Grazas ao blog A ti meu Cambados coñecemos que tanto o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, como o delegado da Xunta, Cores Tourís, realizaron declaracións a Onda Cero sobre o tema da estatua de Fraga. Os dous quixeron resaltar que a polémica, na súa opinión, é artificial. Para Tourís é cousa “do Bloque” e para Aragunde “dos grupos da oposición”, máis xenericamente. Resulta sorprendente escoitar a Cores Tourís inventando datos, como o de que un xornal publicou unha enquisa na que “había o noventa e tantos por cen que estan dacordo”. Se alguén coñece cal é esa enquisa por favor, estaríamos moi interesados en coñecela.
O alcalde desvelou que xa estaría aberta esa misteriosa conta nunha entidade bancaria na que se estaría depositando cartos para a construción da escultura. Segundo el hai moita xente que quere participar, mesmo existe unha persoa que poñería todos os cartos que falten no caso de que non se cubra a cantidade necesaria. O feito de que non se saiba quen promove a iniciativa para Aragunde é debido a que “coa polémica hai xente que non quere saír a relucir ou dar o nome”.
O que está claro é que a polémica non fixo máis que comezar. En Facebook o grupo de opositores á estatua de Fraga en Cambados segue medrando e estúdanse novas accións que coincidirían cos días previos á inauguración da mesma.
Escoita os audios
O PP de Cambados está esgotado.Si creédeo,a estátua de Fraga é o inicio do declive dun proxecto sen rumbo,con todas as institucións do réxime bipartidista ao seu favor,o goberno local dende fai vinte e pico anos,o superdelegado Tourís,o vicepresidente da Xunta superamigo nuestro,y tanto,o presidente da democrática Deputación provincial,que tanto entende o rural,o más,o presidente da Xunta Feijoo que vai querer a Cambados tanto o más que Fraga,e por suposto o noso sempre a imitar Rajoy,amigo de Cambados dende a época de presidente da Deputación de Pontevedra cando gobernaban os nacionalistas,e que chegou a dicir que Cambados cunha pista de tenis al aire libre llegaba para la población que era.Agora é o presidente do Estado Español,e de seguro que Cambados está entre sus prioridades,;todo un desatino o destes homes que minten mais que falan,que teñen os medios de comunicación ben atados con subvencións ,e ina así o grande problema na Vila é a estátua de Fraga co que queren botar unha cortina de fume sobre o problema principal deles,A QUEN LLE BOTAMOS A CULPA SE O TEMOS TODO?aos parvos de esquerdas que son os do lio,os do non,os anticlericales,etc etc,pero cada vez mais a xente cansa de palabras baldeiras e van ao práctico,TES CHOIO PARA O MEU FILLO?ou que hay de lo mio’?e mesmo eso estáselles acabando por que non hai nen para os seus directos,un exemplo ,Mariano Rajoy veu a montar toda unha posta en escena co Codex Calistinus por que se non non ten nada que inaugurar,nada que presentar con feitos na Galiza por que nada fixo”obras son amores”dicia Tirado,e a estátua en Cambados de D.Manuel non o traga ninguén en España,sería cousa de pitorreo mesmo na villa y corte,e o Salnés non é Ourense,así que nada a quen lle botamos a culpa ?a Zapatero,xa non cola.A galopar…..