//
arquivo

TVG

This tag is associated with 18 posts

A Florería Hedra e José Luis Aragunde n’A Solaina da Televisión de Galicia


Benito Fernández, da coñecida Florería Hedra de Santo Tomé, visitou o programa A Solaina da Televisión de Galicia no día de onte. Fíxoo para presentar un centro de mesa para Nadal creado con produtos naturais de tempada (o produto principal é a agulla de piñeiro). Seguir lendo

Advertisements

Maximino Cid no Foro Aberto da TVG – A redución da velocidade e o aforro enerxético


O sarxento xefe da Policía Local Maximino Cid Ferro (actualmente fóra de Cambados de forma temporal) estivo onte no programa de debate Foro Aberto da Televisión de Galicia, onde se falaba dunha das medidas do Goberno do Estado de reducir o límite en autovías e autoestradas desde os tradicionais 120 km/h aos 110 actuais até o verán con posibilidade de prórroga. A razón que esgrime o goberno é a de reducir o consumo enerxético do Estado nun tempo onde o prezo do combustíbel está a ter un incremento relacionado en parte coas revoltas no Norte de África (especialmente no caso de Libia, que é un importante produtor, e de relevancia para Europa).

Maximino Cid estivo no plató en representación da Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico-Galicia e aínda que salientou que desde o seu colectivo non se posicionan sobre o suposto aforro enerxético da medida, si incidiu en que nestes meses poderase estudar se a redución vai diminuir a mortalidade na estrada, que é o que a eles lles preocupa. Tamén insistiu en que a velocidade é xunto co consumo de alcohol e o non-uso do cinturón as maiores causas de morte ao volante.

No debate a posición preponderante é coincidinte co que se escoita estes días na rúa: contraria ao cambio da norma. Incluso o presentador do programa, como de costume, deixou entrever a súa postura (só hai que recordar o programa en que este “xornalista” entrevistou a Carlos Callón). Entre os argumentos, algúns bastante chocantes: que un descenso na velocidade diminúe a atención (?) ou que se consume máis combustíbel a 110 que a 120 porque os condutores se pasan e teñen que ir freando e acelerando (digo eu que que diferenza haberá nese sentido en que o límite estea a 110 ou a 120).  Ademais escoitáronse algunhas afirmacións cando menos alarmantes e máis propias dunha discusión de bar, como a de que os radares póñense exclusivamente para recaudar en lugares que non son perigosos e engadiuse: “como en túneles”, un lugar que como tod@s sabemos non é de risco! En fin…

O que tería que facer a Televisión de Galicia é levar a persoas máis válidas e que saiban manexar argumentos, opinen o que opinen, como no caso de Cid. E non pretendo facer desta publicación unha defensa da medida, que tamén coido que é bastante improvisada, pero hai que comprobar se dá resultados, tanto de redución de consumo como de mellora da seguridade.

O tema enerxético é grave, e é consecuencia da inoperancia dos gobernos de PP e PSOE, de ambos, que nunca tiveron plans a longo alcance como este tema require; que deberían ter impulsado de xeito real hai anos o transporte público, o alumeado racional (Ribadumia é un exemplo de como sobreiluminar un núcleo), unha planificación urbanística que retire vehículos dos centros das cidades e vilas, unha aposta decidida polas enexías renovábeis e da independencia enerxética, etc etc. Un tema que sen dúbida dá para moito.

Por certo, podes ver o vídeo de Foro Aberto premendo neste enlace.

Artigos relacionados sobre o tema

E sobre o tema dos 110 km/h, un artigo en contra da medida en La Voz de Galicia, na que se sostén que non se aforra notablemente, e outra dun blogueiro que relata a súa experiencia e que destaca que si se aforra pero non tanto como o goberno mantivo. E engado outro a favor da medida, por Ignacio Escolar, na que por fin alguén referencia datos reais de medicións, sobre se se aforra combustíbel ou non.

Cambados no programa "Vivir aquí" da TVG


Onte Cambados foi protagonista dun programa da TVG –Vivir aquí- no cal visitaron o local de efectos navais Lita,  que comezou a muller que lle deu o nome e que agora siguen as fillas xa no porto de Tragove. Ademais a presentadora deuse un paseo polo porto e entrevistou ás redeiras que estaban alí traballando. Podes ver o vídeo premendo na imaxe ou accedendo a este enlace, a parte adicada a Cambados comeza no minuto 22.

Goberno, movida e botellón. A fin do Noitebús


Chegou unha nota de Víctor Caamaño, na que explica que o BNG non está dacordo coa retirada do Noitebús, anunciada polo executivo de Núñez Feijoo recentemente en aras da suposta “austeridade”. E véñenme a cabeza cantidade de argumentos econcontrados que sobre este tema se puideron escoitar o pasado luns no programa da Televisión de Galicia Foro Aberto (ese que substituíu a Hai Debate para retirarlle algo de contido político).

Alí uns falaban de inxustiza sobre a retirada dun servizo que amosou a súa eficacia na diminución de accidentes de tráfico nas noites de movida. Outros apoiaban a súa supresión en base ao aforro que proclama Feijoo para algunhas cousas, argumentando que o custo do servizo non o debe sufragar a Xunta (en parte) senón os locais de copas como presuntos beneficiarios. Un deles, campión de mesturar ideas, dicía que o bipartito ao poñer en marcha o Noitebús estaba a financiar e pouco menos que promover o consumo de alcol entre menores!

Particularmente gustei do que dixo o catedrático Veiga Buxán. El razoaba o asunto deste xeito: se Feijoo tan só aludiu a razóns económicas para eliminar o servizo, é doado argumentar no terreo puramente económico: pódese comprobar como a siniestralidade nas estradas descendeu e polo tanto como se aforraron moitos cartos das arcas públicas en saúde. E logo, por suposto, habería que introducir tamén o feito de que se salvan vidas (e non só a dos condutores que beben, senón a dos pobres que estes atopan nas estradas) e que hai que entender  o Noitebús como unha mellora no ocio da mocidade e das súas familias, que aforran tempo en desprazalos nuns casos e preoucupacións noutros. Pero a dimensión social, humana, pasárona por alto.

Dicir que se apoia o botellón con esta medida é simplemente unha estupidez, xa que para irse de botellón non fai falla coller ningún medio de transporte…pódese facer baixando ao parque máis próximo ou incluso en inmobles. Dicir que se fomenta o consumo de alcol é tomarnos xa por parvos; é estabelecer unha igualdade entre o feito de dispoñer dun transporte axeitado con promover a inxesta de bebidas e dáse por suposto que todo o mundo sae a emborracharse cada noite até perder o sentido.

Moita demagoxia se fai con este tema. Creo que todos concidimos en que a cultura do alcol non é sana, mais iso non quere dicir que a solución sexa prohibir o botellón (por esa regra de tres o que se debería facer antes entón sería prohibir o alcol). Pero por que nunca se vai ao fondo do asunto para preguntarnos cal é a causa real do botellón? Non será quizais polo prezos abusivos que a maioría de locais impoñen ás bebidas?

E todos sabemos que tamén na maioría deses locais non se sirve o que o cliente pide, aí está o fenómeno do garrafón, sobre o que ningún analista, articulista ou político se escandaliza e que consiste basicamente en que che dan o que non pediches e moitas veces con efectos nocivos para a saúde. Consíntese iso noutro sector da sociedade?

Sexamos razoábeis. O noitebús foi unha boa idea, unha das poucas iniciativas orixinais da parte socialista do bipartito. O que custa aos constribuintes o seu copago é irrisorio comparado co que a Xunta gasta en publicidade insitucional (véxase todo o proceso do decreto antigalego) ou simplemente desprezábel se se compara coa cantidade de cartos de todos que o Goberno inxectou aos bancos para paliar unha crise que eles contribuiron a crear (e non se vexa isto como demagoxia, senón como contestación ás opinións liberais que poñen o grito no ceo con calquera subvención pública pero se fan de Cobas cando os bancos reciben os nosos cartos).

E o botellón haberá que regulalo, afastalo das vivendas para que non moleste a quen quere durmir, e combatilo en tal caso desde a educación e sobre todo desde a súa orixe: ca fin das prácticas moitas veces até neglixentes de moitos locais de copas. E non perseguindo aos xóvenes.

Cheiros: A TVG faise eco das queixas e un lector escribe para apuntar unha posíbel solución


Hoxe acudiron a Cambados os reporteiros da Televisión de Galicia (TVG) para facerse eco dos malor cheiros que seguimos a padecer os veciños e veciñas do centro da vila.

Na nova, emitida neste mediodía no programa Galicia Noticias, ademais de verse reflectida a opinión de varios viandantes aparece o presidente dos comerciantes de Cambados Zona Centro, Marcos González, quen mantén que os malos cheiros poden provocar unha mala imaxe á xente que vén de fóra.

Podes ver o vídeo premendo no logo:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

OPINIÓN DUN LECTOR SOBRE AS OBRAS

Sobre a anotación que se facía esta semana acerca das obras no Pombal para arranxar o problema dos cheiros, un lector achéganos a súa opinión. Dicíase esta semana que os operarios traballaban levantando a rúa e cambiando tuberías para rematar cos cheiros, e esta persoa afirma que o que habería que facer sería unha “pequena obra”  que consistiría en “cambiar o burato de lado da alcantarilla” e logo “éngadese o bote sifónico e adeus cheiros”.

Sinala ademais que non cre que sexa necesario cambiar toda a rede de saneamento, senón revisar e levar a cabo esta obra en cada punto negro dos cheiros, posto que tan só consistiría en cambiar as alcantarillas e poñer un bote de plástico fronte a unha grande inversión, e ademais sentenza: “que non nos den gato por lebre e volten a levantar tódalas rúas”.

Se coñeces a solución para o problema ou queres achegar a túa opinión, podes facelo a través do email cambadostk (arroba) gmail.com, a través do Facebook ou como un comentario a esta anotación.

A ofrenda a Ramón Cabanillas na TVG


A Televisión de Galicia fíxose eco do acto conmemorativo do 50 cabodano de Ramón Cabanillas en Compostela. Pódese ver o vídeo da TVG premendo neste enlace.

Pola tarde de onte os actos transladáronse primeiro ao cemiterio de Fefiñáns e logo ao Auditorio da Xuventude.

Chon escribe no Aturuxo: Queremos Galego!


chon2

O presidente de Unha Grande Chea e portavoz no Salnés da plataforma Queremos Galego! en defensa da lingua, que organizou a histórica marcha do pasado 18 de Outubro e vai comezar a recoller sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de Galicia, escribe no xornal comarcal O Aturuxo sobre o tema lingüístico.

Xaquín Charlín (Chon) comeza abrindo o seu artigo coas verbas de Castelao: “Que diriamos se o Estado mandase derrubar ou Pórtico da Gloria?. Pois eu digo que o noso idioma e unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateos. Creouna o xenio inviolable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de motisimas xeneracións. Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte”.

E a partir de aí argumenta sobre as diferentes accións que está a levar adiante o goberno galego e que afectan á lingua que nos une a todos, facendo tamén fincapé na resposta que a cidadanía do país lle lanzou nas rúas de Compostela a Feijoó e no comportamento da CRTVG.

Non deixes de lelo no Aturxo premendo neste enlace.

Imaxe extraída de La Voz de Arousa.

Continuan os recortes do novo goberno: Xa non se debatirá máis na TVG


crtvgEra algo que se vía vir e ao final sucedeu: o programa Hai Debate, que cada semana reunía no plató da TVG a representantes dos principais partidos galegos e analistas políticos, desaparece da grella da nova Televisión Pública do Goberno de Alberto Núñez Feijoó. Así o publicitou a directora do ente, a cambadesa Rosa Vilas, que anunciou unha nova programación da televisión que non trae grandes cambios a parte da eliminación do devandito programa. Continuarán as series de éxito como Padre Casares e a revista Bos Días ocupará case toda a mañá.

Para todos aqueles que gustamos da política, a fin de Hai Debate non é unha boa nova, pero tampouco o é en xeral para toda a sociedade, porque unha actividade, a política,  que xa é demasiado lonxana da xente segue afastándose cunha medida como a que veñen de tomar os responsábeis do goberno popular. Está claro que ao PP non lle interesa que a opinión pública estea informada do que acontece, e moito menos que poida atender a debates que, se ben estaban medidos en exceso, polo menos existían e chegaban a quen estaba disposto a seguilos.


O Capítulo do Popularísimo


oscinco

O Capítulo do Serenísimo é unha montaxe do máis casposa e partidista, hai moitos anos que o sabemos e que se denuncia desde diferentes organizacións. Este ano, este ente predemocrático, “honrará” a cinco cargos do Partido Popular na Xunta de Galicia e no Concello.

Os nomes dos afortunados son Alfonso Rueda Valenzuela, Conselleiro de Presidencia, Samuel Juárez, Conselleiro de Medio Rural, Norberto Uzal Tresandí, Director Xeral de Administracións Públicas, Luís Aragunde, alcalde de Cambados e Rosa Vilas, directora da Televisión de Galicia.

O simpático do asunto é que todos eles teñen dúas cousas en común. A primeira, por suposto, é que ocupan o posto institucional a través da designación ou da elección polo Partido Popular. Pero a segunda , que non menos importante, é que todos levan no seu posto máis ou menos tres meses. Rosa Vilas, a cambadesa que dirixe a Televisión pública, é a que menos tempo leva no seu cargo, xa que foi nomeada a comezos de Xuño.

Desta información pode deducirse que a elección destas persoas para ser “honradas” coas distincións do Capítulo non se fai de xeito imparcial, non se atende a ningún principio rigoroso máis que o da pertenza á esfera popular. Porque evidentemente non se pode premiar o labor dunha persoa nunha institución cando nin sequera leva cen días no posto.

Resulta chamativo, ademais, que durante os pasados catro anos, tal e como vén de indicar o voceiro nacionalista Víctor Caamaño, non se lle concedera ningún tipo de distinción a Alfredo Suárez Canal.  Suárez Canal foi o Conselleiro de Medio Rural co bipartito e, ademais de asistir á Festa do Viño Albariño, apoiou non só esta celebración, senón a todo o sector vitivinícola desde o seu posto na Xunta. Pero por suposto, non contou co maior mérito que se necesita para ser Cabaleiro do Albariño: ter o carné do Partido Popular. E aínda por riba era do Bloque!

Pero pode estar ben tranquilo o señor Canal, porque ademais de realizar un excelente traballo á fronte da Consellaría, quen quere formar parte desa cadrilla de personaxes con capa, como a que ano tras ano engrosa o Capítulo do Serenísimo? O espectáculo que organizan e que protagonizan eles mesmos é certamente patético.

Os comerciantes cambadeses rebélanse contra o Concello por cambiar o festivo de San Bieito


O Concello de Cambados cambiou este ano a festividade de San Bieito (sábado) pola de San Cristobo (mañá venres). Os comerciantes da vila, pola contra, vén esta medida como negativa para os seus intereses e acusan ao goberno local de non terlles consultados este troco no calendario. Ademais moitos anuncian que  van boicotear este cambio de festivo abrindo as súas tendas mañá e fechando o día de San Bieito.

Galicia Noticias, programa da TVG, reflectiu hoxe esta nova:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

http://www.agalega.info/videos/enlace/tvg120090709140415.asx

Nas redes sociais

Decembro 2018
L M M X V S D
« Dec    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.

RSS Praza Pública – Opinión

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Advertisements