//
estás a ler...
., Cambados

Constitúese a Asemblea Nacionalista do Salnés


Onte á tarde tivo lugar unha nova reunión do denominado Novo Proxecto Común, unha nova organización política que se pretende crear co centro de gravidade na esquerda e de carácter nacionalista-galeguista. O acto deu lugar a un debate que se extendeu por máis de dúas horas con un bo número de intervencións.

No Salón de Peña de Cambados os reunidos participaron asemblearmente e decidiron constituir oficialmente a Asemblea do Salnés, dotala de estrutura subcomarcal, así como enviar nas semanas vindeiras representantes da bisbarra a Compostela para coordinarse con outras asembleas do país e pautar o nacemento da nova forza. Estas asembleas de base están a traballar no país (hai cando menos 25 comarcas con asemblea) ao mesmo tempo que partidos que abandonaron o BNG ou outros que non pertencían a el manteñen conversas sobre a xestación da nova organización.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Maio 2012
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: