//
arquivo

Xaquín Charlín

This tag is associated with 30 posts

Conto de Nadal (versión cambadesa)


(BASADO NA OBRA DO MESMO TITULO DE CHARLES  DICKENS)

Ao Alcalde de Cambados non lle gustaba o Nadal; o Nadal son festas familiares, festas íntimas onde el perdía todo o protagonismo que lle gusta ter; ao Alcalde de Cambados gustáballe mais a Festa do Albariño onde se podía sentir importante, retratarse ao carón do Presidente da Xunta ou do “famosete de turno” ou,por outro lado, a festa de San Roque, onde presidía a procesión, sentíndose mais presenciado que o propio santo. Ademais este Nadal estaba especialmente cabreado coa festa: os funcionarios municipais botábanlle en cara que non fixese nada porque cobrasen a paga extra de Nadal, cando  vían que en outros concellos (como no de Pontevedra, por exemplo ) os seus rexedores buscaban artificios pra podela abonar e non deixar aos seus traballadores sen tal paga tan merecidamente gañada; ademais (como lle argumentaban os propios traballadores e a oposición) se había un superávit  nas contas municipais de case 300.000 euros ¿por que non aproveitalo para ditas pagas?, de seguro que era o comercio local haberíao de agradecer.

“Quen se creen estes empleaduchos” (pensaba o Alcalde), “non se dan conta que ese é un superávit maquillado (como ben fixera ver a oposición), e,  ademais,  aínda que así fose tal decisión non dependía de min, as decisións importantes séguenas a tomar Tourís, eu só son un mandado, ademais os cartos sempre se poderían empregar en cousas mais importantes ….. para que carallo quererán eles unha  paga extra”, seguía cavilando o alcalde para intentar  xustificar tal actitude.  Faltaban so un par de días para o Nadal e xa estaba desexando que pasase

Aquela noite, o Alcalde estaba especialmente cansado, non porque houbese traballado arreo (nunca o facía), senón porque levaba durmindo mal un par de dias e mentres estaba a ver a televisión no sofá, quedou durmido; de repente unha voz estrañamente familiar espertouno: “Luís, esperta”, o Alcalde aínda medio durmido, abriu os ollos e, no medio dunha especie de néboa, no seu salón atopábase  ¡Xaquín Charlín “Chon” ataviado cunha especie de túnica como flotando no aire……..!

“¡Que fas aquí!  ¡é que  na miña propia casa non  me podes deixar en paz!” , de repente a presenza levantou o brazo e unha forza misteriosa tombou ao Alcalde no sofá, facendo que non se puidese mover.

“Cala, ¡ostias!, que non son quen ti crees, simplemente adoptei unha presenza humana que che resultase familiar, son o espírito de todos os nadais, veño a visitarte pra anunciarte que o longo de esta noite recibiras a visita de tres fantasmas, o Fantasma do Nadal Pasado, o Fantasma do Nadal Presente e o Fantasma do Nadal Futuro, quero que vexas co paso do tempo no que te convertiches e medites se vale a pena seguir así……”

De repente a presenza desapareceu e o Alcalde púidose reincorporar “vaia sono mais raro” pensou “ porque en vez do cabrón de Chon non podería soñar con Beyonce co que a min me gustan as mulatiñas……..”

Nese intre soou a porta da casa, e pensando quen podería ser a esas horas, abriu a porta e atopouse de fronte  ¡coa estatua de Fraga que cobrara vida¡, aterrado o Alcalde dou para atrás…..

“Boas noites Luís, son o Fantasma do Nadal Pasado e vamos a ver como eras antano…”; de repente Luís veuse transportado no tempo e co o Fantasma, empezou a ver etapas da súa vida, víase moito mais  novo (e delgado),  en outros nadais, como  o animador da festa; tamén o Luís deportista, facendo piragüismo e,  tamén,  presenciou a súa etapa no Instituto “Ramón  Cabanillas” encabezando as manifestacións, megáfono en man, contra o proxecto inicial do Concello de que a carreteira pasara pegada ó centro, berrando: “¡Tirado, fascista aquí non farás unha autopista!”

A Fantasma do Nadal Pasado mirouno co seu ollar de bronce (por algo era a estatua de Fraga) e espetoulle: “Que irónica é a vida, Luís,  tanto criticar ó alcalde de entonces e, o final, volvícheste igual ou peor que el, ¿que queda de aquel rapaz tan sano e nobre?” (Luís, non sabia onde meterse) “quizais, véndote, o Luís de agora semella que se tragou o Luís de entonces”.

Luís mirábase en todas as escenas do seu pasado como quen se esta a mirar nun espello, xente coa que se falaba e agora non se fala, xente que o apreciaba, e o vían como o bo rapaz que nese tempo era; a Fantasma fixo un xesto e díxolle: “temos que regresar” e de repente  apareceu no salón da súa casa; o Fantasma xa non estaba, quedou uns intres pensando no que había visto.

Novamente soou a porta e Luís apresurado foi a abrila e da impresión case cae de cu: ¡era Mariano Rajoy!, Luís non o podía crer e a duras penas balbuciu:

“Señor Presidente ¿que fai vostede aquí?”

“Luís,  son o fantasma do Nadal Presente, xa sei que me asemello ó Presidente do goberno pero e que, en moitos casos, el aínda é mais fantasma que eu, vamos a ver no quen te convertiches na actualidade”………

Novamente Luís sentiuse transportado e veuse en moitas esceas da actualidade:o dia que Tourís lle dixo que quería que fose o seu alcalde “de prestado”,  a súa actitude “chulesca” nos plenos ……. o pleno no que lle faltou ao ríspeto ó finado de Rafael Blanco co tema das supostas faltas de ortografía. Tamén amosoulle a situación na que estaban os seus funcionarios, os que tiñan as nóminas mais humildes e que esperaban a paga extra como auga de maio e as privacións que terían  este Nadal; a Luís caíaselle a cara de vergoña, o fantasma espetoulle: “pra os teus funcionarios  non tes cartos pero para invitar a moita xente o domingo do Albariño ó Parador ¿verdade que si?, xente que só se lembra de Cambados pra encher o bandullo ese dia ¿crees que iso é xusto? Luís non quixo ou non soubo que responder; o fantasma seguía a fusilalo con preguntas: “¿cres que ti es un bo gobernante?”, “¿sabes que no teu Concello hai xente que o está a pasar moi mal co tema da crise? ¿pensáchelo algunha vez?,  co que gastas ti ó ano  en dietas de comidas ¿sabes a canta xente poderías axudar? Sabes das deficiencias no colexio Magariños e no pavillón e, sen embargo, pra ti é mais importante levantarlle unha estatua a un fascista como Fraga, velo normal?   Cando quixo contestar, Luís estaba novamente no salón da súa casa,  a fantasma do Nadal Presente despediuse pero antes avisoulle de que recibiría a visita do último fantasma e que non se asustase pois a imaxe que había adoptado era a dun fantasma de verdade.

Luís quedou intrigado pensando como seria o Fantasma do Nadal Futuro e nese momento sonou a porta por terceira vez e topouse con: ¡Jose María Aznar!  efectivamente…… o home que dixo, poñendo os pes encima da mesa e diante de George Bush que era capaz de correr 10 kms. en 5 minutos e 20 segundos;o mesmo Aznar, que dixo que foi unha bendición pra España que el fose o seu presidente;  en definitiva, o home dos abdominais pétreos, dende logo, o Fantasma do Nadal Futuro non podería haber adoptado unha presenza mais …..fantasmal.

“Mire Uste” (díxolle  o fantasma) imos ver como será o teu Nadal do Futuro e por terceira vez o alcalde veuse transportado, aparecendo no seu despacho do Concello. Alí sentado no súa cadeira estaba un señor que non acababa de recoñecer, “¿que  é ese e que fai sentado no meu sitio” preguntoulle ao fantasma do Nadal Futuro; este respondeulle: “Luís, estamos no futuro,ti xa non es o alcalde de Cambados e ese que está sentado é o teu sucesor”, “coma ti, sóubolle   facer a pelota moi ben a Tourís, coma ti estivo o carón de Feijoo pra  darlle de man á mangueira cando este fixo  a comedia  de facer que apagaba un conato de incendio forestal”  “ese que está sentado é o actual chico dos recados de Tourís como ti fostes en tempos pasados”

Luís preguntoulle intrigado: “¿e que foi de min?, supoño que ascendín  politicamente ¿verdade?, o fantasma botou un sorriso malicioso e díxolle :”vámolo a ver”, e apareceron na lonxa de Tragove, alí estaba un Aragunde, claramente  mais avellado, no medio das sobastes de peixe e marisco.

“Pero ¿que pasou?”, preguntou Luís confuso “¿como volvín ao meu  antigo traballo?”.O fantasma respondeulle: “Cando deixaches de valerlle a Tourís, abandonouche coma un xoguete roto, xa no lle eras útil pra os seus intereses; así de claro e así de real”. ¿que esperabas? ¿ fidelidade por parte de Tourís? ¿non te dabas conta que te manexaba como manexa a outros moitos? Ti, Rosa Oubiña, e outros solo sodes pezas, peóns nun axedrez, deberías de haberte dado conta Luís; a parte de pasar a historia de Cambados como un dos peores alcaldes, tamén pasaras como o alcalde que nunca tivo nin a autoridade nin o valor de facerse respetar

“¡¡¡¡NOOOOONNNN¡¡¡¡¡”…………….

Luís espertou no sofá do seu salón sen saber se aquilo fora un pesadelo ou se había ocorrido realmente

Un final feliz seria que o Alcalde cambiase radicalmente, que abrira os ollos e que empezase a gobernar pra tódolos cambadeses e cambadesas, e non só pra os do seu partido; que respetase e que fixese aos seus concelleiros respetar á oposición nos plenos, que non enganase mais os seus veciños, que, en resumen,  mirase polas verdadeiras necesidades do pobo.

Pero pra todo iso fai falla ter o valor e os bemoles que ao noso alcalde lle falta e unha alma que aparenta haberlle vendido o diaño, aínda que o diaño teña a aparencia de Tourís.

Mentres tanto o gran prexudicado por tanta incompetencia segue a ser o pobo de Cambados.

QUERO FELICITAR O NADAL A TODOS E, ESPECIALMENTE, A QUENES ME DERON A POSIBILIDADE DE EXPRESAR A MIÑA OPINION  COMO SON XAQUIN CHARLIN “CHON” E OSCAR PARDO PLANAS, DOUS VALENTES QUE TEÑEN TODA A MIÑA ADMIRACION POR ENFRENTARSE O CACIQUISMO QUE OUTROS QUEREN IMPOÑER; A OSCAR DESEXARLLE SORTE NESA AVENTURA AMERICANA A PUNTO DE EMPEZAR E A TODOLOS CAMBADESES E CAMBADESAS OS MEUS MELLORES DESEXOS PRA ESTE ANO QUE ESTA A PUNTO DE COMENZAR.

¡¡¡¡¡FELICES FESTAS E FELIZ 2013 ¡¡¡¡¡¡

UN SAUDO  A TODOS

Ricardo Domínguez Rey. 

Víctor Caamaño: “Traballamos por un modelo de sociedade distinto”


Victor2Víctor Caamaño, a pesar de ter nacido en Noia, é cambadés, e aquí vive desde hai máis de corenta anos. Traballa como profesor no IES Francisco Asorey, na disciplina das ciencias naturais. A natureza é precisamente unha das súas paixóns, non en van é membro desde comezos dos noventa do Colectivo Ecoloxista do Salnés. Estas dúas ocupacións, ensino e natureza, levárono a participar na publicación de diverso material sobre o tema, destacando os magníficos libros da editorial A Nosa Terra. Tranquilo e cordial, dialogante, pero tamén firme nas súas conviccións. Foi candidato do BNG á alcaldía de Cambados en 2007 e 2011 e é o voceiro desta formación no noso Concello.

Que valoración do goberno fas deste ano e medio de lexislatura?
Estamos nunha crise moi forte, non só económica pero quizais o económico marca máis que outro tipo de cousas. Aínda que ás veces semella que todo isto está fóra da vida municipal, quero deixar claro que aquí neste ano e medio de lexislatura o goberno de Cambados o que fixo foi tratar de  trasladar esas políticas ao Concello, sexa con suba de impostos, sexa con privatización de determinados servizos, ou sexa simplemente aceptando o que che impoñen aínda que consideres que é inxusto. Por un lado, hai ese papel de sumisión ao que veña “de arriba”, e polo outro o papel de continuas meteduras de pata e postas en evidencia do alcalde que viña con outra imaxe e comprobamos que realmente no Partido Popular non importa quen sexa o alcalde; os modos e as formas son as mesmas. PREME EN “SEGUIR LENDO” PARA VER A ENTREVISTA COMPLETA Seguir lendo

Xaquín Charlín “Chon”, persoa non grata da Cultural


A Asociación Cultural e Deportiva de Cambados -A Cultural- vén de designar ao ex presidente de Unha Grande Chea e actual concelleiro, Xaquín Charlín, “persoa non grata”. Isto tradúcese nun veto explícito no acceso ás instalacións da asociación. Un edificio (na Rúa Nova coa Avenida de Galicia) que lembremos foi totalmente remozado recentemente coa aportación de case un millón de euros de cartos públicos a través da Deputación. A pesar desa inxección económica, a asociación segue a ter un carácter privado e tan só se asinou un escueto convenio entre o Concello e a Cultural para que o primeiro poida realizar alí actividades. Seguir lendo

Nin sociedade nin cultural


Tras a nova de que a “distinguida”  e  “moi nobre”  Sociedade Cultural de Cambados declarou “persona non grata”  a  Xaquín Charlín “Chon”, asáltanme varias dúbidas, a primeira e mais interesante: ¿poderá o pobre Xaquín  superar tal trauma? imaxino que dende que lle deron tal desafortunada misiva, haberá entrado nunha profunda crise existencial e persoal, preguntándose  que fará agora da súa vida sen poder formar parte de tan “elitista”  entidade,   seguro que, ao igual que o Club Siglo XXI,  Real Madrid, F. C. Barcelona ou o Liceu, hai unha longa lista de espera para poder ingresar como socio na mesma ¿non? , e, de seguro,  que sempre se atopa abarrotada e cun amplo cartel de actividades que fan honor ó seu nome.

Tamén teño as miñas dúbidas se é legal prohibirlle ó paso a un edificio público !ah! ¿que non é un edificio publico? Home!! Dígoo porque a súa derradeira reforma foi subvencionada, practicamente na súa totalidade,  con cartos públicos  como si da Casa Consistorial ou do pavillón de deportes  se tratase, polo tanto, deduzo, que  o seu uso debería de ser, tamén, público.

Móstrase, tamén, indignada tan insigne directiva de que se insinuase que alí se celebrou unha despedida de solteiro con “girls” incluídas, aínda que, se o mirades ben Luisiño, é un campo que non tedes explotado e que de seguro podería dar bos réditos, e, sen lugar a dúbidas, é  moito mais rentable que alugar o local para mitins electorais que, ó fin e ao cabo, soamente se  producen cada catro anos; mentres que rapaces que queiran despedir a súa  solteria, antes de pasar pola vicaria ou polo xulgado,   hainos, practicamente, cada sema ou ó sumo  cada quince días; polo aspecto moral non vos preocupedes lembrade que antigas sociedades culturais (¿pillades a metáfora linguistica?) como a grega ou a romana   tamén eran coñecidas polas súas bacanais celebracións, onde o alcohol, o divertimento e as mulleres en coiros eran parte de tales exaltacións humanas e nada divinas.

Aínda que ben visto estas celebracións non deixan de ter unha vertinte cultural, ¿acaso hai algo mais fermoso e,  a vez, mais representado na historia do arte como o desnudo feminino?  dende as deusas da fecundidade, nos albores da humanidade pasando polas esculturas da antiga Grecia ou pintores tan diversos como Rubens, Goya e Picasso destacaron  todo o arte que amosa o corpo da muller;  polo tanto non pensedes dende a directiva da Cultural que é un espectáculo vergoñento onde rapaces coas feromonas  en niveis estratosféricos van  a poñerse “palotes” ó ver mulleres en coiros. ¡non! queridos amigos, o que lograriades  con estes espectáculos é fomentar o arte e á cultura entre a mocidade (a parte de beneficiar ás maltreitas arcas da entidade). ¡que mellor forma de honrar o apelido de tan gran entidade!

Incluso dende o punto relixioso e ante o reparo moral que podería amosar algún directivo o, incluso, algún mozo que asistise a tal “manifestación cultural” , sempre pódese falar con Don José, para que expida algún tipo de bula eclesiástica ou salvaconducto espiritual temporal  dado o carácter pedagóxico e instrutivo  que se busca e que, en ningún senso, ten  porque  estar enfrontado  coa Fe.

Sei que sodes unha institución que “pretende fomentar a concordia entre os seus asociados a través da cultura  e o deporte” o cal sumado a que o Concello ten a debilidade de facer museos en canto currucho atopa : Museo do mar, museo do viño, Casa museo de Ramón Cabanillas etc. dende logo , os cambadeses somos os cidadáns do mundo con ratio cultural mais elevado.

Sin mais un cultural saudo a todos.

Ricardo Domínguez Rey. 

Os veciños de Vilariño asócianse contra a estación eléctrica


Un proxecto de estación eléctrica no lugar de Batuqueiro está a provocar un pequeno levantamento entre a veciñanza, que mesmo artellou xa unha asociación para organizarse fronte a esta proposta de Red Eléctrica. Sobre todo, denuncian falta de información sobre o tema, e aseguran que a estación tería unha potencia de 220.000 voltios e estaría ubicada a 200 metros das vivendas de 15 familias. Ademais, as liñas pasarían por riba das fincas. Eles entenden que unha infraestrutura como esta debería instalarse nun polígono industrial, e nunca no medio das casas. Seguir lendo

María Xosé Cacabelos reelixida como responsábel local do BNG


O BNG de Cambados vén de anunciar o resultado da Asemblea que celebrou esta fin de semana e que tiña como motivo principal a elección do novo Consello Local, o órgano da dirección. Só se presentou unha candidatura, encabezada pola concelleira Mª Xosé Cacabelos, que recibiu un respaldo total dos militantes presentes con ningún voto en contra. Seguir lendo

“A ti meu Cambados” publica información sobre as contas do Albariño


Resulta cando menos paradóxico que (aínda que como de costume) a comezos do mes de Nadal sigamos sen dispoñer de información desglosada e pública sobre as contas da festa do Albariño de 2011. E van catro meses. Até o de agora a maior parte de informacións chegan por medio da oposición ou neste caso, do blog A ti meu Cambados de Xaquín Charlín (tamén concelleiro) que a contagotas van filtrando a pouca información da que podemos dispoñer. Seguir lendo

A un gaiteiro


Afortunada ou desafortunadamente teño unha vida tranquila, coas súas vantaxes e cos seus inconvenientes, cos seus sobresaltos e coas pautas de tranquilidade que tamén hai, paseino ben, paseino mal, o traballo non mata , levo dentro do que cabe unha vida tranquila procurando darlle un benestar os meus fillos e sobre todo levarme ben coa miña muller que o fin e o cabo é hoxe por hoxe a razón do meu existir, pero este artigo precisamente non é para falar de min nin dos meus, senón dunha persoa a cal admiro, quero e que me fixo e fai gozar durante moitos segundos, minutos, horas, dias , meses e anos da miña vida, unha persoa que unha vez que a coñecín, a miña vida no eido espiritual e material e sobre todo musical tomou un rumbo distinto, aló polos principios do 90 e subidos a un palco diante do concello en diante de trinta ou corenta persoas, non había mais,  un dia de San Roque vin tocar a cinco gaiteiros , era un grupo que se facía chamar Treixadura un  nome ben raro para min posto que non son home de agro e que ven a significar algo así como “variedade de uva branca, en acios grandes e moi pechos, de bagos alongados, duros e moi doces.

Coa treixadura faise un viño excelente” hoxe xa non significa o mesmo,  hoxe significa “O mellor grupo de música tradicional da historia do noso pais: Galicia”. Un destes gaiteiros facíaseme coñecido pois viñera coa extinta comparsa Unha Grande Chea no Entroido, era a primeira vez que na comparsa soaba a gaita, para min un home de Triana,  este gaiteiro era o fillo de Roberto e Pitusa os  do supermercado “Gesteira”, co tempo esa rapaz foi calando nas nosas  vidas  e cando podía sempre saia con nos. Un día os irmáns Cores,  Salva e Xocas, propuxeron  formar dentro da comparsa un grupo de gaitas e alí empezamos,  eles, Ulloa, Montse,   e mais eu  en principio a coller clases dun  gaiteiro que  non sei como non se volveu tolo o probe home de aturarnos, porque de verdade como alumnos  eramos sempre un caos a maioría do tempo que estabamos nas clases  estabamos a falar en vez de practicar, pese a todo naceu para a carallada un grupo de gaitas que evidentemente cando estaba este gaiteiro soaban doutra forma, pero o fin o cabo despois de engadirse un bombeiro moi especial como Domin e o “teatral” Manolo Pillado,  fíxonos tocar, que era unha cousa bastante difícil, o “culmen” tivémolo no primeira Serán Ramón Cabanillas que chegamos actuar de “”teloneiros” precisamente dun grupo xa consagrado, como era “Treixadura”.

Que tempos tan marabillosos pasamos pero vivir do pasado é estar preso nun calabozo que construímos nos mesmos e este gaiteiro ten moito futuro. Haber aprendido a a “darlle pausazos” o tamboril o seu carón para min foi unha das cousas mais marabillosas, aparte obviamente das familiares, que me puideron pasar na miña vida.

É tal a miña admiración por el que non vexo na música mais ala de Treixadura seguramente é unha eiva  para os demais,  para min é pasar intres vivindo na gloria cando os escoito, ata unha vez díxome Manu Fariña “Chon hai música mais aló de Treixadura”. Unha vez o coñecín mais a fondo a este fenomenal gaiteiro a miña admiración por el medrou, a súa sinxeleza e a súa modestia adornaban a súa grandeza como persoa, é ben certo que ten o seu lado unha muller que ven a ser un complemento perfecto aparte de ser tamén unha gran experta músical, adornados por dous rapaces encantadores que semellan dous anxos baixados do ceo expresamente para tocar a gaita.

Un gaiteiro ademais que non puxo peros para comprometerse coa súa terra pois leva o nacionalismo no corazón. Maña cumpre 40 anos e aínda que algúns “ignorantes e feridos e duros, imbéciles e escuros” non saiban apreciar a súa calidade musical como mestre, para a maioría dos mortais este gaiteiro foi un regalo dos deuses celtas que deixaron caer o 29 de Agosto de 1971 neste marabilloso pobo de Cambados que el tamén sempre leva dentro da súa funda da gaita a onde vaia tocar.

Grazas amigo Xaquín por meternos nos nosos corazóns ese gaita que tantas veces nos fixo rir e tantas nos fixo chorar, grazas por formar parte da miña vida, grazas por facernos amar un pouco mais a nosa terra, grazas por abrirnos os ollos as nosas tradicións, grazas por agasallarnos a túa amizade e grazas por facernos a vida un pouco mais levadeira sobre todo nestes últimos anos, se a miña vida fora unha película ti sen dúbida algunha serias autor da música.

Adorna este Artigo un debuxo doutro gran artista Tomas Caula , outro mais de tantos e tantos admiradores que tes. Felicidades anticipadas Xaquín de corazón e deséxote que pases este día en paz amor e felicidade rodeado dos teus e dentro de moitos anos quizais  os meus netos ou bisnetos  vexan a estatua dun gaiteiro o lado da don Ramón Cabanillas e digan  con  orgullo “Ese gaiteiro foi amigo do meu avó”. Unha aperta amigo.

Xaquín Charlín. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguilo no seu blog, A ti meu Cambados

Festa de peche de campaña do BNG


Onte tivo lugar o seu acto central na de Peña. Un mitin ateigado de xente (máis de trescentas segundo La Voz de Arousa) que deixou relucir a un Víctor Caamaño espléndido, cómodo e cun discurso completo. E tamén a uns oradores novos, como Manuel Fariña e Almudena Castro, e outro non tan novo (como Chon), cos que cada frase que pronunciaron nos seus pequenos discursos se converteu automaticamente en aplausos na nave de Peña, con eles o mitin xa estaba feito.

E para este venres, a partires das once, o BNG ten planeada unha festa de peche de campaña. Será no Pub A Pera (Rúa Pontevedra) e haberá música de variados tipos, tanto tradicional como moderna (a cargo de Skalopendra). Víctor Caamaño fará unha pequena intervención xusto antes das 12, hora na que finaliza esta campaña electoral.

[E hoxe no mesmo Salón Peña terán o seu acto central o PSOE de Cambados ás 21 horas]

O BNG celebra mañá xoves o mitin central


Será a partires das 21 horas na nave de Peña. Intervirán no acto Montse Prado (secretaria de Organización do BNG), Bieito Lobeira (deputado no Parlamento Galego) e Víctor Caamaño (candidato á alcaldía de Cambados).

Ademais, presentarán o acto Almudena Castro, Manuel Fariña e  Xaquín Charlín (Chon), membros da candidatura. Participa tamén o gaiteiro e candidato do Bloque, Xaquín Xesteira.

O BNG anima a todos os cambadeses a asistir ao seu acto central, no que seguirán espallando as súas propostas para o vindeiro goberno municipal.

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.