//
arquivo

Xuventudes Socialistas

This tag is associated with 12 posts

O PSOE denuncia que o Concello boicotea a súa iniciativa solidaria “Nadal para todos”


O Partido Socialista anunciara hai uns días que poñían en marcha a campaña de nadal adicada a recoller alimentos non perecedoiros en diversos puntos de Cambados para doar a Cáritas, e que estes chegaran ás familias en apuros para que todos teñamos un Nadal. Pois ben, tal e como apunta o blog de Xaquín Charlín “A ti Meu Cambados”, a voceira do PSdeG-PSOE denunciou boicot por parte do alcalde. Seguir lendo

Xuventudes Socialistas organiza unha concentración para os recortes o sábado ás 12


Mañá sábado as xuventudes do PSOE teñen convocado un acto de protesta diante do Concello de Cambados para queixarse pola política de recortes aplicada polo Partido Popular. Co lema “Así non!” os mozos socialistas chaman a manifestarse contra os ataques ao ensino público, contra o copago sanitario, a suba do IVE, os ataques aos funcionarios, a amnistía fiscal, o desemprego…

Rafael Blanco, novo Secretario Xeral dunha Executiva do PSOE de Cambados moi renovada


O xa portavoz dos socialistas no Pleno, Rafael Blanco, ocupará tamén a Secretaría Xeral en Cambados despois de que tralas eleccións de 2011 o líder do PSOE na vila, Domingo Tabuyo, comezara a ceder os seus postos gradualmente. Fíxoo primeiro coa súa acta de concelleiro e agora a nivel interno. Seguir lendo

BNG e XSG tamén se opoñen á estatua de Fraga


Os primeiros en pronunciarse sobre a nova escultura que o Concello mercou para honrar ao fundador do seu partido foron as Xuventudes Socialistas de Cambados, que declararon que “non permitirán” que se erixa esta estatua, e lembraron o pasado franquista de Manuel Fraga.

Pola súa banda o Bloque xa rexistrou no Concello preguntas ao alcalde sobre o tema. Para Víctor Caamaño é unha “burla” que o goberno local pida austeridade e lle suba os impostos aos veciños de xeito abusivo para a continuación gastar miles de euros nunha escultura “para mellor gloria do PP”. Para o BNG é claro que a figura de Fraga cando menos non suscita consenso (lembran tamén o seu pasado como ministro de Franco) aínda que todos e cada un dos cambadeses -incluídos os que non queremos a estatua- teremos que pagar por ela. Seguir lendo

As Xuventudes Socialistas tamén conmemoran as Letras


Cun concerto, así é como conmemorarán as Letras Galegas as Xuventudes Socialistas. O acto terá lugar na discoteca Zao a partires das once e media da noite do día 16 e nel participarán diferentes grupos da zona, tanto do Concello como da comarca. Queren concienciar á mocidade de que o idioma está vivo e é útil. A entrada será de balde. Seguir lendo

LuscoFusco, “concurso de talentos” das XSG de Cambados en beneficio de Esperanza


As Xuventudes Socialistas de Cambados, as mocidades do PSOE, veñen de presentar unha nova campaña benéfica. Se en Nadal o seu obxectivo foi o de xuntar regalos e alimentos para os máis necesitados (o resultado da campaña foi moi positivo) agora os membros das XSG queren axudar á asociación Esperanza Salnés a través dun concurso de talentos. Seguir lendo

O BNG denuncia no Pleno que leva desde Outubro sen resposta a algunhas cuestións


O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, solicitou ao alcalde que se dea resposta a tres preguntas realizadas nos meses de Outubro, Novembro e Nadal do pasado ano. A primeira facía referencia ao asesor xurídico do Concello, a segunda á redución de axudas do Plan Concertado da Xunta de Galicia e a terceira referíase ás actuacións musicais e outros eventos da Festa do Albariño. Seguir lendo

O PSdeG de Cambados elixe aos delegados para o Congreso Nacional


Os militantes do PSOE de Cambados elixiron onte os seus delegados para participar no Congreso Nacional que elixirá entre outras cousas o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE. Este cargo ocúpao agora mesmo Pachi Vázquez, non sen contestación (onte era Vigo quen suspendía en Asemblea o seu labor á fronte do partido) e volverá a aspirar a ostentalo, mentres existe unha alternativa aínda sen nomes propios.
Desde Cambados acudirán a esta cita o Secretario de Organización local e portavoz, Rafael Blanco, e o Secretario Xeral das Xuventudes, Ismael Agra, en representación dos seus compañeiros de filas.

O BNG votará en contra da rúa a Fraga e o PSOE absterase


O voceiro do Bloque, Víctor Caamaño, declarou á La Voz de Arousa que o seu grupo votará en contra de calquera proposta de conceder unha rúa ou praza a Manuel Fraga en Cambados. Para Caamaño, a elección dos nomes do rueiro debería facerse por consenso de todos os grupos, e defendeu a decisión do  primeiro alcalde da democracia, Xoán Antonio Pillado, de ter cambiado o nome á Avenida de Fraga polo actual de Avenida de Vilariño. E engadiu, “como acerto foi tamén substituir a rúa do Generalísimo pola avenida de Galicia”. Seguir lendo

Ismael Agra: “Queremos acercar o proxecto do PSOE á xuventude de Cambados”


Ismael Agra (Vilariño, 1995) comezou a interesarse na política desde moi pequeno. E máis específicamente, no PSOE. O primeiro mítin que recorda foi hai sete anos cando veu Rubalcaba a Cambados e desde aquela foi involucrándose até crear o pasado setembro no noso Concello as Xuventudes Socialistas, agrupación da que é Secretario Xeral. Un soño para el, cumprido. O seu futuro pasa por rematar o Bacharelato no IES Asorey e estudar Dereito, “aínda que non sei onde, por agora”. E seguir en política, así que de momento  non sería unha sorpresa atopalo na lista do PSOE nas vindeiras municipais de 2015.

A vosa campaña de Nadal foi a primeira actividade…
A recollida de alimentos e xoguetes foi a primeira, pero nós esperamos agora comezar a realizar outras actividades benéficas, porque hai asociacións que necesitan fondos ou outro tipo de axuda e cremos que somos os xóvenes os que debemos incentivar tamén que a xente colabore, desta vez foi con Cáritas pero en Cambados hai moitas asociacións que precisan axuda.

En relación con esa actividade houbo polémica coa outra asociación xuvenil que hai en Cambados… Seguir lendo

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.