30 millóns , a cambio de que se mantivera a produción e os postos de traballo. Seguir lendo

65 traballadoras de Guau, á rúa


Esa é a mala nova que os xornais comarcais reflicten hoxe nas súas páxinas (recomendado o repaso á historia  asinado por Maruxa Alfonso na Voz). Sesenta e cinco traballadoras da conserveira Guau (cuxo nome é en realidade Alimentos Arousa agora) quedan sen empregos desde que o pasado 11 de Novembro a fábrica aparecera pechada. Din que de momento non se mobilizan porque non hai nin dirección nin empresarios contra os que manifestarse, pero desde a CIG si anuncian que presentarán demandas por despido improcedente. Seguir lendo

Unha moción do BNG sobre Alfageme aprobada por unanimidade no Pleno


O voceiro do BNG, Víctor Caamaño, sorprendeu no pleno de onte cunha moción pola vía de urxencia sobre a conserveira Alfageme. A moción, que resalta a importancia da industria conserveira para o emprego da comarca, remata por solicitar á Xunta de Galicia que poña solución ao conflito de Alfageme que ameaza 150 postos de traballo no Salnés, unha das bisbarras máis castigadas polo emprego.

Logo de que a empresa entrara en fase concursal a solución pareceu vir da man do “Consorcio Conservero”, que chegou a un acordo coas centrais sindicais e coa propia Xunta para non eliminar postos de traballo. Pero é a Xunta quen ten que permitir o auto de liquidación para que a empresa sexa por fin vendida. “Consorcio Conservero” mantén que só agardará até final de mes, polo que se a Xunta non actúa o conflito podería dilatarse e agravarse. Seguir lendo

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.