Coñecemos a través dun comentario do artigo publicado nantronte, “Vén o inverno”, unha curiosa iniciativa nacida na rede para tentar romper co bipartidismo o 20 de Novembro. O obxectivo, segundo se explica na web do proxecto é “rachar co monopolio de PP, PSOE e CiU” e “evitar a maioria absoluta do PP”.
Para conseguir este obxectivo, proponse votar en cada circunscrición ao partido con máis posibilidades de obter deputado que non sexa PSOE, PP e CiU (que ademais aprobaron a chamada Lei Sinde). Deste xeito, conseguiríase rebaixar o nivel de bipartidismo nas Cortes. A pesar de que os impulsores na iniciativa cren que o sistema non é valido, argumentan que votando masivamente racharíase coa “aritmética que lles permite dicir que o seu poder e lexítimo”. Puras matemáticas, sosteñen.
Aportan un documento no que se recollen as candidaturas que se recomendan votar para levar a cabo a estratexia, nas catro de Galiza o partido elixido é o BNG, e a opción B sería Esquerda Unida. A iniciativa esta a ter grande acollida nas redes sociais, especialmente en Twitter a traves do hashtag #aritmEtica20N.
Conversa
Aínda non hai comentarios.