//
estás a ler...
., Cambados, Galiza, global

Presentación de “Suprema Injusticia” de María Garzón o vindeiro Xoves


María Garzón vén este xoves 22 de Novembro a Cambados a presentar o seu libro, Suprema Injusticia, no cal fai unha análise dos acontecementos que levaron a que o seu pai, o coñecido Baltasar Garzón, fora inhabilitado como xuíz. E faino empregando tamén moitas anécdotas e describindo desde a súa situación como viviu o proceso protagonizado polo ex maxistrado; “esta é a miña verdade”, di María, “débollo ao meu pai e a todo o que el fixo por nós. Xa está ben de estar calados e aguantar como fixemos até o de agora”. Baltasar Garzón segue na actualidade loitando na súa defensa en organismos internacionais e tamén segue comprometido coa Xustiza e cos Dereitos Humanos a través da fundación á que lle dá nome. Exerce tamén a defensa como avogado de Julian Assange, o creador de Wikileaks que permanece refuxiado na embaixada de Ecuador en Londres.

O acto deste xoves terá lugar ás 20 horas no Auditorio municipal, e contará coa presenza da autora do libro. Acompañarana os profesores Manuel Núñez e Carmen Durán, de Cambados, así como o da Universidade de Vigo, Ángel Rodríguez Gallardo. Proxectarase un pequeno vídeo que pon de relevo a relación de Garzón con Galicia (lembremos que foi o impulsor da Operación Nécora nos noventa). Organizan as librarías Cabanillas e Contos.

Conversa

One thought on “Presentación de “Suprema Injusticia” de María Garzón o vindeiro Xoves

  1. Sera un pracer escoitar a filla de Garzon, un home que fixo tanto ben en Galicia co enxuiciamento de tanto narco. Desgraciadamente a xustiza non e tan xusta e moitos de aqueles asasinos hoxe pasean polas nosas calles libres, pero eso non e culpa de Garzon. Bastante se xogou a vida aqui i en Euskadi. Oxala pronto poida demostrar a sua inocencia ante que teña que demostrala,porque os que seguimos a sua traxectoria sabemos que e impecable. Gracias Garzon.

    Posted by MARIA | 17/11/2012, 11:51 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: