A proposta de UGCH consiste en que tanto a súa peña como Chejar e Encher teñan un papel especial na inauguración desta edición da Festa. E é que Unha Grande Chea atópase no seu 25 aniversario e Chejar e Encher, con que están irmandados desde unha cea no 2008, cumpre 20 anos de idade.
O presidente de UGCH, Xaquín CHarlín (Chon), solicítalle ao alcalde a través da páxina web oficial que ambas deberían estar convidadas oficialmente á inauguración e ao corte de cintas.
Toda iniciativa que contribúa, coma esta, a facer do Albariño un evento máis cercano ao cidadán e menos ao Partido Popular, merece o apoio de todos e todas.
O Serán Ramón Cabanillas volta a celebrarse por terceiro ano consecutivo. Pola mañá terá lgar un torneo 3×3 de fútbol senior e base e pola tarde noite haberá música e bailes a cargo de grupos da comarca. O Serán está organizado polo Clube Xuventude Cambados de fútbol e a Asociación Unha Grande Chea.
Estes días celébrase o Entroido: que sexa un tempo divertido para tod@s. E ánimo aos estudantes que están aínda en época de exames!
Foto: Pavitrén de Unha Grande Chea hoxe pola mañá dirixíndose ao centro da vila.
Opina sobre este e os temas que queiras no novo foro de Cambados(tk)
A comparsa Unha Grande Chea fai público o seu tradicional e mítico Contra- Bando na alcaldía correspondente ao Entroido deste ano 2010. Trátase desta volta dun texto “perfectamente” trilingüe, segundo se di nel, porque o alcalde quere seguir as directrices “do seu amo” (en referencia ao polémico decreto dos idiomas no ensino.
Debido ao trilingüismo harmónico que o texto desprende, pódense ler nel traducións como One Big Full polo nome da comparsa, Toasted Palace e Palacio Achicharrado por Pazo Torrado ou o propio nome co que asina o alcalde Luís Aragunde, que tamén é Lois Aragunde na versión galega ou Lewis Aragunde na inglesa.
Ademais, o propio rexedor aparece no bando vestindo á vez un gorro inglés, unha falda española e tocando a gaita galega. Para que logo digan que o 33% de cada non é viábel!
Podes ler aquí o Contrabando de 2010, premendo na imaxe para amplialo:
Opina sobre este e os temas que queiras no novo foro de Cambados(tk)
De momento, a asociación cultural e deportiva máis activa do Concello, ten planeados dous eventos para celebrar o seu cuarto de século de vida.
Un é a exposición de fotografías que se inaugurará este venres ás 19.30 no Café Continental e que consta de máis de 60 imaxes (algunha tamén se poderá ver no Bar Silva).
E o outro é o concerto que se vai celebrar no mesmo lugar o venres 12 de Febreiro e no cal intervirán Almachino (Vilanova de Arousa), Manu Cho & La Domy Soundsystem (Aranjuez) e a propia Unha Grande Chea recordando os seus temas máis míticos.
Noraboa outra vez a UGCH por eses irrepetíbeis 25 anos de troula, e os que de seguro que quedan!
O Arzobispado deu o visto e prace á petición do Concello de Cambados de realizar unha serie de melloras na tumba do poeta da raza no panteón de Galegos Ilustres, a onde foi transladado desde o camposanto de Fefiñáns.
O goberno local considera de grande interese esculpir o epitafio que Ramón Cabanillas quería e do que xa dispoñía no seu lugar de descanso en Cambados. É unha frase extraída dun poema seu titulado Sono Dourado, que di así, Quero na lousa que me de sosego esta palabra que ten aas: poeta, e esta palabra que ten luz, galego.
A asociación Unha Grande Chea saúda o nova, xa que desde hai tres anos viñan reclamando este adecentamento, como recollen hoxe na súa web.
Tanto falar de Ramón Cabanillas, incluso de debates entre os políticos, e parece que o tema da creación da Fundación Ramón Cabanillas, que o propio académico Francisco Fernández Rei propuxera hai tres anos, está aparentemente esquecida. A idea lanzáraa F.F. Rei naquela homeaxe ao poeta que Unha Grande Chea realizou un 23 de Nadal de 2006 no Auditorio da Xuventude, e que quizas sentou as bases para o posterior desenvolvemento do Ano Cabanillas 2009.
Isto é que se pregunta a autora da biografía en imaxes do poeta da Raza, Maribel Iglesias Baldonedo, nunha entrada do seu blog na que expón unha pequena análise persoal do que foi este ano pasado adicado ao autor. Preme aquí para entrar no blog.
A comparsa, desde hai uns poucos anos convertida en Asociación Cultural e Deportiva, e que conta cunha páxina web como medio de comunicación moi lido entre os cambadeses, cumpre neste recén estreado 2010 25 anos desde que naceu.
De momento, xa teñen até planeado un gran evento que será un concerto no Café Continental no vindeiro mes de Febreiro, e no cal revivirán moitos dos temas que a comparsa creou durante a súa longa vida, os cales son bastante coñecidos incluso polas xeracións que apenas os escoitaron ou eran nenos daquela.
Por agora, darlle a noraboa a Unha Grande Chea e a todas as persoas que a crearon, a botaron a andar, e aínda hoxe siguen a dar guerra e facer rir a moita xente. Haberá máis información do que organicen neste ano de aniversario.
O presidente de Unha Grande Chea e portavoz no Salnés da plataforma Queremos Galego! en defensa da lingua, que organizou a histórica marcha do pasado 18 de Outubro e vai comezar a recoller sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de Galicia, escribe no xornal comarcal O Aturuxo sobre o tema lingüístico.
Xaquín Charlín (Chon) comeza abrindo o seu artigo coas verbas de Castelao: “Que diriamos se o Estado mandase derrubar ou Pórtico da Gloria?. Pois eu digo que o noso idioma e unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateos. Creouna o xenio inviolable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de motisimas xeneracións. Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte”.
E a partir de aí argumenta sobre as diferentes accións que está a levar adiante o goberno galego e que afectan á lingua que nos une a todos, facendo tamén fincapé na resposta que a cidadanía do país lle lanzou nas rúas de Compostela a Feijoó e no comportamento da CRTVG.
O próximo domingo día 25 de Outubro ás sete da tarde vai ter lugar a inauguración da exposición relacionada co 75 aniversario da construción do edificio da Juventud Católica. O autor deste traballo é o historiador cambadés Jacobo Domínguez, quen durante os últimos tempos estivo recopilando información sobre o edificio en forma de fotografías, testemuñas, documentos…
Ademais de dita exposición Jacobo tamén publicará un libro onde se recolle este, de seguro, magnífico traballo.
Nova recollida do blog de Unha Grande Chea.
Imaxe do equipo de futbol de Juventud Católica do ano 39. A institución foi a precursora, entre outras cousas dos equipos de fútbol e baloncesto, de aí os nomes de Club Xuventude e Xuven.