Chega unha excelente nova desde a veciña Ribadumia. Alí un grupo de tres persoas dese Concello e de Cambados organizáronse para colaborar nunha campaña de recollida de tapóns de plástico para financiar unha boa causa. Participan coa iniciativa do Baixo Miño, que busca financiamento para tres nenos de Vigo, Redondela e Lugo que necesitan tratamentos especiais para mellorar a súa vida. 40 toneladas é o obxectivo a lograr para acadar os 9.000 euros necesarios.
En tan só uns días estes veciños de Ribadumia conseguiron, grazas á solidariedade dos cidadáns, achegar douscentos quilos. Para axudarlles, dipoñen de puntos de recollida: o centro de Saúde en Ribadumia, o colexio ou os seus propios domicilios. Non custa nada colaborar, tan só separar os tapóns de botellas de plástico e de cando en vez, pasarse por ese municipio a deixalos. Parabéns pola iniciativa a Marcos Mouriño, Anabel Mouriñoe Belén Rodríguez…e a todos os que colaboren!
Conversa
Aínda non hai comentarios.