//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

N’O Grove terán unha Rúa Isaac Díaz Pardo


A páxina web Todogrove.com informa do resultado das votacións do pleno de onte do veciño Concello d’O Grove. Un punto na orde do día era a moción do concelleiro do Partido Galeguista, Alfredo Bea, na que se pedía un acordo para outorgar o nome dunha rúa ao intelectual galeguista recentemente falecido Isaac Díaz Pardo. Todos os partidos (nunha corporación multicolor: PP, PSOE, BNG, EU, AMeca e PGD) apoiaron a iniciativa.

Mentres n’O Grove (gobernado por unha coalición liderada polo PP) os nomes das rúas suscitan acordo entre os seis partidos, en Cambados o PP (goberna con maioría absoluta) anuncia unilateralmente que concederá unha rúa ou praza a Manuel Fraga, sabendo a priori que esta decisión non vai contar co respaldo de todos os grupos da Corporación (e só son tres, a metade que no Concello veciño).

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.