//
estás a ler...
., Cambados

Recurso contra o Concello polo proceso de selección laboral no Conservatorio


O Diario de Arousa publica hoxe unha información referente aos procesos de selección de persoal do Concello, neste caso dunha praza de docente no Conservatorio Municipal. A que fora directora do centro durante cinco anos, Lorena Varela, profesora de piano e linguaxe musical, vai presentar un recurso ante a súa exclusión do Conservatorio.

Ela asegura que foron “botándoa pouco a pouco” até que en 2011 perdeu a súa praza como profesora ante outra aspirante a pesar de que Lorena Varela a superaba con creces na baremación curricular. Fíxoo por culpa da entrevista, que valía 30 puntos (polo tanto decisiva) e na que a súa contrincante recibiu máis de 26  mentres ela se quedou con 15, os xustos para perder o posto.

É difícil saber como vai rematar  este caso. Hai un precedente na historia do Concello por recursos contra os procesos de selección, o que protagonizou o actual Sarxento Xefe da Policía Local, Maximino Cid, quen logo de oito anos de reclamacións logrou que se impuxera a razón e conseguiu o que xustamente merecía e o que algúns membros do goberno local do PP quixeran evitar para, supostamente, entregar a praza a alguén máis afín. E aínda non sabemos cantos cartos dos cambadeses se gastaron os gobernos locais nos xulgados para defender procesos de selección viciados.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.