//
estás a ler...
., Cambados

A Xunta suspende a renovación da piscina


É un tema que leva anos nos xornais. En 2008 a concesionaria da piscina municipal renunciaba ás instalacións polas altas facturas relacionadas con mantemento debido ás grandes perdas de calor. A culpa era da cuberta móbil, que no seu momento o Concello defendeu para compatibilizar piscina climatizada con piscina de verán.

Unha semana despois dese toque de atención a Corporación acordou acometer obras de mellora, non sen que o voceiro do BNG lembrara que esta formación sempre se amosara a favor dunha cuberta fixa e non pola que finalmente se optou e demostrou non ser válida. Pero non foi até 2010 cando a Consellaría de Deportes anunciou que as obras sairían a licitación.

Retrasos nos trámites provocaron que Xunta e Concello tiveran que asinar outro convenio en 2011.Agora, o Goberno Galego vén de publicar na súa web que suspende a adxudicación das obras (polas que en 2010 competían trece empresas) por culpa da “política de axustes de control de gastos e de priorización de investimentos implementada pola Xunta”.

Imaxe e información extraídas de La Voz de Arousa

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: