//
estás a ler...
., Cambados

O alcalde desafía á Xunta Electoral e volve “supervisar” unha obra


O alcalde de Cambados visitou onte unhas obras na parroquia de Oubiña e declarou que “non vou marchar 15 días de vacacións pola campaña” en referencia aos avisos dados pola Xunta Electoral de Cambados a el e a Tourís polos continuos incumprimentos da lei electoral vixente. Esta Lei prohibe este tipo de visitas en período electoral que teñen por fin resaltar logros do goberno, pagados con cartos públicos, en beneficio dun partido político.

Ao alcalde habería que recordarlle que si pode realizar as visitas ás obras que considere oportuno, pero o feito de convocar á prensa (como volveu facer onte) convirte un acto que el califica “de traballo” nun acto propagandístico, e polo tanto, contrario á lei electoral. Sería de agardar outro recurso perante a XEZ para que se lle impoña unha sanción económica non só por incumprir a lei, senón por pavonearse por elo ante unha cidadanía que si ten (como é obvio) que respectar a legalidade.

Nesta campaña a Xunta Electoral de Vigo impuxo unha multa de 300 euros ao alcalde por un paseo coa prensa por unhas rúas recén reformadas, e abriu un expediente (con proposta de multa de 3.000€) ao alcalde de Redondela e ao presidente do Porto de Vigo pola visita de ambos aos terreos onde planean construír un centro de interpretación da batalla de Rande. Aragunde e Tourís incumpriron neste período en dúas ocasións a Lei e aínda non foron sancionados pola Xunta Electoral de Cambados.

——————————————–
Actualización 18 Nov 17:40 O BNG presentou hoxe unha nova reclamación onde se pide á XEZ que se requira ao Concello o cese de actividades ilegais e se incoe o oportuno expediente sancionador ao alcalde de Cambados.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.