//
estás a ler...
., Cambados

“Todo o que toquei sempre foi para arriba” di Luís Somoza


A reforma da Cultural adquiriu onte o matiz máis personalista coa re-inauguración da nova sede. Unha inauguración na que tomaron parte o presidente da Asociación, Luís Somoza, o Presidente da Deputación (institución que financiou cun millón de euros a obra), Rafael Louzán, o alcalde Luís Aragunde, o delegado da Xunta Cores Tourís e e deputada do PP Rosa Oubiña.

O presidente da Cultural, que selou oficialmente a paz co seu anterior rival na Confraría Benito González (ao que agora parece unir as preferencias en política), declarou segundo La Voz de Arousa que todo o que toca vai para arriba. E non houbo disimulo; Rafael Louzán, Aragunde e Cores Tourís recibiron a “insignia de ouro” da entidade. Louzán no seu discurso encargouse de rebatir a quen consideramos que o gasto nesta obra foi desproporcionado porque “é unha inversión para que as persoas teñan onde xuntarse”.

Agora toca ver  e comprobar se se fai realidade a idea de que a Cultural pase a formar parte dos locais do Concello e dispoña dun programa propio de actividades. É o mínimo que podemos agardar cando os cidadáns, que non recibimos onte insignia ningunha, investimos os nosos cartos en reparar a sede dunha asociación de carácter privado.

Relacionado

Louzán “sorprendido” pola oposición á inversión na Cultural – Novembro 2011

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Decembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: