//
estás a ler...
., Cambados

O cambadés Lois Baúlo sácase a roupa en Novagalicia Banco e no Concello para reclamar os cartos das preferentes que lle roubaron


Imaxe de La Voz de Galicia

Lois Baúlo no Concello de Cambados | Martina Miser, La Voz

Este acto de protesta tivo lugar durante a mañá de hoxe. Primeiro, sucedeu na oficina de Novagalicia Banco de Corbillón, lugar onde reside o veciño Lois Baúlo. Logo, realizou a mesma acción nas dependencias do Concello de Cambados. A carón del, un cartel explicativo do seu caso: as preferentes leváronlle os máis de sesenta mil euros que cobrara como indemnización tras un accidente de tráfico que o deixou cunha discapacidade psíquica do 55%. Ten dous fillos, unha hipoteca, e a muller está no paro. A súa situación revela o que xa sabiamos: a desvergoña dos responsables deste expolio aos pequenos aforradores (que non inversores) do noso país, xa que moitos foron enganados e/ou abusouse da confianza que lle tiñan aos traballadores da súa sucursal. No Concello de Cambados, segundo La Voz de Galicia, foi desaloxado pola Policía Local (cuxas dependencias se atopan no mesmo edificio).

Dase a casualidade de que Baúlo foi o veciño ao que o Concello multou en Setembro por eliminar nas proximidades da súa casa unha especie vexetal invasora (as coñecidas como herbas da Pampa). Lois advertíralle en tres ocasións ao alcalde da perigosidade para o medio desta especie, sen que o alcalde tomara cartas no asunto. Foi entón cando se encargou de segalas el mesmo e recibiu por elo unha sanción económica de oitenta euros.

APOIAR A LOITA DAS PREFERENTES

Desde este humilde espazo, lanzar unha mensaxe de solidariedade cara este veciño e cara todos os que está a sufrir as consecuencias desta estafa masiva. Cómpre involucrarse con eles na reclamación dunha solución xusta. En Gondomar, afectados das preferentes iniciaron hai días un encerro nun caixeiro da entidade bancaria, ao que se sumaron hoxe deputados de Alternativa Galega de Esquerda, entre eles o propio Beiras.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

Nas redes sociais

Decembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.