//
arquivo

Archive for

Ismael Agra: “Queremos acercar o proxecto do PSOE á xuventude de Cambados”


Ismael Agra (Vilariño, 1995) comezou a interesarse na política desde moi pequeno. E máis específicamente, no PSOE. O primeiro mítin que recorda foi hai sete anos cando veu Rubalcaba a Cambados e desde aquela foi involucrándose até crear o pasado setembro no noso Concello as Xuventudes Socialistas, agrupación da que é Secretario Xeral. Un soño para el, cumprido. O seu futuro pasa por rematar o Bacharelato no IES Asorey e estudar Dereito, “aínda que non sei onde, por agora”. E seguir en política, así que de momento  non sería unha sorpresa atopalo na lista do PSOE nas vindeiras municipais de 2015.

A vosa campaña de Nadal foi a primeira actividade…
A recollida de alimentos e xoguetes foi a primeira, pero nós esperamos agora comezar a realizar outras actividades benéficas, porque hai asociacións que necesitan fondos ou outro tipo de axuda e cremos que somos os xóvenes os que debemos incentivar tamén que a xente colabore, desta vez foi con Cáritas pero en Cambados hai moitas asociacións que precisan axuda.

En relación con esa actividade houbo polémica coa outra asociación xuvenil que hai en Cambados… Seguir lendo

A Esperanza discontinua


O tema repítese e repítese ao longo dos anos. A asociación Esperanza Salnés, que trata a nenos con discapacidade de toda a comarca, volve a ter a auga ao pescozo. O problema de raíz: esta asociación non pertencente á Xunta  carece de convenios estábeis coas institucións que puideran permitir que se esqueceran por un ano dunhas contas que nunca saen.

O asunto que vimos denunciando moitos todos estes anos é que estes malos momentos financeiros da organización son empregados electoralmente polo Partido Popular. En concreto, ano tras ano (só fai falla remitir a calquera hemeroteca para comprobar como isto é totalmente fiel á realidade) Esperanza anuncia que nun breve espazo de tempo entrará en bancarrota.

Finalmente, no último momento, Rafael Louzán aparece na prensa concendendo unha subvención que lle devolve o pulso á asociación, pero que non lle retira o risco dunha recaída inminente. Ocorre ano tras ano, e nunca até agora houbo un intento serio dos alcaldes (o máis involucrado debería ser Aragunde, quen por certo contou co apoio electoral do xerente da asociación en Maio), da Deputación ou da Xunta por asinar un convenio que poña fin a esta historia.

Repetímolo moitas veces en Cambados(tk), parece que rinde máis unha Esperanza constantemente en perigo que sexa triunfalmente rescatada por Louzán e compañía que unha asociación operativa e sen problemas que poida desenvolver de xeito normal a súa actividade.

Óscar Pardo Planas. Preme aquí para ver todos os seus artigos.

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.