//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Víctor Caamaño

Que fixemos os cambadeses para merecer isto?


Onte coñeciamos polos medios de comunicación que a famosa escultura de Fraga, que o PP pretende poñer en Cambados, xa non será pagada con cartos públicos senón por subscrición popular do “sector do albariño”. Debemos aclarar, antes de nada, o que entende o PP por “sector”. Para o PP, sector do albariño refírese a calquera persoa afín a este partido político que sexa viticultor ou adegueiro; por exemplo algún dos seus concelleiros (por certo, dun dos cales agardamos a súa dimisión por construír sen licenza municipal unha plantación de albariño).  Pero, realmente, quen lle consultou ao sector do albariño de que ía ter que pagar esta estatua?: ninguén. Porque se por algo se caracteriza o xeito de actuación do PP, é por tomar sempre decisións unilaterais. Os demais non contan.

Neste asunto, o primeiro que quere puntualizar o BNG, é que foi  a presión popular a que conseguiu esta pequena vitoria de non pagar, con cartos públicos, a estatua do exministro de Franco. Con esta decisión, o PP demostra, de xeito máis acentuado aínda, que as súas actuacións carecen da máis mínima planificación: primeiro  pagábaa o concello, despois as administracións e agora subscrición popular do sector do albariño. Agardemos, á próxima semana, para ver con que  nova fonte de financiamento da estatua nos sorprende Luís Aragunde. Con este tipo de decisións, o alcalde, cada día ten menos credibilidade.

Do que non se enterou o PP, aínda,  é que o rexeitamento popular á escultura de Manuel Fraga é, sobre todo, político e ideolóxico. Fraga non concita consenso, senón crispación. E por moito que o queiran representar cunha copa de albariño nunha man, moitos sempre o veremos cun xugo e unhas frechas na outra. É un personaxe controvertido e que crea moitas discrepancias de criterio, razón suficiente como para non adicarlle unha escultura  nun espazo público.

Porque, ademais, de que a escultura de Fraga sexa pagada con cartos privados debería ser colocada nun espazo privado para que gocen dela quen realmente valora a este personaxe. E se a alguén se lle ocorre aportar un só euro para a construción desta obra, que primeiro reflexione sobre as grandes necesidades económicas que ten, actualmente, a maioría da xente e que mellor sería axudar a quen o necesita que tirar os cartos na memoria dun político franquista.

O BNG seguirá posicionándose en contra desta proposta do PP e seguirá criticando que o alcalde estea a preocuparse máis pola figura dun  controvertido expolítico como Fraga que polos 1.681 parados e paradas de Cambados.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

Conversa

2 thoughts on “Que fixemos os cambadeses para merecer isto?

  1. Son da mesma opinión de Víctor a verdade e que me sinto máis prósimo as súas teses lendo a Luis Aragunde no Faro de Vigo de hoxe (dúas páxinas): “se nos votan e para que gobernemos así”. Por Deus, Luis, non me estrana que con esa teima non queiras ir a ningures (Compostela, Madrid) … é inmovilismo absoluto. Eu, a título particular non teño que xulgar a ninguén, agora que esas políticas non me gustan Alcalde. Espero non molestar co meu comentario,
    Saúdos

    Posted by oscarman | 08/06/2012, 5:38 pm
  2. Qque fixemos os cambadeses para merecer isto? Victor, a resposta é moi simple. Os cambadeses votaron ao PP cunha maioría aplastante de 11 concelleiros lembras?. Polo tanto merecen que o PP os goberne. A democracia é iso: unha cuestión de maiorías e minorías. A vosa é unha minoría pouco significativa, e menos mal que agora vaino arreglar o voso líder Chon coa súa dialéctica sutil. Cédelle o liderado xa.

    Posted by Xoan Ar. | 16/06/2012, 6:10 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: