//
estás a ler...
., Cambados

Presentación de “O sabre do francés” de Miguel Anxo Fernández


A presentación será no Pazo de Torrado o vindeiro mércores 13 de Xuño ás 20.30 horas. Organizan a editorial Galaxia e as librarías Cabanillas e Contos.

O libro: Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da narrativa histórica, de aventuras e fantástica. Cunha imaxe de cuberta realizada especialmente para esta edición polo pintor Saúl Otero. Nestes relatos con forza e con ritmo, as imaxes encadéanse en secuencias case cinematográficas, ao tempo que narran, en intensas peripecias, a dramática loita dos galegos contra as tropas napoleónicas na Afrancesada de 1809. Trátase, segundo a crítica, dunha achega orixinal e afortunada a un período da historia de Galicia pouco explorado pola narrativa. En O sabre do francés, o creador da serie do detective Frank Soutelo achégase ao relato histórico combinándoo por veces coa narración de aventuras e fantástica. Moitas das historias aquí reunidas xurdiron a partir de feitos reais recollidos por cronistas e historiadores, e mesmo conservados na tradición oral, sobre todo nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, aínda que a presenza dos invasores franceses por toda Galicia, entre xaneiro e xuño de 1809, espalla a acción dos relatos ao longo de todo o país.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: