//
arquivo

Xaquín Charlín

This tag is associated with 30 posts

O BNG propón un urbanismo racional baseado nun Plan Xeral de Ordenación a través dun novo vídeo


O Bloque Nacionalista Galego de Cambados vén de publicar un novo vídeo na súa canle de Youtube. Desta volta os nacionalistas presentan as liñas mestras do que ten que ser o urbanismo a partires do 22 de Maio. Fronte ao modelo de especulación e de improvisación que permitiu no goberno o Partido Popular, Víctor Caamaño propón humanizar as rúas do casco histórico, promovendo os usos peonís e limitando a velocidade dos vehículos no núcleo urbano.

Ao comezo do vídeo os candidatos Ernesto Falcón e Xaquín Charlín (Chon) contrapoñen o modelo do BNG co destes anos, exemplificado na falla de aparcamento, na obsesión por unha praia ou na especulación cos terreos da Mercede. O urbanismo, di Víctor Caamaño ao final do vídeo, ten que estar planificado e para iso o BNG propón un Plan Xeral de Ordenación Municipal para que Cambados teña futuro urbanisticamente.

UGCH "desvela" o primeiro tramo da lista do PP


Na páxina web de Unha Grande Chea publican hoxe, 28 de Decembro, o primeiro tramo da candidatura municipal do Partido Popular de Cambados. Din desde a asociación que o partido do goberno celouse do anuncio que fixo esta semana o BNG e decidiu publicar os nomes destas seis inocentes fichaxes.

Ocuparía o primeiro posto, como cabía agardar, o alcalde Luís Aragunde, e o resto da lista serían sorpresas inesperadas. O segundo de abordo, e nunca mellor dito, sería o patrón maior Benito González, que como recordan en UGCH ten unha importante traxectoria desde concorrer polo Bloque hai anos até a situación actual. O número tres sería o membro da citada Asociación Domínguez, que se situaría nese posto para equilbrar a presenza do Presidente, Xaquín Charlín, na lista nacionalista. De seguido iría Pepe Daporta, que fora nas listas do PSOE, Olga Costa (non vaia ser que lle toque novamente a lotería e se lle ocorra desta vez donalos cartos a PP para sufragar os gastos da campaña) e de sexta a “desterrada” Anabel Carro, a única ademais de Aragunde en repetir nunha candidatura do PP.

Estaríamos agora á espera de que fontes do partido conservador ratifiquen a lista. Máis información en Unha Grande Chea.

Víctor Caamaño presenta a "verdadeira alternativa ao goberno do Partido Popular"


Hoxe á tarde tivo lugar na sede do BNG a presentación dos seis primeiros postos da candidatura do Bloque Nacionalista Galego de Cambados para as eleccións de Maio de 2011.

Víctor Caamaño, portavoz da formación e anterior candidato, repetirá como alcaldábel e farao acompañado da tamén concelleira e responsábel local do BNG María Xosé Cacabelos. Como número tres aparece o presidente de Unha Grande Chea, Xaquín Charlín (Chon) e como 4 Ernesto Falcón. Os seguintes postos son para Teresa Prado Cores e Josefina Cores Oubiña (podes ler máis adiante un pequeno resumo biográfico dos candidatos).

Caamaño salientou que esta non é unha lista “para saír do paso, nin moito menos”, senón que é unha candidatura de ascenso electoral. Un equipo preparado para rematar cun goberno Popular con “aires antidemocráticos” e baseado na axuda aos seus e en principios electoralistas.

O candidato a alcalde polo Bloque destacou que o traballo deste partido foi regular durante os catro anos de lexislatura.

Un dos eixos de goberno que levará o BNG ás eleccións de Maio é a da aposta pola mocidade deste Concello, xunto coa de que o Goberno Local sexa un axente dinamizador da economía.

Caamaño admitiu que un Concello non pode condicionar en moita medida os indicadores economicos, pero si, dixo, sanear os bancos marisqueiros para beneficio dos traballadores do mar (en clara referencia á polémica do Saco de Fefiñáns destas semanas), ou apostar por un Polígono Industrial non especulativo, a diferenza das políticas dos conservadores. Tamén prometeu apoiar de verdade ao comercio local e non limitarse a “facer catro rifas no Nadal”, por exemplo amosándose en contra da área comercial de Vilanova que os comerciantes da comarca rexeitan de plano. Ou poñéndose do lado das traballadoras en casos como o de Alfageme.

En resumo, Víctor Caamaño amosouse ante a prensa ilusionado e convencido de que o BNG é a única alternativa en contraposición ao goberno do Partido Popular.

Tanto Caamaño como o responsábel comarcal (terceiro pola esquerda na foto) comunicáronlle á prensa que serán informados conforme vaian publicando os nomes que faltan por saber da candidatura (once postos máis e suplentes).

OS CANDIDATOS – CURRÍCULO

Víctor Caamaño Rivas. Veciño de Cambados, traballa no ensino secundario (IES Asorey, onde foi director e xefe de estudos). É concelleiro e voceiro do BNG nesta lexislatura. É a súa segunda vez como candidato.
Milita en grupos ecoloxistas, foi vicepresidente do Colectivo Ecoloxista do Salnés e é autor de diferentes publicacións no ámbito da educación e da divulgación da ecoloxía e da natureza.

María Xosé Cacabelos. Veciña de San Tomé. Tralla como mariscadora (vicepresidenta da Asociación de mariscadoras a pé) e é fundadora e presidenta da asociación Guimatur. É responsábel local do BNG e concelleira.

Xaquín Charlín González (Chon). Veciño de Fefiñáns. É funcionario xudicial e Delegado da CIG Xustiza. Voceiro da plataforma Queremos Galego no Salnés, directivo do CJ Cambados, membro do Consello Escolar do IES Cabanillas, colaborador da Escola Municipal de Teatro e presidente da asociación Unha Grande Chea. Foi membro da Compañía Caracol de teatro e directivo fundador do Xuven.

Ernesto Falcón Padín. Administrativo de profesión vencellado ao sector da construción. Foi vicepresidente da Sociedade Cultural e vinculado ao mundo do ciclismo. Foi vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo e desde o ano 1992 directivo da Federación Española de Ciclismo.

Teresa Prado Cores. Veciña de Oubiña. Milita desde hai máis de vinte anos no Bloque Nacionalista Galego e actualmente é vicerresponsábel local. Colaboradora de diversas asociacións na parroquia, actualmente directiva na Asociación de Veciños de Oubiña.

Josefina Cores Oubiña. Veciña de Vilariño. Traballa como Directora Comercial dunha compañía de seguros. Colabora en diferentes labores asociativos, é secretaria da Asociación de Veciños de Santa María de Besomaño e da Asociación Músico-Cultural de Ribadumia.

Podes opinar sobre este e outros temas no libro de visitas de CTK

Quen son realmente os animais? artigo de Xaquín Charlín "Chon"


O luns pasado tiña lugar en Cambados un incidente desagradable ainda que non inesperado. Unha señora que tranquilamente paseaba  preto das inmediacións da Torre de San Sadurniño en Santo Tome-Cambados, foi brutalmente atacada por dous cans da raza bóxer que andaban soltos pola rúa. A actuación das maricasdoras que se atopan traballando no Sarrido salvoulle a vida así como a actuación dun vixiante da confraría.

Esto é resumido o feito en si, pero é convinte analizar o porque e as consecuencias do mesmo. Primeiramente parece ser e así está datada pola Protectora de Animais de Cambados, que non é a primeira vez que estes cans atacan a xente, concretamente noutro ocasión tamén atacarón a uns nenos sen que resultaran lesionados, primeira imprudencia por parte dos seus donos deixar a dous animais considerados perigosos soltos e sen boceira, imprudencia de carácter grave que nesta ocasión tivo consecuencias gravísimas sobre todo a pobre señora que tivo que ser internada no Hospital do Salnés.Despois a seguinte imprudencia grave por parte dos seus donos é ter uns cans considerados de raza perigosa e o parecer sen asegurar, e a terceira imprudencia é ter os cans soltos e nos estar nas inmediacións ou xunto os mesmos.

Preguntámonos, Quen son os encargados neste caso de se cumpla a legalidade vixente?, coidamos que a Policia Local de Cambados neste caso   debe ser a encargada de que se cumpra a normativa legal que existe neste Concello con respecto os cans perigosos. Foron multados os donos na primeira agresión? Serán multados os donos nesta segunda agresión? Son dúas preguntas que deixamos no aire, sen prexuizo das accións  xudicias que poida tomar a señora contra dos donos dos cans.

O que si está claro e que hai unha persoa desgraciadamente prexudicada cunhas lesións que poideron ocasionarlle a morte además do trauma psicolóxico que se lle pode ocasionar a esta muller. Se non estiveran alí as mariscadores que houbera pasado?. O que tamén está claro é que a Policía Local de Cambados ten que tomar cartas urxentemente no asunto, porque neste pobo os donos dos cans campan ás súas anchas.

A modo de exemplo o outro día viña un señor cun dogo argentino, raza sumamamente perigosa, atado pero sen boceira, eu chameille a atención  e díxome que era unha cousa que non lle incumbía, díxenlle que como seguira con el así pola rúa iba a chamar a Policía Local. Outro exemplo é que un amigo meu non é a primeira , nin a segunda, nin a terceira vez que é agredido por uns cans propiedade dunha señora na zona dos Caeiros cando ía a traballar, e así podiamos contar centos de exemplos.

Estamos fartos destas actitudes e que os donos sempre nos digan “Os cans non morden”, os cans son animais  e claro que morden se non se teñen nas debidas condicións  que sinala a lei e senón son coidados debidamente. A todo esto sen entrar nas innumerables defecacións caninas que atopamos se damos unha simple andaina polo paseo marítimo de Cambados. Os donos son ou deben ser responsables dos seus cans, senón que non os merquen, e a Policía Local debe poñerse máis “ao loro” a hora de facer cumprir a normativa vixente, e que non tomen os axentes como unha crítica senón mais ben como un recordo.

Xaquín Charlín “Chon” é presidente da Asociación Unha Grande Chea. O artigo foi tomado prestado da súa web.

Unha Grande Chea fai unha proposta para a inauguración do Albariño 2010


A proposta de UGCH consiste en que tanto a súa peña como Chejar e Encher teñan un papel especial na inauguración desta edición da Festa. E é que Unha Grande Chea atópase no seu 25 aniversario e Chejar e Encher, con que están irmandados desde unha cea no 2008, cumpre 20 anos de idade.

O presidente de UGCH, Xaquín CHarlín (Chon), solicítalle ao alcalde a través da páxina web oficial que ambas deberían estar convidadas oficialmente á inauguración e ao corte de cintas.

Toda iniciativa que contribúa, coma esta, a facer do Albariño un evento máis cercano ao cidadán e menos ao Partido Popular, merece o apoio de todos e todas.

Le aquí o email que UGCH enviou a Luís Aragunde.

Resposta de Luís Aragunde a Chon


O alcalde de Cambados, Luís Aragunde, respostou á misiva do presidente de Unha Grande Chea, Xaquín Charlín. A continuación reprodúcese de xeito íntegro a carta do rexedor:

Cando se din verdades a medias ou se dan informacións sesgadas, ainda que non se faga intencionadamente, córrese o risco de  terxiversar a realidade. Algo así semella terlle ocurrido ó señor Chon, de Unha Grande Chea, cando remite unha carta pública á Prensa na que omite datos fundamentais da súa recente entrevista comigo.

Tal e como se plantea neste escrito, pódese interpretar que o alcalde non quere colaborar con esta asociación cambadesa. Pero a realidade é que ofrecinlle aos representates de UGCh a sala situada no baixo do pazo de Torrado, onde recentemente se celebraron exposicións como a fotobiografía da editorial Galaxia sobre Ramón Cabanillas ou a da Consellería de Traballo sobre a Muller Traballadora, alomenos tan importantes como a de UGCh.  Na mesma xuntanza, díxenlle que se podería estudar outro lugar e quedaron de contestar pero non o fixeron.

Si é certo que nesa entrevista eu  lle indiquei que a sala de exposicións principal de Torrado estaba ocupada, porque xa acordara con Marta Lucio, técnico de Cultura da Deputación, que íamos instalar alí unha mostra de pintura durante a semana do Entroido que, finalmente, tivo que aprazarse por problemas técnicos. Unha vez solucionadas estas cuestións, vaise realizar a exposición prevista nas vindeiras datas e, polo tanto, quero deixar claro que eu non faltei a verdade e quen debería rectificar, en todo caso, sería o señor Chon.

Como lle  dixen ó presidente de UGCh cando veu a darme os parabéns, o dia da miña investidura, eu son alcalde de todos os cambadeses, tanto dos que me votan como dos que non o fan. Por eso vou seguir traballando por mellorar Cambados e agardando que, incluso Chon, poida chegar a votarme algún dia.

Non me parece ben nin mal o seu escrito, porque eu respeto todas as opinións, sexan coincidentes ou discrepantes, o que non pode gustarme, obviamente, é que este señor me tache de mentiroso cando non é así.

Eu convidei e sigo convidando a todos os cambadeses a solicitar as salas para organizar exposicións, igual que utilizan todos os centros socioculturais para seu uso e disfrute. Porén, creo que non debe ser a vontade do alcalde quen decida sobre estas cuestións e, en consecuencia, axiña vaise crear unha comisión técnica que avalíe cales serán as exposicións que se levarán a cabo no pazo de Torrado e en cada unha das salas municipais.

Saúdos e ata cando vostede queira.

Luis Aragunde Aragunde

Alcalde de Cambados

Carta aberta de Xaquín Charlín ao alcalde Luís Aragunde


O presidente da Asociación Unha Grande Chea, Xaquín Charlín (Chon) vén de publicar unha carta aberta dirixida ao alcalde da nosa vila, Luís Aragunde. Nela acusa ao rexedor de mentirlle aos responsábeis da asociación e de negarlles un espazo público para realizar unha exposición. A continuación ofrécese a carta íntegra.

Como coido que todos sabedes este ano ten lugar o 25 aniversario da A.C.D. Unha Grande Chea, e como tal fixemos no Entroido unha exposición e un concerto, cun éxito rotundo nas dúas cousas, grazas infinitas o Café Continental por cedernos o seu local para ámbolos dous eventos.

Pero esta carta aberta non é para contar nada diso senón para dicir que temos un alcalde que falta a verdade (por dicilo dun feito moi suave), e explícome: A principios de xaneiro deste ano fomos falar co “noso” alcalde Luis Aragunde  quen recibiu a delegación de U.G.CH no seu despacho  con seu aspecto “orondo” e “bonachón”, para solicitarllo o Pazo de Torrado para a celebración dunha ambiciosa exposición, expuxemos o noso proxecto, é dicir que iamos facer una exposición de fotográfica, das letras,  de vestiario e de outros artefactos que por razón de espazo no Continental non podemos facer.

Luis ,como fai sempre, recibiunos moi amablemente (nunca di que non a nada “táctica Tourisiana”), pero cando lle pedimos o Pazo de Torrado para celebrar a exposición nos mesmos días en que estivo no Café Continental, é dicir dende o 5 o 21 de febreiro,  borrou o seu sorriso da súa face e sen consultar ningunha clase de axenda nin a ningún funcionario contestounos textualmente “SINTO MOITO PERO NON PODE SER PORQUE NESAS DATAS ESTÁ OCUPADO”, sabíamos dende ese momento que o “noso” Alcalde estaba  mentindo descaradamente, pero non podíamos dicilo nin probalo, mentres obviamente non transcorreran tales datas.

O tempo soe ser a testemuña inaprazable que da e quita razóns, e efectivamente transcorridas esas datas a Sala de Exposicións do Pazo de Torrado leva pechada dende o 9 de xaneiro ata hoxe. Estiven presente precisamente na derradeira inauguración que houbo no Pazo de Torrado que non foi outra que “Nove olladas do Salnés”, na cal o propio Luis dicía “esta pazo é de todos os cambadeses e temos que enchelo de contido, así que invito a todos a promover exposicións e actos neste espazo”.

Pois ben Luis uns cambadeses, que o mellor a ti non che “enconan”, quixeron  facer una exposición e ti negácheste tendo ademais o Pazo pechado, e non é precisamente o peor que no lo negarás, está asociación xa está acostumada que dende o concello se lle negue case todo, senón que FALTARAS A VERDADE OS TEUS CIDADÁNS que o fin o cabo colaboran cos seus impostos para que ti poidas cobrar a fin de mes, porque lembrámosche que non es o Alcalde só dos que te votan, ti Luis es o Alcalde de todos os cambadeses e dentro das túas posibilidades estás o servizo dos mesmos.

¿Por qué nos negaches que a exposición se celebrara no Pazo de Torrado?, a este pregunta Luis só podes contestar ti , o problema e que non tes argumentos para facelo sopena de que queiras volver a mentir.  É deleznable mentir, pero cando o fai un político que está o servizo dos seus cidadáns esa mentira e moito mais desprezable sobre todo si se fai como fixeches ti Luis con premeditación e aleivosía. Todos coñeciamos o teu antecesor, unha persoa teimuda, intransexible  coa xente que non era da súa cor política e polo contra moi “permisivo” cos “seus” . Luis canto tomaches posesión como Alcalde, dinche os parabéns e non vou expoñer aquí a túa contestación porque queda na esfera do privado, pero a verdade é que me defraudaches non esperaba de ti esta actitude.

Tes unha oportunidade de ouro de congraciarte con nos e de recoñecer a nosa labor para o pobo de Cambados durante estes vintecinco anos, e unha boa ocasión pode ser a Festa do Albariño 2010. Luis  non sei si vas tomar este ben ou mal, si o tomas ben é que sabes recoñecer os teus erros, si o tomas mal é que non sabes recibir as críticas,  o que si che podo dicir é que che vai no soldo.

XAQUIN CHARLIN GONZALEZ “CHON”

PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA

Xaquín Charlín resposta a Pedro Sanmiguel


aturuxoXaquín Charlín “Chon”, presidente da asociación Unha Grande Chea, voceiro comarcal de Queremos Galego! e colaborador do xornal O Aturuxo, publica esta semana nese medio un artigo no que dá a réplica ao que escribía hai un par de semanas o voceiro de feito da asociación Galicia Bilingüe, Pedro Sanmiguel, no cal chamaba ditadores ao BNG e á Mesa pola normalización, ademais de criticar ao propio Chon e á plataforma convocante da manifestación do pasado outubro.

Podes ler a resposta de Xaquín Charlín premendo neste enlace.

Pedro Sanmiguel (PP, Galicia Bilingüe) quéixase polos calificativos de Chon á asociacion GB pero chama "dictadores" ao BNG e á Mesa pola Normalización


aturuxoNun artigo recén publicado no xornal comarcal O Aturuxo, Pedro Sanmiguel (Galicia Bilingüe e concorreu nas últimas municipais na lista do Partido Popular) quéixase de que Xaquín Charlín (Chon) califica a Galicia Bilingüe como “grupo da dereita máis rancia” ou  “pijos malcriados” pero comeza o seu artigo coas seguintes verbas: “Sobre la plataforma Queremos Galego: Bajo esta denominación (…) se esconden los mismos dictadores de siempre: A Mesa pola Normalización Lingüística, el BNG…”

Sanmiguel fai no seu texto unha mistura total de conceptos e de feitos, querendo relacionar á plataforma Queremos Galegos con actos terroristas, cando el ben sabe que a manifestación do 18 de Outubro non só foi a maior da historia, senón que foi unha expresión totalmente democrática e foi unha manifestación de amor pola nosa lingua e en contra de ningunha outra, ao contrario que aquela a que el asistira convocada por GB e que, ademais de ser un fracaso en número de persoas tamén fixo historia, por número de manifestantes traidos de fóra do país e  por fomentar o odio hacia o noso.

Fala no seu artigo tamén d’A Mesa pola Normalización Lingüística, e parece escandalizado porque reciba subvencións públicas! Debería saber o señor Sanmiguel que A Mesa é a maior asociación cultural de Galiza, e como tal ten dereito a esas axudas. É máis, durante os gobernos de Fraga Iribarne os tribunais déronlle a razón a esta asociación porque non estaba a percibir o que lle correpondía. Pola contra, Sanmiguel (gran preocupado polas inxustizas deste mundo) non di nada de todos os miles de euros que recibe, por exemplo, La Voz de Galicia en concepto de normalización lingüística e que obvia por completo o uso desta lingua nas súas páxinas. Iso, que a todos lles debería parecer unha inxustiza,  non interesa. Tampouco di nada de que a Deputación de Pontevedra pagou 50.000 euros por unha actividade de dous días organizada por Galicia Bilingüe e á que acudiron ponentes como membros da Fundación FAES…etc etc

Pedro Sanmiguel, por favor, non sexa tan demagogo, e sobre todo (e falo a título individual, pero seguro que comparto isto con moitos simpatizantes tanto do BNG como da Mesa) ninguén, e menos vostede, que parece que ten o galego no seu punto de mira e gusta de fomentar o odio hacia el, vai chamarme dictador a min. Non llo consinto.

Chon escribe no Aturuxo: Queremos Galego!


chon2

O presidente de Unha Grande Chea e portavoz no Salnés da plataforma Queremos Galego! en defensa da lingua, que organizou a histórica marcha do pasado 18 de Outubro e vai comezar a recoller sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de Galicia, escribe no xornal comarcal O Aturuxo sobre o tema lingüístico.

Xaquín Charlín (Chon) comeza abrindo o seu artigo coas verbas de Castelao: “Que diriamos se o Estado mandase derrubar ou Pórtico da Gloria?. Pois eu digo que o noso idioma e unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateos. Creouna o xenio inviolable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de motisimas xeneracións. Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte”.

E a partir de aí argumenta sobre as diferentes accións que está a levar adiante o goberno galego e que afectan á lingua que nos une a todos, facendo tamén fincapé na resposta que a cidadanía do país lle lanzou nas rúas de Compostela a Feijoó e no comportamento da CRTVG.

Non deixes de lelo no Aturxo premendo neste enlace.

Imaxe extraída de La Voz de Arousa.

Nas redes sociais

Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.