Hoxe a medianoite comeza a campaña electoral, coa tradicional pegada de carteis. Durante os vindeiros días sucederanse os actos tamén na nosa comarca, e está previsto que PP, PSOE, BNG e Alternativa realicen actos no noso Concello. Esperamos dar conta deles desde esta web.
A nivel nacional é importante sinalar que mañá o CIS publicará dúas enquisas electorais, unha sobre Euskadi e outra sobre Galiza. Cabe lembrar que os últimos inquéritos coñecidos deixaban aberta a posibilidade de que o PP acadara maioría absoluta.
Non creo que poidan mentir mais do que o fan o resto do ano .Fan campaña os 365 dias do ano. Esto e aburrido e noxento. Todos.