Dixo o noso alcalde na longa entrevista da Voz de Galicia que xa Óscar debullou nesta páxina, que a programación do ano Asorey fora boa. O meu balance non é tan positivo. Puidose facer máis se se houbera feito mellor.
O ano parecía que empezaba ben, reuniuse unha comisión para organizar os actos que contaba con xente “ideolóxicamente variada” e que podía aportar opinións diversas. Reuniuse o doble de veces que a Comisión do ano Cabanillas, ou sexa dúas. Todos e todas aportamos ideas pero acabouse facendo o que eles xa tiñan planificado de antemán e nin eso, porque cousas que alí se dixeron non se levaron a cabo :
– que foi do que se dixo de facer un acto en honra de Asorey cada mes?, de dar a todos os veciños de Cambados un libro sobre a vida e obra de Asorey? de facer un catálogo da súa obra? de levar a exposición á Casa de Galicia de Madrid?
E que fixo finalmente o Concello no ano Asorey?:
– Dedicarlle unha escultura mala
– Organizar un congreso mediocre
– E ceder o espazo de Torrado para a exposición, que non diñeiro, que correu a cargo exclusivamente de Diputación e Consellería de Cultura.
A exposición foi digna, pero manifestamente mellorable se se houbese posto algo más de diñeiro, nin un catálogo decente se pudo facer. Con 12.000 euros podíase haber traído A Santa de Montevideo, obra emblemática de Asorey que leva máis de 50 anos fóra de Galicia. Pero o Concello prefire gastar os cartos nun xantar, disque iso sirve para promocionar o pobo. É sabido que á xente se chega polo estómago, mágoa que non se intente tamén chegarlle ao corazón.
Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.
Conversa
Aínda non hai comentarios.