//
arquivo

Víctor Caamaño

This tag is associated with 134 posts

O BNG reúnese cos mozos o Sábado


Un lector infórmanos da convocatoria do Bloque “Toma un café co BNG”, mediante a cal Víctor Caamaño e Montse Prado pretenden entablar conversa coa mocidade de Cambados.

Será o sábado 6 ás cinco da tarde no Pub Brothers sito na praza de Alfredo Brañas.

A campaña do BNG a nivel nacional ten por lema “Para facerlles frente” e pretende aglutinar o voto nacionalista na súa formación.

O BNG denuncia un gasto de 3.700 euros en xantares durante tan só dez días


O BNG de Cambados vén de publicar unha nota no blog de Víctor Caamaño na cal dan a coñecer que as facturas relacionadas con xantares e outros eventos semellantes, suman 3.746€. Así se reflectía nas actas da correspondente Xunta de Goberno. O período é o comprendido entre o 28 de Maio e o 6 de Xuño, uns dez días. O BNG local non entra a “valorar se é moito ou pouco” pero déixao enriba de mesa a título informativo.

Charla de Francisco Jorquera (BNG) este xoves


Este xoves 20 de Setembro ás 20.30 horas no Salón de Peña en Cambados, o BNG celebra un acto político no cal participará o seu candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Francisco Jorquera. Ademais del, intervirán o voceiro municipal Víctor Caamaño e a candidata Montse Prado. O lema dos nacionalistas para esta precampaña é “En Bloque podemos!” e estase a centrar na defensa da soberanía e da xustiza social. Até agora o candidato está elixindo un formato desenfadado,  de pequenas xuntazas nos Concellos, para facer chegar a súa mensaxe e darse a coñecer.

Contas de 2011, saídas de tono, e xubilados con pensións de 100.000 euros. Pleno do 30 de Agosto


O pleno do mes de Agosto foi moito máis polémico do esperado. O alcalde amosouse algo nervioso durante o transcurso da sesión, e isto fixo que en máis dunha ocasión se enzarzara co voceiro do BNG logo de interrumpilo. No público membros das Xuventudes Socialistas, representantes sindicais da Policía Local (debatíase a eliminación da paga extra dos traballadores públicos) ou a deputada Rosa Oubiña. Preme en “Seguir Lendo” para ver toda a crónica, con vídeo e audios. Seguir lendo

A pobre democracia municipal


O pasado xoves asistín ao Pleno da Corporación de Cambados en calidade de oínte (pois todas as sesións do órgano representativo municipal son públicas). Non é primeiro pleno ao que acudo, nin será o último. A pesar de que foron moitos os que, antes da eleccións municipais, louvaron a Luís Aragunde polo seu “talante” diferente, eu non vin que tralo paso do tempo as actitudes dos edís e dos alcaldes do PP se diferencien demasiado.

Obviamente sempre hai cambios que se desprenden das personalidades de cada un; Cores Tourís foié, e atreveríame a dicir (oxalá me equivoque) que será un perfecto maleducado. Foino nos plenos pero tamén fóra deles, fomos moitos os que sufrimos a súa insolencia e o seu carácter sectario persoalmente. Aragunde prometíase diferente pero, ao fin e ao cabo, o sillón da Alcaldía e a maioría absoluta rematou por convertelo en algo semellante. Continuas interrupcións aos edís da oposición (resulta moi curioso que o volume do micro do alcalde, estea ademais, máis alto que todo o resto…), normalmente burlescas, faltas de respecto dos concelleiros do PP como saír a fumar no transcurso do debate, pasarse a sesión escribindo no móbil, aplaudir, rirse… Unha pequena mostra tentei reflectila no resumo do último pleno, nun vídeo no que se lle escoita ao alcalde respostar ao concelleiro do BNG: “non me jodas, Víctor” entre risas dos seus edís; ou cun audio dunha rastreira chamada de atención do alcalde ás “faltas de ortografía” dos escritos do Partido Socialista.

Fóra disto, a democracia municipal representada nos Plenos é ben pobre. Estas sesións, onde está representada a soberanía do pobo de Cambados, están limitadas en contidos. Primeiro, e isto é algo que eu descoñecía, porque entre os tres grupos só pode presentar catro mocións para o debate. O resto ha de ser presentado como preguntas ao goberno. Estas preguntas non dan lugar a debate, tan só son respostadas por Aragunde con escuetos “si”, “non”, “xa veremos”… E en moitas ocasións tamén bota man de “precisamos aínda documentación para poder responder”. Isto fai que temas como o do Pinal da Maza, que poderían ser constituíntes de irregularidades de tipo urbanístico que beneficiaron a un concelleiro do PP ou ao ex alcalde Tourís, leven desde Maio sen ser aclarados.

En Cambados, ademais, celébrase o mínimo de sesións de Pleno que marca a lei: tan só se celebra un cada dous meses. E o resto de temas, como se aproban? En Xunta de Goberno, algo así como o que sería o “Consello de ministros” a nivel Estado. Esas reunións, a diferenza dos plenos, non son de carácter público, é dicir, ti e mais eu non podemos acudir a elas. En teoría empregaríase para que o goberno local desenvolva o seu día a día executivo, pero na realidade cambadesa este órgano é empregado para evitar que temas espiñentos cheguen ao Pleno, onde están todos os concelleiros –tamén da oposición- , a prensa, e a cidadanía que queira acudir. Respecto ás Xuntas de Goberno, o Concello ten que enviar as actas do que alí se decide á oposición, pero aínda que a lei marca un prazo máximo de 10 días para isto, xa van varias veces que o retraso acumulado é de máis de catro meses. O Valedor do Pobo tivo que actuar en varias ocasións ante denuncias do BNG, xa que cun Pleno cada dous meses e sen actas de goberno, o labor da oposición perde toda a súa capacidade.

Eu levo anos mantendo que Cambados precisa un cambio. Un cambio tamén político, por suposto. A necesidade deste cambio non só vén dada por cuestións programáticas (cambio nas políticas de contratación, peonalización do casco histórico, saneamento da costa, mellora da situación económica, dos programas culturais -ou coolturais como lles chama Aragunde-, da Festa do Albariño…). O cambio ten que traer en primeiro lugar outra forma de actuar por parte do goberno local. Comecemos polas cuestións éticas para logo trocar as políticas. Máis transparencia, non só cumprir os prazos de entrega da documentación á oposición senón melloralos e poñer a disposición da cidadanía por medio da páxina web de cantidade de información; máis debate, dobrar polo menos a cantidade de sesións plenarias e aumentar se é posible as mocións a presentar; novas  formas, rematar con xestos que pouco teñen que ver coa democracia, con expresións burlonas e outras faltas de respecto.

Que a xestión do goberno local sexa positiva depende de moitos factores, pero cambiar as formas na política municipal só depende da vontade de cada quen.

Óscar Pardo Planas. Preme aquí para ver todos os seus artigos.

O BNG pregunta polo Xantar do Albariño


O voceiro do BNG presentou hoxe unha pregunta ao grupo de goberno para interesarse sobre o Xantar do Albariño deste ano. Víctor Caamaño quere saber a quen convidou o Concello a comer de balde, quen acudiu realmente, se acudiron acompañados e cal foi o motivo de tal convite. Os concelleiros do Bloque non asistiron outro ano máis a un Xantar que consideran totalmente sobredimensionado e que serve para que simpatizantes e cargos do PP coman de balde a conta dos contribuíntes, aos que lles reclaman “apretarse o cinto” e austeridade. Unhas 600 persoas si estiveron este ano segundo os medios de comunicación. Tamén aproveita o Bloque para solicitar as contas das Festas deste ano 2012. Podes ler aquí o escrito presentado por Caamaño.

O BNG reitera a ilegalidade das obras do Pinal de Maza cunha pegada de carteis


O grupo do BNG de Cambados deu unha rolda de prensa hoxe fronte á finca denominada Pinal de Maza para seguir denunciando o que consideran un atropelo legal. Lembrar que estas obras tiveron por fin talar unha superficie moi importante de arbolado para darlle ao chan uso vitivinícola. O problema é que o solo está catalogado como forestal, e segundo a lei estes movementos de terra estarían fóra da norma. Ademais o BNG probou que cando se comezaron as obras non existía licenza municipal. O caso é sangrante porque as dúas empresas implicadas pertencen a un concelleiro do PP de Cambados (Juan Ramiro Gómez) e á dona do delegado da Xunta en Pontevedra e ex alcalde, Cores Tourís. Seguir lendo

Máis mentiras: Hai fotos dos movementos de terra que Aragunde negou


O alcalde Luís Aragunde, a raíz do caso de Pinal de Maza, negara que houbera nesa parcela movementos de terras como afirmaba o voceiro do BNG. Lembrar que nesta polémica os nacionalistas denunciaban unha tala masiva e un movemento de terras sen licenza municipal, e con implicación dun concelleiro do PP de Cambados (Juan Ramiro Gómez) e da muller do delegado da Xunta Cores Tourís. Hoxe, o BNG aportou as probas que demostran que Luís Aragunde mentiu tamén neste caso. Ademais, os movementos de terra foron previos á concesión dunha licenza municipal, algo que incumpriría de xeito flagrante a Lei 9/2002 de Ordeación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (artigo 194). Seguir lendo

Luís Aragunde, cómodo coa mentira


Agora xa temos claro, todos os cambadeses e cambadesas, que a proposta para facer unha escultura a Manuel Fraga en Cambados é unha idea orixinal do PP. A verdade é que isto xa o supoñiamos  desde que o anuncio foi feito público. Tamén sabemos agora que Luís Aragunde minte con total facilidade e sen inmutarse o máis mínimo. Pode afirmarse, polo tanto, que é un digno representante, en Cambados, de Mariano Rajoi; ese presidente que non subirá os impostos, o que non pedirá o rescate a Europa, o que non subirá o IVE, o que non aplicará o copago dos medicamentos, o que non reducirá as partidas para sanidade e educación…Tampouco lle ten nada que envexar  a Núñez Feijoo; ese que ía solucionar o problema do paro en Galiza en 45 días. Parece ser que os cargos do PP están cortados polo mesmo patrón; o importante, para eles,  é manterse no posto aínda que para iso haxa que mentirlle á sociedade sen ningún pudor.

No pasado pleno escoitamos, incrédulos, como o alcalde de Cambados negaba, diante dos periodistas e das cámaras, afirmacións que fixera anteriormente a eses mesmos medios.  De feito puidemos coñecer, estes pasados días, o malestar dalgún medio de comunicación que tivo que demostrar, publicamente, que Luís Aragunde mentiu na última sesión plenaria ao negar cousas que publicara este medio con respecto a anteriores declaracións do alcalde.

Unha das principais estratexias políticas do PP consiste en tentar confundir ao cidadán, facéndolle crer que o concello é o PP son a mesma cousa. E para iso, en ocasións, chegan a extremos tales como o fixeron neste caso, pois  inicialmente tiñan pensado pagar a súa escultura con cartos do concello e das Administracións públicas. Pero ante as críticas do BNG e doutros sectores sociais recorreron, con total desprezo, ao sector do albariño para ocultar que o PP era o verdadeiro impulsor da  escultura. Actuaron con total desprezo cara ao sector do viño que lle cargaron o “pato” sen comelo nin bebelo. O pobo de Cambados non merece uns gobernantes como os do PP.

Tamén, no pasado pleno, tivemos a oportunidade de ver a un Luís Aragunde actuar coma un verdadeiro “hooligan”; facendo todo un alarde de saber estar e comportarse. Parece ser que este tipo de comportamento e a  futura colocación da estatua de Fraga no Pazo Torrado, auguran o que nos agardará no próximo xantar do albariño. Un xantar totalmente “pepero” e extremadamente “facha”. E mentres os gobernantes do PP están centrados en labores tan “interesantes” como construír unha estatua a Manuel Fraga, o paro segue a aumentar, os impostos seguen a subir, a protección social segue a baixar e as persoas máis necesitadas están a quedar desamparadas e esquecidas pola Administración.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

O PP vota a favor da estatua de Fraga nun pleno tenso [INCLÚE VÍDEOS]


O pleno do martes foi fóra do habitual. Non só pola data, xa que non foi no último xoves do mes senón en martes. E segundo porque se traía un tema a debate que suscitaba interese na cidadanía. Así quedou patente, tamén nas intervencións dos portavoces.

Un dos puntos do día era o debate da moción do BNG en contra da financiación e da colocación dunha estatua de Manuel Fraga en chan público de Cambados. O portavoz nacionalista, esgrimiu basicamente dous argumentos: un, o ideolóxico, Fraga foi parte dun rexime fascista do que nunca renegou e a súa xestión na democracia tampouco reúne o consenso da cidadanía: é unha figura partidista; o segundo, o económico, en tempos de crise non é de recibo que se invirtan eses cartos nunha escultura deste tipo. Preme en Ler Máis para continuar a ler a crónica e ver os vídeos do pleno. Seguir lendo

Nas redes sociais

Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.