//
arquivo

Xaquín Charlín

This tag is associated with 30 posts

O II Serán Ramón Cabanillas foi todo un éxito


seranii3

Así o contan os propios organizadores na web de Unha Grande Chea (de onde se tomou esta foto prestada) e na páxina do Club Xuventude Cambados, onde relatan que houbo unha boa afluencia de público e de participación.

No evento propiamente musical participaron uns dez colectivos culturais do Concello e dos arredores, contando coa colaboración do mestre da gaita Xaquín Xesteira. Na web do Club Xuventude pódese consultar a clasificación do torneo de fútbol 3×3 que tamén se encadraba como actividade neste Serán.

Noraboa aos organizadores por un éxito, que calquera que pasara polo Pazo de Torrado o sábado (aínda que fora por uns instantes) puido comprobar en persoa.

Chon fai a súa análise electoral no xornal O Aturuxo


aturuxo

Xaquín Charlín (Chon) reflexiona hoxe desde o Aturuxo sobre as eleccións europeas que vimos de celebrar o pasado domingo. Na súa análise repasa en primeira instancia os datos numéricos: as ganacias e as perdas de cada forza política na comarca e no país, e por último publica a súa opinión persoal sobre os malos resultados colleitados o domingo nas filas do BNG, particularmente de Cambados.

Para Chon os dirixentes nacionalistas están a realizar un bo traballo pero existe unha mala comunicación co electorado, ademais critica tanto que se exclúa a parte da militancia dos órganos de dirección como que haxa quen se “auto exclúa”.  Fai un chamamento á mocidade de esquerdas para que arrimemos o ombro e non só vexamos “o touro desde a barreira”.

Ademais, o Aturuxo publica hoxe un artigo de Óscar Pardo Planas no cal se critica a medida de enviar cuestionarios aos pais para que, supostamente, decidan a lingua na que estudarán os seus fillos. Titúlase Caparuchiña galega e o lobo.

A incomodidade de formar parte dunha mesa electoral


aturuxo1

O presidente de Unha Grande Chea, Xaquín Charlín (Chon), falou no seu artigo do xornal comarcal Aturuxo dos problemas que lle presentan aos cidadáns o ser elixidos parte dunha mesa electoral e os diversos motivos que poden presentarse como alegación para non acudir.

Ao final no texto propón abrir un prazo antes dunhas eleccións para que se presenten voluntarios e intentar cubrir os postos con eles, e senón se consegue, tirar das listas do paro aumentando a remuneración polo día de traballo.

Remata tamén contemplando  a posibilidade de que os máis críticos suxiran que esta opción podería ser aproveitada polos partidos para incluir aos seus simpatizantes nas mesas pero desbota tal posiblidade pola existencia dos interventores.

Eu inclúome neste grupo de “críticos” xa que considero que este,  aínda que moi incómodo, é un bo sistema para que se garanta a igualdade e a limpeza na votación. O que non debera suceder é o que lles acontece a algúns cidadáns que vén como o suposto sorteo sempre recae nos mesmos afortunados.

Tamén se propón a miúdo que sexan funcionarios quen formen as mesas electorais, pero repito, eu penso que o actual sistema é o único que non presenta ningunha clase de puntos escuros ou dúbidas (aparte da obriga que supón para os elixidos).

Unha cousa son os interventores, que como ben di Chon están aí representando a cadanseu partido e fiscalizando o proceso,  e outra moi diferente son os membros da mesa que son os que manexan os documentos oficiais, a orde nas instalacións e as propias papeletas. Para min, o feito de que eles sexan cidadáns de a pé escollidos por sorteo, meréceme moita máis confianza que calquera outro sistema que pode chegar a viciarse rapidamente. Iso si, que che toque é un incordio.

Grazas a Chon por introducir un novo debate na rede e, sen que sirva de precendente, hoxe lévolle a contraria.

Xaquín Charlín (Chon) tamén fala de Cores Tourís no Aturuxo


aturuxo

O presidente de Unha Grande Chea, Xaquín Charlín -e máis coñecido como Chon- fala na súa columna semanal no xornal Aturuxo do relevo no concello de Cambados.  Chon, repasa por riba a xestión que levou a cabo o xa ex alcalde de Cambados,  José Manuel Cores Tourís,e deséxalle a Luís Aragunde que faga algo que, na súa opinión, obviou o primeiro: “ser o alcalde de tódolos cambadeses”. Podedes ler o artigo premendo nesta ligazón.

Xa podes escoitar a "Liorta" entre Xaquín Charlín e Pedro San Miguel sobre a lingua


Hoxe, ao pasar as doce do mediodía, Radio Líder repetiu o debate que enfrontaba a semana pasada ao presidente de Unha Grande Chea e voceiro da CIG-Xustiza Xaquín Charlín (Chon) e ao voceiro de Galicia Bilingüe e membro da lista do Partido Popular en Cambados Pedro San Miguel.

Desde aquí ofrécese o debate en formato dixital para que poidades escoitalo e xulgar por vós mesmos, e deixedes logo a vosa opinión sobre o tema.

http://www.goear.com/files/external.swf?file=f315d6f

Chon de Unha Grande Chea e Pedro San Miguel de Galicia Bilingüe debatirán mañá


Finalmente, tal e como se rumoreaba, haberá debate a dúas bandas sobre o tema lingüístico entre o presidente de Unha Grande Chea, Xaquín Charlín (Chon) e Pedro Francisco San Miguel, representante de Galicia Bilingüe en Cambados.

O encontro producirase a través das ondas en Radio Líder, no dial 107.9 da FM, mañá xoves ás doce e dez do mediodía. O programa repetirase o venres 20 co mesmo horario. Para non perdelo.

A envexa san de Chon


O xornal semanal gratuito da nosa comarca, Aturuxo, vén de publicar nas súas follas un novo artigo do presidente da Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea. Nel, Xaquín Charlín (Chon), láiase do declive que sufriu nos últimos anos a festa do Entroido en Cambados, e compárao coa situación que se vive noutros Concellos da comarca. Podes ler o artigo na páxina web do Aturuxo, premendo aquí.

UGCH versus Galicia Bilingüe


O xornal gratuíto do Salnés -Aturuxo- recolle na súa edición dixital un artigo escrito por Pedro Francisco San Miguel, membro de Galicia Bilingüe e candidato nas municipais polo Partido Popular, no cal dá resposta ás manifestacións que facía ao seu respecto Xaquín Charlín, presidente de Unha Grande Chea, no mesmo xornal o mes pasado. Nese artigo, Chon falaba da precaria situación do galego na Xustiza e relacionaba á asociación Galicia Bilingüe co Partido Popular, engadindo que o seu máximo valedor en Cambados é o señor San Miguel, número 17 na lista conservadora. Ademais declaraba que Galicia Bilingüe é sinxelamente unha asociación contra o galego.  O interesante do asunto é que o texto de San Miguel remata pedíndolle ao presidente de Unha Grande Chea a celebración dun debate público no medio que el queira. Neste tempo no que os debates están de moda…veremos a Chon enfrontarse aos suposto “bilingüistas” cara a cara?

Aniversario de unhagrandechea.org.es


Como sinalan desde a súa páxina web, unhagrandechea.org.es cumpre nestas datas o seu terceiro aniversario. Non podo deixar pasar a ocasión para felicitar a toda a asociación polo tempo que levan en internet, un período no cal se fíxeron aínda máis visíbeis en Cambados (e agora tamén arredores) e contribuiron a crear un miniespazo cambadés na rede. E gustaríame facer esa felicitación especial para a persoa que leva directamente o blog, que non é outro que o polifacético Xaquín Charlín “Chon”. Felicidades e a seguir con tanta forza!

Xaquín Charlín será o novo Presidente de UGCH


Escudo da Asociación Unha Grande Chea

Hai unhas semanas Unha Grande Chea anunciaba que algúns  dos membros da anterior directiva, liderada polo coñecido empresario Salvador Cores, non ían reeditar por un novo mandato, incluíndo o propio presidente. De seguido abriron un proceso interno de eleccións que levou á presentación dunha candidatura única composta por Xaquín Charlín (Presidente), Martínez Ulloa (Vicepresidente), Domínguez (Secretario), Manuel Pillado (Tesoureiro) e Jose María Trigo, Ricardo Charlín e Xaquín Charlín Jr. (vocais).

Como primeira medida, o equipo de Unha Grande Chea quere abrir a súa páxina a todos os colectivos cambadeses que así o desexen. Desde aquí enviarlles un afectuoso saúdo á nova directiva e que sigan facendo disfrutar a todos (os que queiran) ca súa existencia.

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.