//
estás a ler...
., Cambados

Aragunde di que Fraga terá outra vez unha rúa en Cambados


Di La Voz de Arousa hoxe que o goberno local xa decidiu lembrar a Manuel Fraga coa atribución dunha rúa ou praza. Tamén lembra a Voz que en Cambados Fraga xa tivera unha rúa (a actual Avenida de Vilariño) pero lle foi retirada coa chegada do primeiro alcalde da democracia, o nacionalista Xoán Antonio  Pillado.

Sobre isto, La Voz de Arousa tan só di que “aquello sentó muy mal en los círculos de la derecha, pero el asunto se dejó correr” e engade que o ex alcalde de Cambados, Santiago Tirado (coñecido amplamente pola súa paixón polo diálogo e respecto), declarou que «con aquela xente non había nada que facer» (polo goberno nacionalista). Resulta bastante curioso que La Voz de Arousa non mencione que esa retirada da rúa a Fraga deuse nun contexto no que se lle retiraron no noso Concello (e con tanta razón) nomes de rúas e avenidas a persoeiros do réxime ditatorial franquista, do que Manuel Fraga (por moito que queiran facer esquecer estes días algúns) formou parte nas súas máis altas esferas. Tamén a actual Avenida de Galicia era até aquel momento a Avenida del Generalísimo. E quen sabe se ao retirarlla tamén a Santiago Tirado e ao PP “aquello les sentó muy mal”, parafraseando a La Voz.

E ante o anuncio de Aragunde que darlle a Fraga unha rúa e sen facer un xuízo sobre o mesmo, cabe lembrar que o propio ex Presidente da Xunta nunha entrevista de hai pouco máis de dous anos dicía que  “cuando volvimos a gobernar allí (por Cambados), me la quisieron devolver, pero dije que deberían pasar cien años antes de aceptarla”. Cando menos trátase, entón, dunha decisión precipitada.

Conversa

2 thoughts on “Aragunde di que Fraga terá outra vez unha rúa en Cambados

  1. Me parece muy buena idea, es más, por mi además o en lugar de una calle como si le ponen una plaza.

    Posted by Ángel | 24/01/2012, 10:42 pm
  2. Parecerache boa idea, respetoa, pero … que prolífica herdanza deixou este … estadista. E que coa que está a chover, poñerlle o nome deste a unha rúa e, cando menos, unha ironía do porvir.

    Posted by boa noite | 25/01/2012, 1:17 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.