Recibimos na caixa de entrada de cambadostk@gmail.com dúas fotos desta mesma mañá nas que se poden observar rapaces limpando o chan dunha rúa cambadesa que estaba suxa tralos típicos combates de Entroido con ovos como munición. Seguir lendo
O líder nacionalista Xosé Manuel Beiras compareceu a semana pasada no Canal Rías Baixas (TeleSalnés) para atender ás preguntas do programa Pleno Aberto. A maioría delas centráronse na saída do Encontro Irmandiño do BNG logo da asemblea que esta corrente celebrou a semana pasada. Beiras dixo que para unha parte importante do Encontro esta fora unha situación difícil, posto que moitos dos militantes que marchan participaron no BNG desde a súa fundación, pero que era imprescindible porque a rexeneración da fronte non era posible. Agora queren sumar forzas con outras organizacións tanto de dentro como de fora do Bloque para crear un “novo proxecto común”. Seguir lendo
O diario Faro de Vigo publica hoxe na súa edición de Arousa que o Concello xa da por feito este acordo, mediante o cal a Academia de Belas Artes celebrará unha reunión anual de xeito estable na nosa vila. Este acercamento produciuse trala celebración dos actos da Academia en Cambados para homenaxear a Asorey e logo de que Manolo Paz fixese o seu ingreso no ente. O acordo podería incluir a celebración dalgunha exposición no Pazo de Torrado. Máis información en Faro de Vigo.
Os militantes do PSOE de Cambados elixiron onte os seus delegados para participar no Congreso Nacional que elixirá entre outras cousas o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE. Este cargo ocúpao agora mesmo Pachi Vázquez, non sen contestación (onte era Vigo quen suspendía en Asemblea o seu labor á fronte do partido) e volverá a aspirar a ostentalo, mentres existe unha alternativa aínda sen nomes propios.
Desde Cambados acudirán a esta cita o Secretario de Organización local e portavoz, Rafael Blanco, e o Secretario Xeral das Xuventudes, Ismael Agra, en representación dos seus compañeiros de filas.
Tivo onte lugar a asemblea comarcal da fronte nacionalista. Nesta ocasión foi só unha a candidatura presentada para o órgano, xa que o Encontro Irmandiño abandounou a formación recentemente e Máis Galiza (a outra corrente “crítica) renunciou a dar a batalla a falta dos compañeiros que deixaron o Bloque (na anterior asemblea presentaran candidatura conxunta). Seguir lendo
Recibimos un correo dun lector cunha fotografía da barandilla do Paseo Marítimo á altura do peirao en T de Cambados. Como se pode ver nela, unha das varas superiores non está no seu sitio. O lector relata: “un amigo estaba apoiado nela e como estaba podre caeu abaixo, o ferro”. Afortunadamente o asunto quedou nunha anécdota xa que “grazas a Deus non caeu el”, pero non deixa de ser un feito de gravidade e que podería derivar nun accidente importante. Seguir lendo
Está claro que internet vai cambiando a forma de ver as cousas, tamén, ou especialmente, nos negocios.
En Cambados temos un exemplo, a libraría Ramón Cabanillas vén de abrir unha tenda na plataforma online Amazon.es (podes premer aquí para acceder a ela). Neste espazo os lectores poden mercar os libros desta libraría sen moverse da casa, e aínda non estando en Cambados.
Hai poucos meses a mesma libraría abriu en Facebook unha páxina onde informan das novidades editoriais. Parece unha boa aposta, seguramente polo momento non moi determinante en termos económicos, pero quizais si nun futuro.
A orixinal idea de crear unha asociación que aglutine á maioría de blogueiros de Cambados non só vai para adiante, senón que podería ampliarse fóra do ámbito municipal, ao espertar o interese de xente máis alá das fronteiras do Concello. Seguir lendo
Un dos partidos integrados na fronte nacionalista, o Encontro Irmandiño liderado por Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega (alcalde de Teo), vén de celebrar a súa Asemblea Nacional onte en Compostela. Nese cónclave, os irmandiños decidiron por aclamación (sen necesidade de votar) que é inverosímil a rexeneración do Bloque como casa común das xentes nacionalistas, e polo tanto renunciar a militar nel. Ademais, ponse en marcha un proceso para a creación dunha nova forza política aglutinadora dunha “parte da base do BNG, outros grupos, moitas persoas independentes e moitas cidadás e cidadáns que foron alonxándose do BNG nos últimos tempos”. Seguir lendo
Por medio do perfil de Twitter descubrimos un novo colectivo no noso Concello. Chámase Click Cambados (www.clickcambados.com) e defínese como Asociación cultural de fotografía. Segundo o seu espazo na rede o obxectivo desta nova organización é iniciar una actividade cultural fotográfica no noso entorno, tentando promover a fotografía e outras artes cambadesas.
Os promotores son Marcos A. Escudeiro, Claudia Silva González e Iago Pillado Losada. Premendo en cada nome podes acceder a un espazo fotográfico propio de cada un dos autores. Proximamente, anuncian, haberá máis información.
A compañía Caracol presenta un dos temas que formará parte da súa obra de teatro deste 2012. Desta volta a obra chámase “Un día de espías” e a canción que podedes ver no vídeo ten por título Australia. A voz principal é a de María del Carmen Fariña, con coros de Néstor Blanco e Laura Alfonso. Caracol está dirixida por Olga González Vilas e leva xa décadas poñendo en escea unha obra de teatro anual para nenos e nenas de toda a comarca.
Olga Costa é a presidenta do Refuxio de Animais de Cambados. Leva durante anos volcada con este labor que trascende o concepto de “canceira” polas tarefas que a asociación desenvolve en termos de concienciación contra o abandono, posta en valor dos animais ao servizo da comunidade, traballo voluntario… Olga é ante todo, e isto ninguén pode discutilo, unha amante dos animais. O refuxio loita agora por conseguir facerse coa xestión dunhas instalacións comarcais que sairon a concurso primeiro coa Mancomunidade (o único proxecto presentado foi o de Cambados) pero agora foi reiniciado pola Deputación e esta permitiu que unha empresa privada (Tragsa) compita cos de Olga Costa ante a incredulidade destes. A campaña social e mediática do Refuxio está a ser intensa (podes apoiala aquí) e prevese que o final do conflito estea próximo. Seguir lendo
Segundo informaba Cambadosweb nos últimos días, o paro incrementouse en Cambados en 65 persoas ao peche do pasado mes de Xaneiro respecto o mes anterior. Estes datos son oficiais, do Instituto Galego de Estatística.
Cambados xa suma 1.694 desempregados. En Xaneiro do ano pasado esta cifra era de 1.513, así que a diferenza nun ano é de 181 cambadeses (un incremento de case o 12%).
O Refuxio de Animais de Cambados entra na fase final de recollida de sinaturas para defender a concesión das instalacións comarcais que finalmente serán outorgadas pola Deputación de Pontevedra. Seguir lendo
Se hai algo que queda claro ao observar os resultados da Mini Enquisa (preme aquí para velos íntegros) aberta a semana pasada en Cambados(tk) sobre o futuro de Exposalnés, é que a diversidade de opinións é moi importante. Certo é que unha aplastante maioría dos lectores participantes (máis do 80%) consideran que se o Concello se fai coa sede da antiga Fundación Comarcal, os usos das instalacións deberán cambiar. Se queres, podes premer en Seguir lendo
Hoxe é o gran día para un medio, Praza Pública, que ve a luz. As presentacións previas sucedéronse por todo país e xa se sabía que a acollida sería cando menos boa. Pero a realidade afortunadamente superou as previsións, e os dominios de Praza (prazapublica.com e praza.com) non puideron con tanta visita. A praza quedou pequena ante tanta xente, e durante uns intres houbo que desaloxar. Iso si, os “albaneis” xa traballan por ampliar os accesos e pronto estará aberta para todos de novo. Seguir lendo
Comentarios recentes