//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados

Homenaxes e respecto


Ramón Vázquez Acha, Xaquín Xesteira Losada, Xosé Manuel Gómez Oubiña e, ata xaneiro deste ano, Ernesto Abal González, somos Os Faíscas de Solobeira. Dicimos somos porque para nós Ernesto sempre formará parte deste cuarteto. Dos 30 anos que levamos tocando, os últimos 20, Ernesto acompañounos, como se soe dicir, nas verdes e nas maduras. Tamén fomos conscientes de cómo el gozaba con cada alborada ou calquera celebración á que nos chamaban.

Non fai falla ser moi listo para decatarse de que todo este tempo é máis que suficiente para coñecernos ben, saber como pensa cada un e, tal vez o máis importante, ter unha idea clara de cómo se debe facer, tratar e gozar coa música tradicional.

Din que ninguén é profeta na súa terra, dende logo, nós nunca fomos afortunados en Cambados, e sobre todo polos que gobernaron este concello. É triste e, ao mesmo tempo, vergonzoso que as persoas que non gozan da nosa simpatía, sexan as que agora queiran facerlle unha homenaxe a un de nós. E xa non falemos das formas que tiveron con este grupo á hora de organizar dito evento.

Señores do Concello de Cambados:
A mellor homenaxe xa lla tributamos os compañeiros e amigos que no seu momento estivemos onde tiñamos que estar, con el e coa súa familia; que sería como máis lle houbera gustado a Ernesto.

Tal vez o único problema é que alí non saíran vostedes na foto ou non se enchera un día de programación na Festa do Albariño.

Tampouco entendemos por qué se negaron a aprobar unha proposta presentada ao Concello en dúas ocasións para que o Centro Cultural de Vilariño, a súa parroquia, levara o seu nome. Tal vez porque a proposta a presentaron uns, e non outros?

Por outra banda, non se preocupen, que se algún día fai falla homenaxear a algún membro deste grupo, xa o faremos nós, pero ao noso xeito, coas persoas e grupos coas que lle houbera gustado ao noso compañeiro.

Por último, e dende o noso máis fondo sentimento de amargura e indignación, queremos pedirlle algo que non costa nada: RESPETO.

Conversa

2 thoughts on “Homenaxes e respecto

  1. Desgrazadamente ao PP sempre lle perderon os modos e as formas, o civismo e a educación ficaron aínda máis afastados do seu actúar ao ter maioría absoluta, que é dicir a dictadura dos feitos e os discrepantes do seu pensamento único, dogmático, ortodoxo son inimigos a perseguir. na súa política de terra queimada. Falta de todo, de tacto, pero sobre todo como ben se afirma de RESPECTO.

    Posted by Xesús-María González Domínguez | 10/08/2012, 6:10 pm
  2. RAPIDIÑO,MAIS CLARO AUGA,,,,,SON SEPULCROS BLANQUEADOS.ABONDA

    Posted by xan galban galiñanes | 10/08/2012, 8:20 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: