//
estás a ler...
., Cambados

O BNG presenta unha denuncia nos Xulgados polo caso do “Pinal de Maza”


O voceiro do BNG de Cambados, Víctor Caamaño, acompañado do seu compañeiro Xaquín Charlín, presentaron hoxe no rexistro dos Xulgados de Cambados unha denuncia polas presuntas irregularidades cometidas no piñeiral coñecido como “Pinal de Maza”. Este tema leva no debate político varios meses, trátase dunha actuación nunha grande parcela d’A Modia onde se talou unha grande masa forestal para plantar albariño. Este cambio de usos non sería presuntamente legal ao estar calificado o terreo como de protección forestal e non de uso agrícola. Ademais o BNG mantivo en todo momento que se levou a cabo un movemento de terras (hai fotografías que o proban) sen licenza urbanística. Todo isto coa peculiaridade de que son persoas vinculadas ao PP quen están detrás das obras: o concelleiro Juan Ramiro Gómez e o agora deputado do PP e ex alcalde Cores Tourís por medio da súa dona.

Os representantes do BNG na rolda de prensa

Hoxe, o Bloque presentou a denuncia por presuntos delitos contra os recursos naturais, ordeación de territorio, omisión na persecución dun delito, prevaricación e tráfico de influencias. A demanda non vai dirixida contra ninguén en particular; o portavoz do Bloque explicou que se presentaba deste xeito para que foran as autoridades xudiciais quen determinaran e fixaran as responsabilidades de cada quen. Víctor Caamaño puxo de manifesto que o seu grupo recorre á Xustiza porque agotou as vías política e administrativa. O mes pasado o Bloque lembraba que os departamentos de Patrimonio e o de Medio Rural, así como a Axencia de Protección de Legalidade Urbanística, “pasaran” do tema e devolvían “a pelota” ao tellado do Concello; onde Luís Aragunde obstaculizou nalgún caso o labor da oposición e non fixo nada para impedir o que o BNG considera unha clara irregularidade urbanística.

Vista de Maza “pelado” a comezos de verán

Desde o BNG descoñecen en canto tempo se terán novas sobre a citada denuncia, que foi presentada polo penal, xa que dependería do xulgado no que recaía (en Cambados hai bastante diferenza de denuncias acumuladas en cada un dos xulgados). No caso de que teña sida admitida, o Bloque solicítalle ao xuíz ou a quen corresponda que requira unha serie de documentación (ademais da que xa adxuntan os nacionalistas) a numerosas institucións e persoas, entre elas ao Concello de Cambados, ás empresas implicadas no caso (Dismaterra SL e Cancelo CB), ao Seprona, aos medios de comunicación, aos organismos da Xunta, á Policía Local, á empresa que levou a cabo o movemento de terras…

Podes ver as fotos que acompañan a denuncia así como o texto completo presentado no Xulgado no Blog do BNG de Cambados.

Algúns dos momentos claves do caso

O BNG destapa o caso – Maio 2012

Fotos do movemento de terras – Xullo 2012

Tourís fala na prensa do caso Maza – Agosto 2012

Aragunde di no pleno que as obras non teñen licenza e que non houbo movemento de terras – Outubro 2012

Conversa

6 thoughts on “O BNG presenta unha denuncia nos Xulgados polo caso do “Pinal de Maza”

  1. O que me pregunto eu e que si esa terra fose de outra persona , un anonimo calquera se montaria este jirijai. ¿que foi o que sacaron? arboles, toxos? e si fora de outra persona, darian a licencia para obrar? esto ultimo seguro que non. Pero tampouco creo que sexa para tanto. Este tema e aburridisimo

    Posted by MARIA | 29/11/2012, 7:45 pm
    • Á primeira pregunta xa te contestas ti mesma, se fora outra persoa tería que cumprir coa legalidade. E iso é o realmente grave do tema. Aparte, por suposto, da implicación “natural”, se ves as fotos é tremenda a superficie forestal que arrasaron (incluídas especies protexidas).
      A min persoalmente paréceme fantástica a decisión do Bloque di ir aos Xulgados. Eles esgotaron todas as vías, agora tocaba esta. Pode darse o caso de que non prospere, pero que non sexa porque non foi plantexado.

      Certo, poucos temas tan divertidos como a estatua de Fragamán hai, pero que lle imos facer…

      Posted by Óscar | 29/11/2012, 8:01 pm
    • Maria, a resposta e mais sinxela si fose un anonimo o que fixo Touris and company non se montaria ningun jirijai porque no momento que comezasen a mover un gramo de terra, vendria a policoa local a pedirlle a documentaciçon correspondiente e si non a tivesen pararianlle o chollo, iso non pasou neste caso porque Aragunde é un mandado de Touris, e Aragunde vai facer o que lle mande Touris; sei que o tema é aburridisimo pero si o delegado da Xunta na provincia que se supon que é o primeiro que deberia de dar exemplo se salta a lei , con cara se lle pode esixir ao resto dos ciudadans

      Posted by Ricardo | 29/11/2012, 9:51 pm
  2. Con gente como Maria así le va a este pais. El asunto de Pinal de Maza, es el escándalo más grande de Cambados en los ultimos tiempos: 1º.- Empiezan la obra sin pedir permirso y antes de inciarse el expediente en el Ayuntamiento. 2º- La obra es de un concejal y el Delegado de la Xunta. 3º.- Niegan movimiento de tierras y hay excavadoras y camiones trabajando. 4º.- Está implicado el Alcalde. Si esto nes es grave que baje Dios y lo vea. Entonces para que está la oposición pra denunciar la bombilla que falta en la torre de San Tome. Hay que ser un poco más coherente chica y sobre todo saber lo que se dice antes de hablar.Para el PP estoy seguro de que el tema es muy aburrido.

    Posted by pinaldemaza | 29/11/2012, 9:46 pm
  3. Miña nai. Tres para unha . Facer un comentario aqui,sexa bo ou malo, e como meter un brazo na xaula dun leon famento. A partir de agora abstereime de comentar nada. Pero seguirei entrando no blog, porque a veces hai cousas moi interesantes. Esto vai ser como intereconomia. As opinions sempre do mismo lado. Eso e democracia.Si, señor.Esto non vai por ti Oscar, pois ti si demostras ser democrata publicando todos os comentarios.

    Posted by MARIA | 29/11/2012, 10:27 pm
  4. Páxina web crítica non oficial do Concello de Cambados … esa é a idea deste blog, María, e non representar a naide .. eu seguirei coma tí visitando este espazo que é Cambados.tk, e cando pense que é apropiado algún comentario para o progreso e millora da nosa vila, fareino, consonte o dereito que lle asiste a todo o mundo a participar nos asuntos públicos (art.9.2 C.E) e desde a liberdade de espresión (art.20), non mala educación….
    É certo que hai moito articulista – intelectual que insulta de cando en vez, porén hai que respetar aos intolerantes tamén, para diferenciarnos deles. Se les El Quijote, de Miguel de Cervantes, di que se nalgún intre tes que romper á metade a vara da xustiza, se queda en dous anacos, colle para te levantar a da misericordia … co Pinal de Maza empregaron o outro anaco … é inxusto que os que teñen que por o imperio da lei coma manifestación da vontade popular, se salten presuntamente as leis que todos ( e iles todavía máis) temos que acatar. É de sentido común, porén na nosa vila é o menos común dos sentidos, por eso ten valía o que aquí se reflicte.
    Saúdos

    Posted by oscarman | 30/11/2012, 3:38 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: