Hoxe pola mañá un numeroso grupo de afectados polo tema das preferentes participou no noso Concello nunha protesta ás portas do local de NCG Banco. Precisamente hoxe coñeceuse a presentación dunha querela colectiva no Xulgado d’A Coruña contra Novagalicia Banco pola venda dun “produto tóxico” como foron as preferentes e as obrigas perpetuas.As protestas en sedes desta entidade sucédense por todo o país, chegando nalgún caso a causar enfrontamentos coa policía e obrigando a fechar ao público as instalacións. As súas críticas céntranse nos responsábeis das Caixas e nos gobernos de Madrid e Galego, aos que piden moita máis implicación na súa defensa.
Estímase que unha grande porcentaxe dos suscritores deste produto financeiro fixérono sen uns coñecementos mínimos sobre o que estaban a mercar, nalgún caso incluso chegándose a asinar os contratos con pegada dactilar (método que adoita empregarse con analfabetos); a pesar de que a CNMV recomendou ás entidades bancarias vender estes produtos só a inversores con coñecementos sobre a mecánica de mercados.
As fotografías desta entrada foron tomadas por Marcos Escudeiro, un dos promotores da asociación de fotografía ClickCambados.
Conversa
Aínda non hai comentarios.